Concello de Noia
PROVIDENCIA DE INICIO
Expediente: 3686/2026 relacionado co da subvención 603/2026
Asunto: Licitación por Procedemento Aberto Simplificado para a execución das obras
do proxecto "Mellora camiño en Obre-Noia" dentro das Actuacións en Camiños
Rurais 2026-2027.
Vista a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases
reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para actuacións en camiños
rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de
España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada
de gasto, publicada no DOG n.º 24 do 5 de febreiro de 2026.
A xustificación deste contrato está motivada na memoria xustificativa que consta no
expediente 3686/2026 asinada con data 08/07/2026.
O orzamento base de licitación (IVE excluido) deste contrato ascende a 47.120,52€,
ao que hai que engadir un IVE de 9.895,31€, o que totaliza o importe deste contrato en
57.015,83€.
O órgano de contratación para este contrato é o Alcalde-presidente deste Concello.
Para os efectos previstos no artigo 28.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de
Contratos do Sector Público, en calidade de órgano de contratación, xustifícase a
necesidade de acudir ao contrato administrativo de obra en base á insuficiencia de
medios persoais e materiais, xa que o concello non dispón de recursos para levar a
cabo a execución desta obra. O procedemento elixido para a adxudicación do contrato
de obra será o procedemento aberto simplificado regulado no artigo 159 da Lei 9/2017,
de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola axilidade do procedemento,
reunindo todas as características previstas na citada Lei para a utilización deste
procedemento no que respecta á contía. Co uso deste procedemento preténdese dar
solución ao deficiente estado de conservación do viario.
En consecuencia con todo o anterior, e de conformidade co establecido na LCSP,
DISPOÑO:
Primeiro.- Iniciar o expediente administrativo para levar a cabo a tramitación do
contrato administrativo de obra "Mellora camiño en Obre-Noia" dentro das
Actuacións en Camiños Rurais 2026-2027
Segundo.- Formar o oportuno expediente de contratación unindo á memoria
xustificativa xunto co Prego de Prescricións Técnicas, xa existentes no expediente, a
seguinte documentación:
Certificado de existencia de crédito.
Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares.
Informe xurídico dos Pregos
Informe de fiscalización de Intervención.
Concello de Noia
Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741
9QMKRGR53RQMS4LZLE447WRM3
:nóicadilaV
.doC
/lag.acinortceledes.aion//:sptth
:nóiccerroC
2
a
1
anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a
edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
Concello de Noia
Formado o expediente, deberá someterse á aprobación do órgano competente.
Terceiro.- Publicar a presente providencia no perfil do contratante desta
Administración, para os efectos previstos no artigo 116.1 da Lei 9/2017, de 8 de
novembro de Contratos do Sector Público
O Alcalde
Documento asinado dixitalmente á marxe
Concello de Noia
Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741
9QMKRGR53RQMS4LZLE447WRM3
:nóicadilaV
.doC
/lag.acinortceledes.aion//:sptth
:nóiccerroC
2
a
2
anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a
edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.