Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Noia PROVIDENCIA DE INICIO Expediente: 3679/2026 Asunto: Licitación por Procedemento Aberto Simplificado para a execución das obras do “Intervención no pabellón municipal Alonso Rodríguez de Noia”. Vista a memoria xustificativa deste contrato que consta no expediente 3679/2026 asinada con data 28/09/2026 dando así cumprimento ao disposto no artigo 28 da Lei de contratos do Sector Público. O orzamento base de licitación (IVE excluido) deste contrato ascende a 75.445,73€, ao que hai que engadir un IVE de 15.843,60€, o que totaliza o importe deste contrato en 91.289,33€. O órgano de contratación para este contrato é o Alcalde-presidente deste Concello. Para os efectos previstos no artigo 28.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, en calidade de órgano de contratación, xustifícase a necesidade de acudir ao contrato administrativo de obra en base á insuficiencia de medios persoais e materiais, xa que o concello non dispón de recursos para levar a cabo a execución desta obra. O procedemento elixido para a adxudicación do contrato de obra será o procedemento aberto simplificado regulado no artigo 159 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola axilidade do procedemento, reunindo todas as características previstas na citada Lei para a utilización deste procedemento no que respecta á contía. Co uso deste procedemento preténdese dar solución as necesidades no pabellón municipal Alonso Rodríguez dentro do marco de competencias que se recolle no artículo 25.2.l) da LRBRL onde se establece explícitamente que “el Municipio ejercerá competencias propias en materia de Promoción del deporte e instalaciones deportivas y de ocupación del tiempo libre". En consecuencia con todo o anterior, e de conformidade co establecido na LCSP, DISPOÑO: Primeiro.- Iniciar o expediente administrativo para levar a cabo a tramitación do contrato administrativo de obra “Intervención no pabellón municipal Alonso Rodríguez de Noia”. Segundo.- Formar o oportuno expediente de contratación unindo á memoria xustificativa xunto co Proxecto de obras e acta de replanteo previo, xa existentes no expediente, a seguinte documentación:  Certificado de existencia de crédito.  Aprobación do proxecto de obras que servirá de prego de prescripcións técnicas  Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares.  Informe xurídico dos Pregos  Informe de fiscalización de Intervención. Formado o expediente, deberá someterse á aprobación do órgano competente. Concello de Noia Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741 QF6CWADSG4JMNLXW4WEHFW3XS :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.aion//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Concello de Noia Terceiro.- Publicar a presente providencia no perfil do contratante desta Administración, para os efectos previstos no artigo 116.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público O Alcalde Documento asinado dixitalmente á marxe Concello de Noia Rúa Rosalía de Castro, 2, Noia. 15200 (A Coruña). Tfno. 981842100. Fax: 981821741 QF6CWADSG4JMNLXW4WEHFW3XS :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.aion//:sptth :nóiccerroC 2 a 2 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD