Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE NOIA INFORME XUSTIFICATIVO DA NECESIDADE DE CONTRATAR A OBRA "INTERVENCIÓN NO PABELLÓN MUNICIPAL ALONSO RODRÍGUEZ DE NOIA" EXPEDIENTE: 3679/2026 1. Antecedentes de feito Conforme ao indicado no artigo 28 da Lei 9/2027, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público ( LCSP): “As entidades do sector público non poderán celebrar outros contratos que aqueles que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación”. A actuación que se pretende levar a cabo neste proxecto localízase na contorna inmediata do Pavillón Alonso Rodríguez, situado na rúa Egas Moniz, no termo municipal de Noia, pertencente á provincia da Coruña. O ámbito de intervención sitúase dentro dunha zona destinada a equipamentos deportivos, consolidada e en uso, que conta con accesos rodados e peonís adecuados, así como coas infraestruturas e servizos urbanos necesarios (abastecemento, saneamento, subministración eléctrica, entre outros). A parcela presenta condicións favorables para a implantación da actuación proxectada, ao tratarse dun espazo vinculado funcionalmente ao pavillón existente. A nova aula activa, executarase anexa ao actual pavillón municipal, o que permite a súa integración no conxunto de instalacións deportivas municipais, facilitando a conexión directa co edificio principal e optimizando a operatividade e o uso compartido dos recursos dispoñibles. Así mesmo, o seu emprazamento garante a accesibilidade para os usuarios e a coherencia coa contorna urbana no que se insere. Os investimentos que proxecta acometer o Concello de Noia diríxense á mellora de instalacións deportivas municipais para garantir que ditas dependencias resulten accesibles a toda a poboación e para iso o proxecto que se pretende levar a cabo consiste na mellora da instalación deportiva do Pavillón Alonso Rodríguez levando a cabo a creación dunha “Aula Activa”, isto é, a construción dunha aula anexa ao Pavillón Alonso Rodríguez e que se concibe como un espazo complementario destinado á ampliación da oferta de servizos deportivos e de benestar. O pavillón Alonso Rodríguez é un equipamento municipal polivalente onde actualmente se desenvolven actividades deportivas diversas, ademais de contar cun rocódromo. O novo espazo anexo permitirá dispoñer dun espazo cuberto específico e versátil, destinado principalmente á práctica de actividades deportivas de formato reducido e de carácter activo/funcional, proxectándose como un espazo complementario que optimice o uso do pavillón principal, permitindo: R2AFTEWWKQYK7CDMT7D7E5YJ7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.aion//:sptth :nóiccerroC 6 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.