PCAP OBRAS AULA POLIDEPORTIVO.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
Concello de Noia PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO (CON PLURALIDADE DE CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN CON APLICACIÓN DE XUÍZOS DE VALOR E CRITERIOS DE APRECIACIÓN AUTOMÁTICA) Expediente: 3679/2026 Asunto: Licitación por Procedemento Aberto Simplificado para a execución das obras "INTERVENCIÓN NO PABELLÓN MUNICIPAL ALONSO RODRÍGUEZ DE NOIA" I.-ELEMENTOS DO CONTRATO. 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO 1.1) Obxecto do contrato. O presente contrato ten por obxecto a execución das obras a que se refire a epígrafe 1 do cadro de características do contrato, con suxeición ao proxecto técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde ou estudo básico de seguridade e saúde, de acordo co previsto no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co previsto no art. 4 do R.D. 105/2008 . O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato. Para os efectos deste prego e da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado este contrato non está suxeito a regulación harmonizada, posto que esta modalidade aplícase aos contratos cuxo valor estimado é inferior á cantidade que figura no art.159 da LCSP, en relación co art.20 desta norma. Neste sentido nas epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art.1.3 e concordantes LCSP os criterios sociais e ambientais recóllense neste prego de maneira transversal, en especial canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución, e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigacións de pago de salarios así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación de persoas) e ambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), etc… 1.4) Principios. De conformidade co art.1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; e de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. 1 4Q5LQXKGC37F46EJHKAEPMNF3 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.aion//:sptth :nóiccerroC 05 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.