Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
DECRETO DA ALCALDÍA Expediente: 4516/2026 Esta Alcaldía delegou, mediante resolución de 23/06/2023 (BOPPO núm. 128 de 4 de xullo de 2023) na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias previstas no apartado 1 da Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014: “As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministración, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais, cando o seu valor estimado non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento, nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior a catro anos, eventuais prórrogas incluídas sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada”. Visto o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e os seus Anexos e o Prego de Prescricións Técnicas que haberán de rexer a contratación mediante procedemento negociado sen publicidade por razóns de exclusividade (artigo 168.a. 2º. da LCSP), trámite ordinario e con un único criterio de valoración no contrato de servizos denominado “ACTUACIÓN DA ORQUESTRA "PANORAMA" PARA AS FESTAS 2026”. (Exp. 4516/2026) así coma os informes emitidos pola Secretaria accidental con data de 8 de setembro de 2026, e pola Intervención Municipal, de data 9 de setembro de 2026, de acordo coas atribucións que me confiren os artigos 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 41 do Real Decreto 2568/1986, do 18 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 10 da Lei 40/2015, de 1 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público, DISPOÑO: Primeiro .- Avogar a competencia, para este caso concreto, que ostenta a Xunta de Goberno Local, por razóns técnicas, dado que continuar co procedemento habitual no permitiría completar a tramitación do expediente antes das Festas de Lalín que se iniciarán o próximo día 19 de setembro de 2026. Segundo. - Iniciar o expediente de contratación denominado “ACTUACIÓN DA ORQUESTRA "PANORAMA" PARA AS FESTAS 2026.”. (Expediente 4516/2026) mediante procedemento negociado sen publicidade por razóns de exclusividade, trámite ordinario e un único criterio de valoración, de conformidade cos artigos 116.1, 117.1, 131.2 e 168 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de 2017. 1/4 CSJDLC6MCHXYZ64SEZKYKNYT9 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.nilal//:sptth :nóiccerroC 4 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.