Memoria justificativa
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
## Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes Sección de Educación e Cultura
Expediente:
PCO.001.2025.00913
Contrato de edición, publicación, distribución e explotación das obras literarias premiadas no 2025 pola Deputación da Coruña
## MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE DO CONTRATO
Para os efectos esixidos polo artigo 28 da da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP) en relación co artigo 116 da mesma, emítese o presente informe de necesidade e idoneidade do contrato de referencia.
O presente contrato ten por obxecto a edición, publicación, distribución e explotación das obras literarias premiadas no 2025 pola Deputación da Coruña.
Os premios literarios da Deputación da Coruña, ademáis da súa dotación en metálico, de acordo co establecido na base segunda das convocatorias, inclúen a edición das obras premiadas, que pode ser realizada directamente pola Deputación ou a través dunha editorial allea.
As obras publicadas directamente pola Deputación a través da Imprenta Provincial teñen o carácter de ' non venal ' e, xa que logo, non poden ser vendidas en libreirías, nin ningún outro punto de venda. Hai que ter en conta que unha parte do premio é a edición da obra e a súa difusión, polo que considerando a imposibilidade da súa venda no caso de ser editada na Imprenta Provincial e coa finalidade de facilitar a difusión da obra gañadora, considérase conveniente tramitar o correspondente contrato para a cesión dos dereitos sinalados a unha editorial allea.
Así mesmo, considérase de interese a adquisición de 125 exemplares de cada unha das obras premiadas para a Deputación.