Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
DONA M.ª DEL CARMEN PIELTAIN FERNÁNDEZ, CONCELLEIRA SECRETARIA ACCIDENTAL DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO EXCMO. CONCELLO DE FERROL. C E R T I F I C O : Que a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 03 de agosto de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “ 5.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DUNHA “ACTUACIÓN DE LULI PAMPÍN” (PN 05101 26/49). (EXPEDIENTE CIVIDAS 2026030090). Examinada a proposta que eleva o Concelleiro Delegado de Contratación, que textualmente di: “O concelleiro delegado de Cultura remitiu ao Servizo de Contratación a solicitude de tramitación do expediente de contratación dunha actuación de LULI PAMPIN no Auditorio de Ferrol o 30/10/2026, xunto coa documentación preparatoria do expediente que foi completada en data 10/07/2026. En cumprimento do establecido nos artigos 28, 99 e 116 e concordantes da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante LCSP), constan incorporados ao expediente os seguintes documentos, todos eles asinados pola Xefa de Servizo de Cultura, Festas, Turismo e Patrimonio Histórico en data 20/07/2026 : • Memoria xustificativa da necesidade da contratación na que se describe o obxecto do contrato e a súa idoneidade para o cumprimento dos fins propios xunto cos motivos que xustifican a non división en lotes do obxecto do contrato propoñendo o emprego do procedemento negociado sen publicidade para a contratación da actuación. • Desglose do orzamento do contrato. • Informe de estabilidade e sostibilidade financeira da actuación. • Prego de Prescricións Técnicas. • E o informe relativo á proposta de criterios de solvencia, criterios de adxudicación e demais mencións propostas para este contrato. Así mesmo, consta providencia de incoación do expediente asinada polo concelleiro delegado da área en data 09/07/2026. Incorpórase ao expediente o Prego de Cláusulas Administrativas redactado para este contrato de data 23/07/2026 que, xunto co Prego de Prescricións Técnicas de data 20/07/2026, rexerán a presente contratación. O orzamento de licitación do contrato ascende á cantidade de 11.999,99 € (21% de IVE incluído), cantidade correspondente ao caché da artista. O valor estimado do contrato, consonte as regras de cálculo establecidas no artigo 101 LCSP, é 38.055,53 €, determinado pola suma do caché da artista (9.917,35 € sen IVE) máis os dereitos de explotación da venda de entradas (importe estimado 28.138,18€ sen IVE). A cantidade correspondente ao caché da artista será aboada directamente polo Concello, e no relativo á retribución a través da venda de entradas, os medios de xestión e recadación da taquilla serán de libre elección polo adxudicatario do contrato. 7L5DWYKJ8SA71QHV:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.