PCAP PN 26-49.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E PATRIMONIO. PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DUNHA ACTUACIÓN DE “LULI PAMPÍN”, O DÍA 30 DE OUTUBRO DE 2026, NO AUDITORIO DE FERROL DENTRO DA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO ANO 2026, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE. TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS 1.- OBXECTO DO CONTRATO E RÉXIME XURÍDICO. 1.1.- O obxecto desta contratación é a realización dunha actuación da actuación de “LULI PAMPÍN” a realizar o día 30 de outubro de 2026 no Auditorio de Ferrol consonte a descrición, características e especificacións que se establecen no Prego de Prescricións Técnicas de data 04.07.2026 asinado pola Xefa de servizo de Cultura, Festas, Turismo e Patrimonio Histórico, que xunto co presente documento reviste carácter contractual. A codificación que corresponde a este contrato no vocabulario común de contratos públicos (CPV), regulado no Regulamento (CE) nº 2151/2003 da Comisión de 26 de decembro de 2003, modificado polo Regulamento (CE) nº 213/2008 da Comisión, de 28 de novembro de 2017 e a seguinte: • 92312120-8 Servizos artísticos de grupos de cantantes. Atendendo á natureza do presente contrato de interpretación artística de natureza unitaria, non procede a división en lotes do obxecto do contrato. Segundo se dispón no informe adxunto ó prego de prescricións técnicas asinado pola xefa do Servizo de Cultura, Festas, Turismo e Patrimonio Histórico o 20/07/2026, dous son os motivos que aconsellan a non división, a realización independente das diferentes prestacións comprendidas no obxecto do contrato dificultaría a súa correcta execución desde o punto de vista técnico. Así mesmo, a división en lotes e a execución por unha pluralidade de contratistas podería comprometer a necesaria coordinación entre as distintas prestacións, incidindo negativamente na correcta execución do contrato. 1.2.- De conformidade co establecido nos artigos 25 e 26 da Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP) o presente contrato cualifícase como CONTRATO PRIVADO, ao tratarse dun contrato de servizos de creación e interpretación artística incluído nos códigos CPV 92000000-1 a 92700000-8, e non comprendido nos códigos expresamente exceptuados (92230000-2, 92231000-9 e 92232000-6). Atendendo á súa natureza privada, de acordo co establecido no artigo 26.2 LCSP, o presente contrato rexerase: - En canto á súa preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, como é o presente caso, pola mencionada LCSP, e as súas disposicións de desenvolvemento, aplicándose, supletoriamente, as restantes normas de dereito administrativo ou, no seu caso, as normas de dereito privado segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. - En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado. Concello de Ferrol - Unidade de Contratación Praza de Armas, s/n (15402) Ferrol Tel.981944260 CIF: P-1503700-E e-mail: contratacion@ferrol.es Páxina 1 de 20 PN 05101 26/49 TNPF5C109AZ5EAJ1:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.