Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Moaña Expediente 3534/2026 Procedemento Contratacións Serie documental S0270 - Contratacións de servizos por procedemento aberto simplificado Asunto Licitación do contrato do servizo dirección obra e coordinación seguridade e saúde da obra do proxecto para Humanización da Travesía Ctra. da Praia en Meira Trámite Xustificación da insuficiencia de medios Documento Informe do órgano xestor INFORME DE INSUFICENCIA DE MEDIOS D. Xosé Xoán Melón González, en calidade de concelleiro/a delegado/a de Urbanismo e Persoal do Concello de Moaña, en relación co expediente para a contratación do servizo de asistencia técnica para a Dirección de Obra e a Coordinación de Seguridade e Saúde das obras de “HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA CTRA. DA PRAIA EN MEIRA”, e para os efectos previstos no artigo 116.4.f) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, INFORMA Que o Concello de Moaña ten previsto executar as obras correspondentes ao “Proxecto de Humanización da Travesía Ctra. da Praia en Meira”, sendo necesaria para a súa correcta execución a designación dos técnicos competentes que asuman as funcións de Dirección de Obra e Coordinación de Seguridade e Saúde. Estas funcións requiren un seguimento técnico continuado durante a execución das obras, que comprende, entre outras actuacións, a realización de visitas periódicas á obra, a resolución das incidencias que se produzan durante a súa execución, o seguimento dos prazos e do desenvolvemento dos traballos, a conformación das certificacións de obra, a emisión dos informes que resulten necesarios, a participación nas reunións de seguimento, o cumprimento das funcións legalmente atribuídas á coordinación de seguridade e saúde e a elaboración e supervisión da documentación necesaria ata a recepción e liquidación das obras. De acordo co Prego de Prescricións Técnicas, a prestación desenvolverase durante o prazo de execución das obras, previsto en once meses, prolongándose as funcións da Dirección de Obra durante o período necesario para a súa liquidación. Así mesmo, establécese unha dedicación mínima de unha visita semanal para a Dirección de Obra e cinco visitas mensuais para a Coordinación de Seguridade e Saúde, sen prexuízo das visitas adicionais 1 / 2 Concello de Moaña Rúa As Barxas, 2, Moaña. 36950 (Pontevedra). Tfno. 986310100. Fax: JHMKA6N5NXZ44NGQLAL4NKNAA :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.anaomedollecnoc//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.