CONCELLO DE CERVO
EXPEDIENTE: 1533/2026
ASUNTO: Anuncio de interposición de recurso especial en materia de contratación e
suspensión automática da tramitación do procedemento.
ANUNCIO
Faise público que, con data 18 de novembro de 2026, a entidade mercantil MACOMDEZA
MANTENIMIENTOS, S.L. interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a
Resolución da Alcaldía número 2026-1113, do 17 de novembro de 2026, pola que se
acordou a adxudicación á entidade JOFRA, S.A. do contrato denominado «Servizo integral
de limpeza nas dependencias municipais e nos centros educativos do Concello de Cervo»,
correspondente ao expediente administrativo 1533/2026.
O recurso foi rexistrado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da
Comunidade Autónoma de Galicia (TACGal) co número 287/2026, circunstancia
comunicada a este Concello mediante requirimento recibido o 19 de novembro de 2026, con
número de rexistro de entrada 2026-E-RC-3877.
De conformidade co disposto no artigo 53 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do
sector público, a interposición do recurso especial contra o acordo de adxudicación
determina, ex lege, a suspensión automática da tramitación do procedemento de
contratación, incluída a formalización do contrato.
A devandita suspensión manterase nos termos previstos nos artigos 56.3 e 57.3 da LCSP,
ata que o órgano competente para resolver o recurso acorde expresamente o seu
levantamento, sen prexuízo do que resulte da resolución que se dite no procedemento.
O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.
En Cervo, na data da sinatura electrónica.
A Alcaldía do Concello de Cervo
6MJRYS24ZGGSMFG3ZHXX7D736
:nóicadilaV
.doC
/se.acinortceledes.ovrec//:sptth
:nóiccerroC
1
a
1
anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a
edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.