Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
Expte.: 1533/2026 Acta da reunión da Mesa de Contratación do expediente tramitado para a contratación do servizo de “limpeza nas dependencias municipais no Concello de Cervo”. Data: 19 de outubro de 2026 Hora de comezo: 09.00 h Hora de remate: 10.00 h ASISTEN: Preside: Manuela Méndez Álvarez, 1ª tenente da Alcaldía. Vogais: María Eugenia Piñeiro Díaz, secretaria accidental Luís Rodriguez Prado, interventor José García Insua, tesoureiro Actúa como secretario da mesa de contratación, a efectos de levantar acta, o funcionario do Concello Diego García González. Trátase dun acto público. Reunida a Mesa de Contratación para a apertura das ofertas presentadas no expediente tramitado para a contratación do servizo de limpeza nas dependencias municipais no Concello de Cervo. O expediente tramitouse mediante procedemento aberto (art. 159.6 da LCSP). O orzamento base de licitación correspondente aos dous anos de duración inicial do contrato é de 390.198,27 € máis o 21% de IVE 81.941,64 €, para un total de 472.139,91 €. O anuncio de licitación publicouse na sede electrónica, Perfil de contratante e na Plataforma de Contratación do Sector Público o día 1 de setembro de 2026. As empresas que presentaron oferta para tomar parte no procedemento aberto despois da publicación do anuncio de licitación no Perfil de Contratante e na Plataforma de Contratación do Sector Público, rematando o prazo o 5 de outubro de 2026, son as seguintes: - Macomdeza Mantenimientos, SL - Jofra, SA O día 7 de outubro de 2026, a Mesa de Contratación procedeu á apertura do sobre electrónico B das empresas ofertantes, acordando admitir de xeito provisional as ofertas presentadas e requirir ás ditas empresas para que, no prazo de tres días hábiles, achegasen a documentación que faltaba, segundo o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, por considerar que se trata dun erro emendable. 1 5F2Y9KKZNXWJ2X9XLYZ3A4YR9 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.ovrec//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Logo de requirir ás ditas empresas, consta presentada a documentación en tempo e forma: Jofra, SA, con rexistro de entrada número 2026-E-RE-1185 do 14 de outubro de 2026, presenta a documentación requirida (Anexo V). Macomdeza Mantenimientos, SL, presenta a documentación requirida (Anexo II, Anexo III e Anexo V), rexistrados de entrada co número 2026-E-RE-1186, do 14 de outubro de 2026. A Mesa de contratación, logo de examinar a documentación acorda admitir definitivamente as dúas empresas. De seguido, procédese á apertura do sobre C e á súa valoración. 1.- Oferta económica (80 puntos) Outórgase a máxima puntuación: 80 puntos, á oferta más barata. O resto das puntuacións obteranse de acordo coa seguinte fórmula: 𝑃𝑖 = 80 𝑥 (𝐵𝑖 / 𝐵𝑚𝑎𝑥). Licitador Prezo Base Proposta Baixa Puntos Jofra, SA 195.099,14€ 175.691,24 € 19.407,90 € 80,00 Macondeza Mantenimientos, SL 195.099,14€ 177.330,25 € 17.768,89 € 73,24 2.- Bolsa de horas sen custo (20 puntos) Outórgase a máxima puntuación: 20 puntos, á oferta que propoña unha cantidade maior de horas sen custo en concepto de bolsa de horas. O resto das puntuacións obteranse de acordo coa seguinte fórmula: Puntuación oferta = 20 x (Nº de horas sen custo ofertado polo licitador / Nº máximo horas sen custo ofertado) . Licitador Número de horas sen custo Puntos Jofra, SA 500 horas 20,00 Macondeza Mantenimientos, SL 100 horas 4,00

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.