Expte.: 1533/2026
Acta da reunión da Mesa de Contratación do expediente tramitado para a contratación
do servizo de “limpeza nas dependencias municipais no Concello de Cervo”.
Data: 7 de outubro de 2026
Hora de comezo: 13.20 h
Hora de remate: 13.45 h
ASISTEN:
Preside:
Manuela Méndez Álvarez, 1ª tenente da Alcaldía.
Vogais:
María Eugenia Piñeiro Díaz, secretaria accidental
Luís Rodriguez Prado, interventor
José García Insua, tesoureiro
Actúa como secretario da mesa de contratación, a efectos de levantar acta, o funcionario do
Concello Diego García González.
Trátase dun acto público.
Reunida a Mesa de Contratación para a apertura das ofertas presentadas no expediente
tramitado para a contratación do servizo de limpeza nas dependencias municipais no
Concello de Cervo.
O expediente tramitouse mediante procedemento aberto (art. 159.6 da LCSP).
O orzamento base de licitación correspondente aos dous anos de duración inicial do
contrato é de 390.198,27 € máis o 21% de IVE 81.941,64 €, para un total de 472.139,91 €.
O anuncio de licitación publicouse na sede electrónica, Perfil de contratante e na Plataforma
de Contratación do Sector Público o día 1 de setembro de 2026.
As empresas que presentaron oferta para tomar parte no procedemento aberto despois da
publicación do anuncio de licitación no Perfil de Contratante e na Plataforma de Contratación
do Sector Público, rematando o prazo o 5 de outubro de 2026, son as seguintes:
- Macomdeza Mantenimientos, SL
- Jofra, SA
A Mesa de Contratación procedeu á apertura do sobre electrónico B das empresas
ofertantes, comprobando que:
Macomdeza Mantenimientos, SL presenta: Anexo I (DEUC), Anexo IV (Declaración
responsable de inscrición en rexistros de licitadores), Anexo VI (Certificado de asistencia á
visita ás instalacións) e autorizacións do licitador.
1
KXZNFPRLAWQGNEFP6T49PSC76
:nóicadilaV
.doC
/se.acinortceledes.ovrec//:sptth
:nóiccerroC
2
a
1
anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a
edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
Non presenta: Anexo II (Declaración complementaria), Anexo III (Declaración responsable
relativa a obrigas sociais e laborais) nin Anexo V (Modelo de compromiso de adscrición de
medios)
Jofra, SA presenta: Anexo I (DEUC), Anexo II (Declaración complementaria), Anexo III
(Declaración responsable relativa a obrigas sociais e laborais), Anexo IV (Declaración
responsable de inscrición en rexistros de licitadores), Anexo VI (Certificado de asistencia á
visita ás instalacións) e autorizacións do licitador.
Non presenta: Anexo V (Modelo de compromiso de adscrición de medios)
A Mesa de Contratación, por unanimidade, ACORDA:
Primeiro.- Admitir de xeito provisional as ofertas presentadas e requirir ás ditas empresas
para que, no prazo de tres días hábiles, acheguen a documentación que falta, segundo o
Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, por considerar que se trata dun erro
subsanable.
Segundo.- Logo de transcorrer o prazo outorgado para a achega da documentación
requirida, proceder á súa valoración e á apertura da oferta económica (sobre electrónico C),
se procede.
Sen máis, levantouse a Mesa de Contratación sendo as 13.45 horas do expresado día, do
que o funcionario que actúa como secretario da Mesa de contratación levanta esta acta.
A Mesa de Contratación
Documento asinado electronicamente á marxe.
2
KXZNFPRLAWQGNEFP6T49PSC76
:nóicadilaV
.doC
/se.acinortceledes.ovrec//:sptth
:nóiccerroC
2
a
2
anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a
edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.