Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
ACTA DE ADENDA Á ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN DO 7 DE OUTUBRO DE 2026 EXPEDIENTE: 1533/2026 (Expte. de orixe do PCAP: 1185/2025) PROCEDEMENTO: Aberto OBXECTO: Contratación do servizo de limpeza nas dependencias municipais do Concello de Cervo ASISTENTES:  Preside: Manuela Méndez Álvarez, 1ª Tenente de Alcaldía.  Vogais:  María Eugenia Piñeiro Díaz, Secretaria Accidental.  Luis Rodríguez Prado, Interventor Municipal.  José García Insua, Tesoureiro Municipal.  Secretario da Mesa: Diego García González, funcionario do Concello. En Cervo, sendo as 10 horas do día 13 de outubro de 2026, reúnense os membros da Mesa de Contratación arriba indicados co obxecto de emitir a presente ADENDA á Acta da sesión celebrada o pasado 7 de outubro de 2026, na que se procedeu á apertura do sobre electrónico B ("Documentación Administrativa"). ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Con data 7 de outubro de 2026, a Mesa de Contratación procedeu á apertura do Sobre B das empresas licitadoras Macomdeza Mantenimientos, SL e Jofra, SA. Nesa sesión constatouse a falta de presentación do Anexo V por parte de ambas entidades, acordándose por unanimidade requerir a súa subsanación no prazo de tres (3) días hábiles. SEGUNDO.- Con posterioridade a dita sesión e durante a revisión do expediente para a verificación das subsanacións, a Mesa de Contratación advertiu a existencia duna incongruencia e erro material manifesto no texto do Pliego de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP) regulador da licitación no relativo ao devandito Anexo V: 1. Na Cláusula 17.A.5 e no Índice do Sobre B : Defínese o Anexo V como "MODELO DE COMPROMISO DE ADSCRIPCIÓN DE MEDIOS", polo cal o licitador se compromete a adscribir os medios persoais e materiais mínimos esixidos no Prego de Prescricións Técnicas (PPT). 2. No modelo físico do anexo: Baixo a mesma denominación de ANEXO V, figura en realidade o "MODELO DE COMPROMISO PARA A INTEGRACIÓN DA SOLVENCIA CON MEDIOS EXTERNOS" redactado ao amparo do artigo 75 da Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público (LCSP). 3. Na Cláusula 21 (páxina 19 do PCAP): Constatarase a existencia dun erro de remisión ao indicarse literalmente que se dará lectura ás ofertas económicas dos licitadores no Anexo V, cando a dita proposición económica se instrumenta e corresponde en realidade ao Anexo VII (Modelo de Proposición Económica, páxina 44 do PCAP), pertencendo o Anexo V á documentación administrativa do Sobre B. TERCEIRO.- Dita contradicción documental xera unha evidente escuridade no pliego que puido inducir a erro aos licitadores á hora de confeccionar o Sobre B, xa que o PCAP esixe un compromiso de adscrición de medios propios sen facilitar un modelo específico para iso, figurando no seu lugar un modelo de integración de solvencia con medios externos do artigo 75 da LCSP. LP67L27EKDFC7FYSSLS3EKMGC :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.ovrec//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.