Documento de aprobación del expediente
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
## CERTIFICACIÓN
Rocío Hermida Cancela, secretaria do Concello de Concello de Cee, agás erro ou omisión involuntaria, CERTIFICO que a Xunta de Goberno Local deste concello, na sesión ordinaria realizada o día 07 de Abril de 2026, adoptou, entre outros, o acordo que deseguido transcribo:
'6.PROPOSTA ALCALDÍA: aprobación expediente de contratación Nº 2026/C004/000003 mediante procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, do contrato de servizos de escola de música no Concello de Cee. EXPEDIENTE: 2026/C004/000003.
Considerando a seguinte:
## 'PROPOSTA ALCALDÍA
ASUNTO: APROBACIÓN EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN Nº 2026/C004/000003 MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, DO CONTRATO DE SERVIZOS DE ESCOLA DE MÚSICA NO CONCELLO DE CEE
EXPEDIENTE:
2026/C004/000003
ÓRGANO RESOLUTOR
: XUNTA DE GOBERNO LOCAL POR DELEGACIÓN DA ALCALDÍA.
## ANTECEDENTES:
Dáse conta do expediente tramitado para a contratación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, varios criterios de adxudicación do contrato administrativo do Servizo de Escola de Música do Concello de Cee de acordo co artigo 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
Examinado e achado conforme o expediente de contratación tramitado para o efecto, no que constan entre outros documentos, de conformidade coa LCSP:
- Memoria da Alcaldía na que se xustifica a necesidade deste contrato, arts. 28 e 116 da LCSP. Informe insuficiencia de medios.
- Persoal a subrogar presentado pola actual prestadora do servizo en data 17 de marzo de 2026 con NRE (202699900000404)
- Estudo de costes.
- O Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria.
- O Prego de Prescricións Técnicas.
Visto o informe de fiscalización emitido o 30 de marzo de 2026, co seguinte resultado de fiscalización:
## '(...)RESULTADO DE LA FISCALIZACIÓN.
Devolución de expediente a departamento de orixe.
Fiscalizado de desconformidade, dacordo cos aspectos comentados no apartado de observacións.
Fiscalizado de conformidade para o prego e de desconformidade na xestión do servizo polas causas relacionadas no apartado de observacións.
## CONCLUSIONES.
Procede a tramitación do expediente coas recomendacións sinaladas.
Devolución do expediente para subsanación de erros.
Sen efectos suspensivos.
Fax: 981 746 757
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
Exp. 2026/G007/000005
<!-- image -->
Fax: 981 746 757
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
Exp. 2026/G007/000005
Se suspende a tramitación do expediente hasta que os reparos sexan solventados ou se resolva a discrepancia plantexada. (...)'
Visto o informe emitido pola Secretaria Municipal en data 27 de marzo de 2026 que conclúe:
'(...) Informo favorablemente los PCAP y a la aprobación do expediente con las observaciones y recomendaciones en la tramitación indicadas en el presente informe y sin perjuicio del informe de fiscalización que procede emitir previa aprobación expediente, al que me remito y subscribo desde el punto de vista de las repercusiones económicas de la contratación.'
Considerando, á vista dos antecedentes anteriormente expostos e restante documentación/actuacións que obran no expediente, que se ten dado cumprimento ao preceptuado polo LCSP , PROPOÑO a XUNTA DE GOBERNO LOCAL a adopción do seguinte ACORDO:
Primeiro.Aprobar , de conformidade co establecido nos arts. 116, 117, 131, 145 e seguintes e 156 da LCSP, o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato administrativo do Servizo de Escola de Música do Concello de Cee, cun orzamento de 100.572,28 €/ano, podendo prorrogarse o contrato un curso máis, polo que o valor estimado do contrato ascende a 201.144,56 euros.
Segundo.Aprobar o Prego de prescricións técnicas.
Terceiro.O gasto será con cargo á aplicación orzamentaria 3201/22799 do Orzamento Municipal de Cee para o 2026. A duración do contrato quedará condicionada á existencia de consignación orzamentaria adecuada e suficiente en cada exercicio orzamentario.
Cuarto.Dispoñer , de conformidade co 156 da LCSP a apertura do procedemento de adxudicación, procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, de conformidade co previsto nas cláusulas do prego e art. 156 da LCSP , á publicación da licitación no perfil do contratante do órgano de contratación, para que no prazo de 15 dias a contar desde o seguinte a publicación do anuncio de licitación, as empresas que estean interesadas en participar no procedemento presenten as súas ofertas.
Quinto.Establecer a improcedencia de revisión de prezos nesta contratación, segundo consta no prego e no cadro de características.
Sexto.De conformidade co previsto no art. 326 e disposición adicional 2ª da LCSP procédese á designación da Mesa de Contratación, existindo nesta Administración de forma permanente a cal queda integrada polos seguintes membros:
## PRESIDENTA:
## VOGAIS :
Dª Belén Fernández Conde (Concelleira Delegada)
Dª Emilia Mª Trillo Lojo (Concelleira).
Interventora Municipal ou funcionario que legalmente a substitúa.
Secretaria Municipal ou funcionario que legalmente a substitúa.
D. Victor Castiñeira Castro (Funcionario de carreira do Concello de Cee)
D. Jesús Roget Salgado o funcionario en quen delegue.
## SECRETARIO :
Sétimo.Proceder a publicación da licitación na Plataforma de Contratos do Estado da seguinte documentación:
<!-- image -->
- Estudo de costes.
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
Exp. 2026/G007/000005
- Memoria da Alcaldía na que se xustifica a necesidade deste contrato, arts. 28 e 116 da LCSP.
- O 'prego de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria, regulación harmonizada'.
- Acordo de aprobación do expediente de contratación.
- O Prego de Prescricións Técnicas.
«Considerando que a adopción deste acordo é competencia desta Xunta de Goberno en virtude das delegacións efectuadas pola Alcaldesa deste Concello, mediante Decreto Nº 515/2023 de data 20 xuño'
En CEE, na data da sinatura electrónica. A alcaldesa, Dª Margarita Lamela Louzán [Documento asinado electrónicamente]'
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
E para que conste, asino o presente certificado co visto e prace da alcaldesa, coas limitacións do establecido no artigo 206 do RD 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento, organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, co visto e prace da alcaldesapresidenta.
Concello de Cee, na data de sinatura dixital
A secretaria, Rocío Hermida Cancela
A alcaldesa, Margarita Lamela Louzán
Asdo dixitalmente ao marxe