Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> <!-- image --> ASUNTO: CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLA DE MÚSICA NO CONCELLO DE CEE. EXPEDIENTE: 2026/C004/000003 ## MEMORIA XUSTIFICATIVA ## 1. Introdución Necesidade a satisfacer: O Concello de Cee, para satisfacer as necesidades e aspiracións dos veciños no relativo á promoción cultural e equipamentos culturais, pretende configurar a Escola de Música como centro formativo e de difusión cultural, cumprindo unha valiosa función social, educativa e cultural, pois permite o acceso á música a persoas, con independencia da súa formación garantindo a cohesión social en igualdade de condicións ao facilitar o acceso de toda a poboación do municipio á música, precísase da contratación dunha empresa, que realice os servizos para a xestión e desenvolvemento da Escola Municipal de Música, de acordo coas necesidades de Concello de Cee. Este servizo ten por obxecto o facilitar o acceso dos solicitados á música fomentar desde a infancia o coñecemento e apreciación da música desenvolvendo unha ampla e diversificada oferta musical. Este servizo estase prestando en base a un contrato que remata no mes de xuño deste ano 2026, sendo necesario a incoación de nova licitación, co obxecto de garantir a seguridade de continuidade e o adecuado funcionamento do devandito servizo de cara o vindeiro curso. O Concello de Cee ten a necesidade de realizar o contrato de servizos indicado, co obxecto de seleccionar un provedor capaz de proporcionar un servizo ininterrompido, eficaz e de calidade, considerando que a actuación que se pretende contratar é adecuada ao fin perseguido. ## 2. Obxeto do contrato O obxecto do contrato é a realización dos traballos consistentes na prestación do ensino musical na Escola Municipal, ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, consonte o artigo 17 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpón ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014. Codificación é CPV 80000000-4 (servizos de ensino e formación). <!-- image --> ## 3. Análise Técnica No Pliego de Prescripcións Técnicas aparecen reflexadas as caracteristicas do servicio a realizar de acordo co seguinte Indice: - 1.- Obxecto. - 3.- Condicións do servizo. - 2.- Descrición dos servicios. - 4.- Horario de prestación do servizo. - 6.-Seguimento e control do contrato. - 5.- Servizos extraordinarios e especiais. ## 4. Financiamento e aplicación presupostaria. Para cumprimento do artigo 116 da LCSP, faise constar que para atender ás obrigas económicas que se deriven para a Administración polo cumprimento do Contrato, subordinarase ao crédito que para o exercicio autorice o respectivo orzamento. Aplicación seguinte: 3201/22799. ## 6. Criterios de adxudicación. A adxudicación será en base múltiples criterios de adxudicación, a valorar e establecer pola Concelleriía de Cultura, Educación, Participación Cidadá e Turismo. ## 7. Precio do contrato. O orzamento base de licitación ascende a 100.572,28 €/ano, podendo prorrogarse o contrato por un curso máis, polo que o valor estimado do contrato ascende a 201.144,56 euros. ## 8. Duración. O prazo de execución do contrato será de un curso académico (2026-2027) prorrogable outro máis (2027-2028), comprendendo en cada caso un período de 9 meses, comprendidos de outubro a xuño. Asinado dixitalmente ao marxe. <!-- image --> <!-- image --> Alcaldesa do Concello de Cee. Margarita Lamela Louzán. <!-- image -->