ppt musica.pdf
Pliego Técnico
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº
15270 CEE (A Coruña)
CIF: P1502300E
correo@cee.gal
www.cee.gal
## PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DE SERVIZO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE CEE
## 1.- OBXETO DO CONTRATO
O obxecto do contrato é a prestación do servizo da Escola Municipal de Música do Concello de Cee.
Este prego contén a relación dos servizos mínimos imprescindibles a realizar, as instalacións nas que terá lugar a actividade e o personal necesario para a prestación dos mesmos.
O servizo comprende básicamente as seguintes condicións técnicas:
- -A impartición ós alumnos matriculados na escola de música e ós integrantes da banda de música de Cee das actividades musicais teóricas e prácticas sinaladas na cláusula 4ª por profesorado con formación e titulación suficiente para cada especialidade, entendendo como tal a correspondente titulación de profesor superior ou profesional de música, expedida por calquera dos conservatorios oficiais.
- -A organización das clases según a programación ofertada polo contratista (Proxecto educativo de prestación do servizo) deberá axustarse á Orde do 11 de marzo de 1993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da comunidade autónoma de Galicia.
- -A correspondente xestión administrativa da escola en coordinación co Concello de Cee.
## 2. OBXECTIVOS XERAIS DO SERVIZO.
O servizo a contratar persigue os seguintes objectivos xerais:
- a) Capacitar ó alumnado no desfrute e coñecemento da música como parte da formación integral do individuo.
- b) Impartir unha formación de calidade, basada na aptitude e experiencia do profesorado e procurando unha axeitada ratio de alumnos por clase naquelas de carácter colectivo.
- c) Imprimir un carácter fundamentalmente práctico do ensino musical, fomentando a práctica instrumental individual e de conxunto.
- d) Ofertar a formación das principais especialidades musicais tendo en conta as súas posibilidades expresivas en relación á demanda do alumnado.
## 3. RELACIÓNS COS USUARIOS DA ESCOLA.
- O Concello de Cee é o encargado de establecer os prezos do servizo dacordo coas ordenanzas fiscais municipais vixentes e tamén de todo o relacionado co cobro das matrículas e clases.
<!-- image -->
Os usuarios/as do servizo cumplirán e en todo momento cos horarios, normas e requisitos establecidos polo Concello de Cee.
O contratista poderá distribuir e modificar, previa autorización do órgano de contratación, os horarios dos alumnos/as e o tempo de clase de instrumento, atendendo fundamentalmente a criterios docentes, así como ó mellor funcionamiento da escola, tendo en conta as necesidades dos alumnos/as.
Toda a información relativa ó calendario escolar, horarios, grupos e calquera outro comunicado necesario para o funcionamiento do curso escolar, farase público coa debida antelación nos taboleiros de anuncios da escola de música e na web municipal, e deberá contar coa autorización previa do órgano de contratación.
Si un alumno/a decide cambiar o instrumento solicitado terá que axustarse á disponibilidade de plazas vacantes e ó horario que quede libre.
O alumno/a que teña unha actitude reiterada de falta de interés e de aproveitamento, poderá ser dado de baixa da escola previo informe do profesor/a, dirección da escola e responsable municipal do contrato. Si os retrasos son recurrentes ou as faltas superan o límite establecido, o alumno/a poderá ser dado de baixa previo aviso, podendo a escola dispoñer da súa plaza ou proceder a unha nova matriculación.
Unha vez transcurrido o plazo de matriculación, todas aquelas personas que non formalizarán a mesma perderán todos os seus dereitos como alumnos/as e pasarán, en caso de solicitalo, á lista de espera do seu curso e materia correspondente.
Ó longo do curso poderanse realizar as matrículas que sexan necesarias sempre e cando existan plazas vacantes no grupo e horario demandado e non altere o desenvolvemento académico do curso. Terán prioridade as persoas que se atopen na lista de espera.
Dita lista únicamente será válida para o curso académico en vigor. En caso de baixa na Escola, será obligatorio notificar a mesma no Concello, firmando o impreso correspondente. Naqueles casos nos que sexa posible, o Concello devolverá a parte proporcional das clases non consumidas, sen contar a matrícula.
## 4. PLANIFICACION INICIAL E PROGRAMACION DO CURSO.
O contratista prestador do servizo, tal e como queda recollido no PCAP, deberá presentar un plan de prestación do servizo (proxecto educativo) no que se indique o proxecto-programa de traballo e metodoloxía a aplicar para a realización do mesmo.
A Escola de Música contará cun director e un subdirector e tamén cun director e subdirector para a banda de música, sendo aconsellable nestes casos que os cargos sexan ocupados por profesionais de acreditada experiencia.
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº
15270 CEE (A Coruña)
correo@cee.gal
www.cee.gal
Atendendo á experiencia de anos anteriores, o proxecto educativo ofrecerá, como mínimo, o ensino das especialidades instrumentais e materias teóricas que a continuación se sinalan clasificadas por familias:
- Vento madeira: Clarinete, Frauta Traveseira, Gaita, Saxofón.
- Violín.
- Vento metal: Bombardino, Trompeta, Trombón, Trompa, Tuba.
- Guitarra.
- Percusión.
- Piano.
- Acordeón.
- Materias teóricas: Música e Movemento, Linguaxe Musical, Harmonía.
Do mesmo xeito, o número de prazas totais da Escola establécese en 150 alumnos, se ben éste pode experimentar algunha variación en funcións das circunstancias que se poidan dar en cada curso académico. Éste terá lugar entre os meses de outubro e xuño e os periodos non lectivos irán en consonancia co calendario escolar autonómico e calendario de traballo municipal (festivos locais). As clases desenvolveránse en horario de tarde (na franxa horaria de 15.00 a 22.00 horas) de luns a venres, mentras que os ensaios coa banda de música, así como outro tipo de clases poderán terán lugar na mañá dos sábados.
De voltar a darse unha situación semellante á vivida durante a pandemia da Covid-19, contémplase a posibilidade da modalidade de clases on-line, naqueles casos nos que o permita a lexislación vixente en cada momento, e sempre con previa autorización/aprobación do órgano de contratación.
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
correo@cee.gal
www.cee.gal
| Clases instrumentais | Clases instrumentais | Clases instrumentais | Clases instrumentais |
|------------------------|---------------------------|------------------------|------------------------|
| Materia | Número de clases semanais | Duración | Total de horas |
| Acordeón | 8 | 30 m. | 4 |
| Clarinete | 10 | 30 m. | 5 |
| Frauta traveseira | 10 | 30 m. | 5 |
| Gaita | 10 | 30 m. | 5 |
| Guitarra | 18 | 30 m. | 9 |
| Percusión | 18 | 30 m. | 9 |
| Piano | 24 | 30 m. | 12 |
| Saxofón | 10 | 30 m. | 5 |
| Vento metal | 12 | 30 m. | 6 |
| Violín | 10 | 30 m. | 5 |
| Clases colectivas | Clases colectivas | Clases colectivas | Clases colectivas |
|------------------------------------|---------------------|---------------------|---------------------|
| Materia | Nº clases semanais | Duración | Total de horas |
| Linguaxe Musical 1º | 1 | 1 h. | 1 |
| Linguaxe Musical 2º | 1 | 1 h. | 1 |
| Linguaxe Musical 3º | 1 | 1 h. | 1 |
| Linguaxe Musical 4º | 1 | 1 h. | 1 |
| Linguaxe Musical 5º | 1 | 1 h. | 1 |
| Linguaxe Musical 6º | 1 | 1 h. | 1 |
| Coro 3º- 4º | 1 | 30 m. | 1/2 |
| Coro 5º - 6º | 1 | 30 m. | 1/2 |
| Música e movemento A 4, 5 e 6 anos | 1 | 1 h. | 1 |
| Música e movemento B 7 anos | 2 | 1 h. | 2 |
| Linguaxe adultos A | 1 | 45 m. | 45 m. |
| Linguaxe adultos B | 1 | 45 m. | 45 m. |
| Harmonía | 1 | 1 h. | 1 |
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
| Banda xuvenil | 1 | 1 h. | 1 |
|-----------------|-----|--------|-----|
| Banda de música | 1 | 3 h. | 3 |
| Grupo Folk | 1 | 1 h. | 1 |
O contrato executarase de acordo con este Prego de Condicións Técnicas, o correspondente Prego de cláusulas administrativas particulares, e co Proxecto de Xestión, elaborado polo adxudicatario, en canto non se opoña ó disposto no prego.
Comprométense a cumprir toda a normativa legal que sexa aplicable. Deberán cumprir, previa negociación entre as partes, cantos acordos, Convenios, etc. firme o Concello en calquera aspecto que vincule á Escola Municipal de Música, sempre que non supoña un custe adicional para o adxudicatario.
O alcance da prestación e características dos servizos a realizar, será o seguinte:
## 4.1 Xestión administrativa:
- -Elaboración do Plan Anual da Escola de Música Municipal así como das memorias de cada curso.
- -Distribución do alumnado por horarios e asignación do profesor/titor.
- -Inscrición do alumnado . A inscrición efectuarase no lugar que determine o Concello.
- -Elaboración e entrega ó alumnado de final de ciclo dun diploma informativo.
- -Manter o historial e fichas do alumnado.
## 4.2 Xestión de persoal:
- Véxase cláusula 36 do PCAP
## 4.3 Xestión das actividades docentes:
- -Manter informados a pais e alumnado de todo o relacionado coas actividades lectivas.
## 4.4 Xestión do equipamento:
- -Velar polo coidado e bo estado do equipamento da Escola.
## 4.5 Xestión de Actividades Extraescolares:
- -Realizar actuacións públicas de agrupacións mono e pluri-instrumentais en ocasións sinaladas: Nadal, final do segundo trimestre e Fin de Curso.
## 4.6 Outras xestións:
- -Colaborar coas campañas publicitarias do Concello de Cee, para promover o coñecemento da Escola cara á inscrición do novo alumnado.
<!-- image -->
## 5. DURACIÓN DO CONTRATO
A duración do contrato será de un curso académico, prorrogable por outro máis. O prazo de execución do contrato será de un curso académico (2026-2027) prorrogable outro máis (20272028), comprendendo en cada caso un período de 9 meses, comprendidos de outubro a xuño.
## 6. PREZO DO CONTRATO
O orzamento base de licitación ascende a 100.572,28 €/ano, podendo prorrogarse o contrato por un curso máis, polo que o valor estimado do contrato ascende a 201.144,56 euros.
Estes importes están destinados ao aboamento dos gastos salariais, seguridade social, atención aos gastos xerais e financeiros, gastos de formación permanente do equipo e substitucións, etc. Incluídos todos os impostos e gastos de funcionamento, a titulo ilustrativo: luz, teléfono, limpeza das instalacións, material informático e todo o preciso para realizar as tarefas administrativas da Escola, etc.
A empresa emitirá facturación mensual, durante os 9 meses de cada curso (de outubro a xuño).
## 7.-DESCRICIÓN DAS INSTALACIÓNS E INVENTARIO DE MATERIAIS.
A Escola de Música de Cee conta cunha serie de materiais didácticos, instrumentos musicais e outros materiais pertencentes ó Concello que poderán ser empregados polo contratista, sendo responsabilidade deste repoñer ó seu cargo os materiais que se extravíen ou deterioren polo seu mal uso.
Igualmente, as aulas contan co correspondente mobiliario sendo responsabilidade da empresa adxudicataria velar polo seu mantemento en óptimas condicións.
Con carácter previo ó inicio do contrato entregarase relación inventariada de todos os materiais ó adxudicatario, relación que será firmada por éste como proba de conformidade. É de exclusiva responsabilidade da empresa a adquisición do material suplementario, que se precise para poder levar a cabo as actividades, conforme ó plan educativo - programa de traballo presentado.
O Concello non aboará cantidade algunha con cargo ó contrato pola adquisición deste material que sexa preciso para o cumprimento do proxecto presentado; idénticamente, o adxudicatario non poderá excusarse na falta de material para o incumplimento do contrato conforme ó proxecto presentado, de modo que o incumplimento por este motivo será considerado incumplimento culpable coas consecuencias que resulten da aplicación do presente Prego.
Ó rematar o contrato, o adxudicatario terá dereito a retirar o material aportado por él que non esté relacionado no inventario ó que se fai referencia nesta cláusula deste prego.
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº
CIF: P1502300E
15270 CEE (A Coruña)
Teléfono: 981 745 100
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
Fax: 981 746 757
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
| ARTICULO | NUMERO DE SERIE | OBSERVACIONS |
|------------|-------------------|----------------|
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
correo@cee.gal
www.cee.gal
| PERCUSIÓN | PERCUSIÓN | PERCUSIÓN |
|------------------------------------------------|-------------|----------------------|
| Bombo concerto NP | | |
| Bombo pasacalles. | | |
| Batería Pearl export séries | | |
| Platos de concerto Zildjian Simphonic Vienesse | | |
| Gong Gara percussion Mod. Wuhan. | | |
| 3 Timbales Adams. | | |
| Marimba Adams 4-1/3 lámina estreita. | | |
| Lira Yamaha | | |
| Caixa de concerto Pearl Signature Séries. | | |
| Bongós Headliner madeira | | |
| Pandreta Grover T2/GS 10' | | |
| Temple Blocks LP Mod: Temple Granite | | |
| Mazas de Bombo Vic Firth Md: BD-7 | | |
| Castañolas con mango Lucero Tena | | |
| Plato Zildjian Série ZBT plus ride 20' | | |
| 3 Soportes de plato jirafa Peace B910 | | |
| 3 Metalófonos | | |
| 1 Xilófono | | |
| Cortina AA Meinl | | |
| Bodram | | |
| | Deteriorado | |
| Fundas batería Ortolá | | |
| 3 Caixas procesión | | |
| VENTO-METAL | VENTO-METAL | VENTO-METAL |
| Tuba B&S Perantucci Mod 4197 | | |
| Bombardino Rott | | |
| Boquilla de Trompa Silke 29 | | |
| Trompa Stagg | 77FHSW | |
| Cornetín Thomann | CR 400 | |
| Corneta Stomvi Forte | 9810781 | |
| Trompeta Thomann | 0808 | |
| Trompa Yamaha YHR 322 | 003891 | |
| Trombón Startone Thomann | SSL 45 | |
| Trombón Bach | C67360 | |
| Trompeta Thomman | 4333261 | |
| Trombón Pistóns Rott | 866476 | |
| Trompeta Sterling | | Necesita reparación. |
| Bombardino Yamaha | 130245 | |
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
correo@cee.gal
www.cee.gal
| Tuba Rott | | Necesita reparación. |
|---------------------------------------------|---------------|------------------------|
| 2 Fliscornos Rott | | Necesita reparación. |
| VENTO-MADEIRA | VENTO-MADEIRA | VENTO-MADEIRA |
| Saxo barítono Júpiter JBS 593 | F30143 | |
| Saxo Tenor Yamaha YTS- 275 | 88629 | |
| Saxo tenor Júpiter JTS-789-788 | 631933 | |
| Saxo tenor Júpiter JTS-789-788 | 632750 | |
| Saxo Alto Júpiter JTS- 769-767 | 604536 | |
| Saxo Alto Júpiter JTS- 769-767 | 603513 | |
| Saxo Soprano Thomann TSS-350 | | |
| Clarinete Yamaha | 011563 | |
| Clarinete Buffet | 671564 | |
| ClarineteYamaha 26 II | | |
| Clarinete Libais | 501176 | |
| Flauta Yamaha 281-SII | | |
| Flautín Pearl flute pfp-165 | | |
| Gaita Seivane negra Buxo | | |
| 2 Punteiros Seivane Si bemol do 2014 | | |
| Punteiro en Do J. Carracedo | | |
| TECLADOS | TECLADOS | TECLADOS |
| Piano eléctrico Casio Privia. | (Averiado) | Necesita reparación. |
| Piano eléctrico Clavinova CLP 950 | | |
| Banqueta piano Grau regulable | | |
| Teclado Korg Triton LE 76 teclas | (Averiado) | Necesita reparación. |
| Pedal de expresión Korg DS- 1 H | | |
| Piano Young Chang | EC-109 | Necesita afinación |
| Piano Yamaha | 1805731 | Necesita reparación. |
| Acordeón Roland FR 3X | | |
| Organo Kawai | | Non funciona. |
| Piano Zimmermann | | Necesita afinación. |
| | OUTROS | |
| 2 Micrófonos AkG Mod: P3 | | |
| Lector-Grabador de CD Phillips | | Non funciona. |
| Lector- Grabador Cassette Kenwood KXF w4010 | | |
| Amplificador ARCAMAlpha 8R | | |
| 2 Altavoces MISSION | | |
<!-- image -->
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
[correo@cee.gal](mailto:correo@cee.gal)
Teléfono: 981 745 100
Fax: 981 746 757
[www.cee.gal](http://www.cee.gal/)
| Ordenador KX Computer | | |
|----------------------------------------|-----------|---------------------|
| 4 Soportes de micrófono | | |
| Equipo de sonido Yamaha 400 S | EEUM01596 | Necesita reparación |
| Grabador portátil Yamaha Pocketrack CX | | |
| Cámara de video Sony CCD-TR1415E | | |
| Radio CD Grundig RR 3200 | | |
| Auriculares Senheiser HD 435 | | |
| Lector DVD Nevir | | |
| 7 Atriles de bandexa metálica. | | |
| Atril de bandexa de madeira. | | |
| 25 atriles metálicos. | | |
| Guitarra Romanza | | |
| Soporte 5 guitarras rockstand | | |
| 3 Banquiños apoiapé guitarra Guill. | | |
| Metrónomo Wittner | | |
<!-- image -->
## PLANO DAS INSTALACIÓNS
<!-- image -->
Asinado dixitalmente ao marxe.
Alcaldesa Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E
Teléfono: 981 745 100
Fax: 981 746 757
correo@cee.gal
www.cee.gal