pcap musica.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
15270 CEE (A Coruña) CADRO RESUMO DO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES CONTRATO DE SERVIZOS DA ESCOLA DE MÚSICA NO CONCELLO DE CEE. PROCEDEMENTO ABERTO. TRAMITACIÓN ORDINARIA. | A. PODER ADXUDICADOR | A. PODER ADXUDICADOR | |----------------------------|------------------------| | ADMINISTRACIÓN CONTRATANTE | CONCELLO DE CEE | | ÓRGANO DE CONTRATACIÓN | XUNTADE GOBERNO LOCAL | | SERVIZO XESTOR | CULTURA | Perfil de contratante: https://contrataciondelestado.es/ http://www.cee.gal Dirección do órgano de contratación: Rúa Domingo Antonio de Andrade S/N. 15270 Cee. Correo electrónico do órgano de contratación: correo@cee.gal ## B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN | Número de Expediente | 2026/ C004/000003 | Tipo de Contrato | SERVIZOS | |------------------------|---------------------|------------------------------------|--------------------| | Tipo de Procedemento | ABERTO | Tramitación Tramitación anticipada | ORDINARIA SI x NON | ## Forma de presentación de ofertas: Manual x Electrónica Manual e Electrónica Cabe recurso especial: SI x NON Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON ## C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO ## Definición do obxecto do contrato: Contratación do servizo de Escola de Música do Concello de Cee, coas características que se indica no Prego de Prescricións Técnicas. 80000000-4 (servizos de ensino e formación). ## D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN: 100.572,28 EUROS POR CURSO Aplicación orzamentaria: 3201/22799 Sistema de determinación do prezo: - E. VALOR ESTIMADO: 201.144,56 Prezos unitarios € (incluíndo a prórroga do curso 2027/28) - F. RÉXIME DE FINANCIAMENTO: 2. Concello de Cee ## G. ANUALIDADES: 1 + 1 PRORROGABLE | H. PRAZO DE EXECUCIÓN CURSO 2026/2027: 9 MESES (de outubro a xuño) PRORROGABLE CURSO 2027/2028: 9 MESES (de outubro a xuño) | I. PRÓRROGA XSI NON | J. PRAZO DE GARANTÍA Polas caracteristicas e natureza das prestacións obxecto de contrato non se estima necesario establecer un prazo de garantía . | |-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------|-----------------------|-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------| ## K. ADMISIBILIDADE DE VARIANTES - SI, x NON ## L. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN As tarifas da Escola de Música son as aprobadas polo Concello para o curso escolar e aplicaranse pola Administración directamente aos usuarios do servizo . ## SUBCONTRATACIÓN x SI, vid. cláusula 23 NON ## M. REVISIÓN DE PREZOS ## N. GARANTÍAS PROVISIONAL: NON DEFINITIVA : SI COMPLEMENTARIA: NON ## Ñ. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS ## O. SUBROGACIÓN - xSI, vid. cláusula 36 ## P. SUBCONTRATACIÓN ## Q. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS - x SI, vid. cláusula 28 ASCENDE A 5 %. 15270 CEE (A Coruña) ## R. DATOS DE FACTURACIÓN Entidad contratante: Ayuntamiento de Cee UNIDAD TRAMITADORA: L01150238 OFICINA CONTABLE: L01150238 ÓRGANO GESTOR: L01150238 15270 CEE (A Coruña) PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES DO CONTRATO DE SERVIZOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE CEE, POR PROCEDEMENTO ABERTO, VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. ## CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación O presente prego establece as condicións xerais de aplicación ás contratacións que tendo natureza análoga se adecúen ás condicións previstas nas Cláusulas Administrativas Particulares do Prego. A individualización de cada contratación realízase mediante as especificacións previstas no CADRO DE CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO (en adiante CCC) que forman parte integrante do presente prego. ## 1.1. Descrición do obxecto do contrato A codificación do presente contrato, conforme ao Regulamento (CE) nº 213/2008 da Comisión, de data 28 de novembro de 2007, que modifica o Regulamento (CE) nº 2195/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se aproba o Vocábulo Común de Contratos Públicos ( CPV), e que a Directrices 2004/17/CE e 2004/18/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre os procedementos dos contratos públicos, é a seguinte: 80000000-4 (servizos de ensino e formación). O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, de acordo co artigo 17 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP). ## 1.2. Réxime xurídico do contrato Este prego e demais documentos anexos revestirán carácter contractual. No caso de discordancia entre este prego e calquera do resto de documentos contractuais, prevalecerá este prego. - O órgano de Contratación ostenta, de acordo co previsto no artigo 190 da LCSP, a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificar os contratos formalizados por razóns de interese público, declarar a responsabilidade imputable á ou ao contratista pola execución do contrato, suspender a súa execución, acordar a súa resolución, e determinar os efectos dela, así como as facultades de inspección das actividades desenvolvidas polas e polos contratistas durante a execución do contrato, dentro dos límites e con suxeición aos requisitos e efectos sinalados na LCSP e as súas disposicións de desenvolvemento. - O descoñecemento das cláusulas do contrato en calquera dos seus termos, dos outros documentos contractuais que forman parte e das instrucións ou da normativa que resulte de aplicación na execución da cousa pactada, non exime á adxudicataria ou adxudicatario da obriga de cumprilas. - A ou o adxudicatario estará obrigado ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. Os acordos que adopte o órgano de Contratación no exercicio das súas prerrogativas serán inmediatamente executivos e porán fin á vía administrativa. ## 1.3. Réxime de recursos ## 1.4. Non división en lotes do obxecto do contrato CLÁUSULA SEGUNDA. Procedemento de selección e adxudicación No presente contrato, en base ao disposto no artigo 99.3 LCSP, non procede a división en lotes, sustentado na dificultade da correcta execución do contrato desde o punto de vista técnico, así como no risco para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións. 15270 CEE (A Coruña) A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto, onde toda persoa física profesional ou empresa interesada poderá presentar una proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores. ## CLÁUSULA TERCEIRA. Perfil de contratante A adxudicación do contrato realizarase utilizando una pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo de conformidade co que se establece na cláusula décima. Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de Contratante ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan nas páxinas webs seguintes: [https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/](https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/Dco9C4AgEIDhn3RjEDREQ0vg1Ndtl6kc6Sli0s_P7X3gBYQDUKiyo8JRyDeftzHJszx9Mtmyn6KUTIWkGNgBAd-LNem2q-xIWsO52RnrV9XSrQOkEMYfCJzmZw!!/) ## [http://cee.gal/perfil-do-contratante/](http://cee.gal/perfil-do-contratante/) [Dco9C4AgEIDhn3RjEDREQ0vg1Ndtl6kc6Sli0s\_P7X3gBYQDUKiyo8JRyDeftzHJszx9Mtmyn 6KUTIWkGNgBAd-LNem2q-xIWsO52RnrV9XSrQOkEMYfCJzmZw!!/](https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/Dco9C4AgEIDhn3RjEDREQ0vg1Ndtl6kc6Sli0s_P7X3gBYQDUKiyo8JRyDeftzHJszx9Mtmyn6KUTIWkGNgBAd-LNem2q-xIWsO52RnrV9XSrQOkEMYfCJzmZw!!/) ## CLÁUSULA CUARTA. Orzamento base de Licitación e valor estimado do contrato Enténdese que o orzamento base de licitación axústase aos prezos do mercado ao ser consultadas as licitacións de concellos da comarca e outros de Galicia de similares características, ademais de efectuar unha análise de costes directos e indirectos do servizo por aplicación do convenio colectivo. O orzamento base de licitación ascende a 100.572,28 €/ano, podendo prorrogarse o contrato un curso máis, polo que o valor estimado do contrato ascende a 201.144,56 euros. As obrigacións económicas do contrato abonaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria 3201/22799 na cal existe crédito suficiente que se retén. ## CLÁUSULA QUINTA. Existencia de crédito No seu caso, para o resto dos exercicios, quedará condicionada á existencia de consignación orzamentaria axeitada e suficiente en cada exercicio orzamentario. Non procede a revisión de prezos. ## CLÁUSULA SEXTA. Revisión de prezos. ## CLÁUSULA SÉTIMA. Duración do Contrato. A duración do contrato contarase a partir do día seguinte ao da formalización do contrato ou desde a data fixada no documento contractual. O prazo de execución do contrato será de un curso académico, 9 meses de outubro de 2026 a xuño de 2027 (ambos meses incluídos). Poderase prorrogar este contrato ó seguinte curso, cun período de execución do contrato doutros 9 meses, de outubro de 2027 a xuño de 2028. O tempo operará como elemento definitorio da prestación, de maneira que, expirado o prazo, o contrato extinguirase necesariamente. A constitución en mora da ou do contratista non precisará intimación previa por parte da Administración, que poderá impoñerlle penalidades ou resolver o contrato nos termos establecidos neste prego. En todo caso, a ou o contratista está obrigada ou obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a súa realización, así como dos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Cando ao vencemento do contrato non se formalizase o novo contrato que garanta a continuidade da prestación a realizar pola ou polo contratista, como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para o órgano de Contratación producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o contrato orixinario ata que comece a execución do novo contrato, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do contrato, sempre que o anuncio de licitación do novo contrato se publicara cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do contrato orixinario. En todo o caso, a duración do contrato quedará condicionada á existencia de consignación orzamentaria axeitada e suficiente en cada exercicio orzamentario. ## CLÁUSULA OITAVA. Acreditación da Aptitude para Contratar 1. A capacidade de obrar das persoas e empresas licitadoras acreditarase: Poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. - a) Das empresas que sexan persoas xurídicas mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. - c) Das persoas e empresas licitadoras non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea ou de Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo acreditarase pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación. - b) Dos/Das empresarios/as que sexan persoas físicas mediante fotocopia do Documento Nacional de Identidade e acreditación de estar dado de Alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente. - d) Das demais persoas e empresas licitadoras estranxeiros , con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa. As empresarias e empresarios que concorran agrupados en unións temporais quedarán obrigados solidariamente e deberán nomear a unha persoa representante ou apoderada única da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos de contía significativa. - e) As unións de empresarias e empresarios que se constitúan temporalmente para o efecto, sen que sexa necesaria a súa formalización en escritura pública ata que se efectúe a adxudicación do contrato ao seu favor. Para os efectos da licitación, as e os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, e que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarias e adxudicatarios do contrato. As empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. A duración das unións temporais de empresarias e empresarios será coincidinte, polo menos, coa do contrato ata a súa extinción. 2. Declaración responsable de que a empresa non está incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 71 (DÁ 4ª DT 10ª) da LCSP (incluído este extremo no Anexo 1). 2. 3.1. A solvencia económica e financeira das persoas e empresas licitadoras deberá acreditarse a través de calquera un dos medios indicados no artigo 87.3 da LCSP, a saber: 3. A solvencia do licitador/a: - a) Volume anual de negocios do licitador ou candidato, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos unha vez e media o valor anual medio do contrato: 1,5*100.572,28=150.858,42 - b) Disposición dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata o remate do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior ao valor estimado do contrato (100.572,28 euros), achegando ademais o compromiso da súa renovación ou prórroga que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. Este requisito entenderase cumprido polo licitador ou candidato que inclúa coa súa oferta un compromiso vinculante de subscrición, en caso de resultar adxudicatario, do seguro esixido, compromiso que deberá facer efectivo dentro do prazo de dez días hábiles ao que se refire o apartado 2 do artigo 150 desta Lei. 3. O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no devandito rexistro, e en caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar rexistrado. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil. 4. A acreditación deste requisito efectuarase por medio de certificado expedido polo asegurador, no que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, e mediante o documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, nos casos en que proceda. Este será o medio de acreditación de tal solvencia para as empresas de nova creación. 5. 3.2. No presente contrato de servizos, a solvencia técnica ou profesional das persoas e empresas licitadoras deberá apreciarse tendo en conta os seus coñecementos técnicos, eficacia, experiencia e fiabilidade, o que deberá acreditarse cunha relación dos principais servizos ou traballos realizados de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato no curso de, como máximo o tres últimos anos, na que se indique o importe, a data e o destinatario, público ou privado dos mesmos. Cando lle sexa requirido polos servizos dependentes do órgano de contratación os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa una entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración da persoa ou empresa acompañado dos documentos obrantes en poder do mesmo que acrediten a realización da prestación. No seu caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. 4. A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público acreditará o teor do reflectido no mesmo e salvo proba en contrario, as condicións de aptitude do empresario en canto á súa personalidade e capacidade de obrar, representación, habilitación profesional ou empresarial, solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, clasificación e demais circunstancias inscritas, así como a concorrencia ou non concorrencia das prohibicións de contratar que deban constar no mesmo. De conformidade co artigo 90.4 da LCSP, para empresas de nova creación, a súa solvencia técnica acreditarase por un ou varios dos medios a que se refiere as letras b) a i) do artigo 90.1 da LCSP. CLÁUSULA NOVENA. Presentación de Proposicións e Documentación Administrativa ## 9.1. Condicións previas As proposicións dos interesados deberán axustarse aos pregos e documentación que rexen a licitación, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das súas cláusulas ou condicións, sen excepción ou reserva algunha. ## 9.2. Lugar e prazo de presentación de ofertas Cada entidade licitadora non poderá presentar máis dunha proposición, nin subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurar en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. A presente licitación ten carácter electrónico. Os licitadores deberán preparar e presentar as súas ofertas obrigatoriamente de forma electrónica a través do portal de licitación electrónica do Concello de Cee, mediante os servizos de licitación electrónica da Plataforma electrónica: https://contrataciondelestado.es, o que implica a custodia electrónica das ofertas polo sistema e a apertura e avaliación electrónica da documentación. As proposicións que non se presenten na forma que determina este prego serán excluídas. Ademais da preparación e presentación de ofertas de forma telemática pola persoa ou empresa licitadora, a utilización destes servizos supón a custodia electrónica de ofertas polo sistema e a apertura e avaliación da documentación a través da plataforma. Todas as fases do procedemento de contratación, incluídas as que correspondan realizar aos licitadores ou candidatos, realizaranse por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos. As proposicións, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse dentro do prazo de 15 días desde a publicación do anuncio na da Plataforma electrónica: https://contrataciondelestado.es. Para garantir a confidencialidade do contido dos sobres até o momento da súa apertura, a Plataforma electrónica de contratación cifrará devanditos sobres no envío. A oferta electrónica e calquera outro documento que a acompañe deberán estar asinados electronicamente por algún dos sistemas de firma admitidos polo artigo 10 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas. Una vez realizada a presentación, a Plataforma electrónica de contratación proporcionará á entidade licitadora un xustificante de envío, susceptible de almacenamento e impresión, co selo de tempo. A información e as especificacións técnicas necesarias para a presentación electrónica das ofertas, incluído o cifrado e a validación da data, estarán dispoñibles na Plataforma de contratación do Estado (https://contrataciondelestado.es). ## 9.3. Acceso á información técnica sobre o uso de medios electrónicos, informáticos e telemáticos no procedemento ## 9.4. Información aos licitadores Cando sexa preciso solicitar a información adicional ou complementaria a que se refire o artigo 138 da LCSP, a Administración contratante deberá facilitala, polo menos, seis días antes de que finalice o prazo fixado para a presentación de ofertas, sempre que dita petición se presentara cunha antelación mínima de doce días respecto daquela data. As consultas ou solicitudes de información adicional que lles poidan xurdir ás e aos licitadores sobre os pregos ou documentación complementaria deberán formularse a través do Perfil do contratante aloxado na Plataforma electrónica de contratación. A información adicional será facilitada a través da publicación no Perfil do contratante, sen prexuízo de notificalo electronicamente adicionalmente ao solicitante. De conformidade co articulo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e a disposición adicional décimo quinta da LCSP, a tramitación do procedemento de adxudicación do contrato implicará a práctica das notificacións e comunicacións derivadas del por medios exclusivamente electrónicos, ás que se accederá mediante comparecencia electrónica na sede electrónica do concello. ## 9.5. Notificacións electrónicas Non obstante o disposto no parágrafo anterior, poderá utilizarse a comunicación oral para comunicacións distintas das relativas aos elementos esenciais do procedemento de contratación, sempre que o contido da comunicación oral estea suficientemente documentado. A este respecto, os elementos esenciais dun procedemento de contratación inclúen: os pregos da contratación, as solicitudes de participación e as ofertas. En particular, as comunicacións orais coas licitadoras e licitadores que poidan incidir substancialmente no contido e a avaliación das ofertas estarán documentadas de modo suficiente e a través dos medios adecuados, tales como os arquivos ou resumos escritos ou sonoros dos principais elementos da comunicación. Os prazos a contar desde a notificación computaranse desde o aviso de notificación, sempre que o acto obxecto de notificación se publicase o mesmo día no Perfil de Contratación do órgano de Contratación. No caso contrario, os prazos computaranse desde a recepción da notificación por parte da persoa interesada. Para a práctica das notificacións/comunicacións derivadas do procedemento, entre a documentación a achegar que se relaciona nas cláusulas particulares deste prego, as e os licitadores deberán presentar unha declaración responsable (segundo o modelo Anexo I) na que indiquen o enderezo de correo electrónico designado para o efecto. No caso de empregar o Documento Europeo Único de Contratación (DEUC), este enderezo indicarase nun documento aparte. Para estes efectos, de conformidade co artigo 43.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación entenderase practicada no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Non obstante, entenderase rexeitada cando transcorreran dez días naturais desde a súa posta a disposición sen que se acceda ao seu contido, agás que, de oficio ou a instancia da persoa destinataria, se poida comprobar a imposibilidade técnica ou material do acceso. ## 9.6. Contido das proposicións O concello de Cee tamén publicará os actos que procedan no seu Perfil de Contratación. As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse en dous sobres pechados electrónicos, asinados polo licitador, nos que se fará constar a denominación do sobre electrónico e a lenda «Proposición para licitar á contratación do contrato de servizos da Escola de Música no concello de Cee». A denominación dos sobres é a seguinte: ## Sobre «A»: Documentación Administrativa. Sobre «B»: Proposición Económica e Documentación Cuantificable de Forma Automática. Sobre 'C': Documentación relativa aos criterios dependentes de xuízo de valor. As empresas e persoas licitadoras presentarán, no seu caso, no sobre que corresponda á documentación á que se refira, unha declaración complementaria, designando que documentos administrativos e técnicos e datos presentados son, ao seu parecer, constitutivos de ser considerados confidenciais, de conformidade co artigo 133 LCSP. Asemade, esta circunstancia deberá reflectirse claramente nos propios documentos sinalados como tal. Non serán admisibles as declaracións xenéricas ou que declaren que todos os documentos e información facilitada na proposta teñen carácter confidencial, nin se considerará de carácter confidencial aquela información que conste en documentos que sexan publicamente accesibles. De non achegarse esta declaración considerarase que ningún documento ou dato posúe o devandito carácter, sen prexuízo do establecido no artigo 155.3 LCSP. ## SOBRE ELECTRÓNICO «A» DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº - A) Declaración Responsable da persoa ou empresa licitadora indicativa do cumprimento das condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración. Se varias empresas concorren constituíndo unha unión temporal, cada unha das que a compoñen deberá acreditar a súa personalidade, capacidade e solvencia, presentando todas e cada una a correspondente declaración responsable. A declaración responsable presentarase conforme ao modelo incluído no Anexo I do presente prego. ## B) Declaración de empresas vinculadas, co modelo que figura no Anexo II. ## SOBRE ELECTRÓNICO «B» Presentarase conforme ao seguinte modelo de Proposición económica que figura como Anexo III deste Prego. ## PROPOSICIÓN ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN CUANTIFICABLE DE FORMA AUTOMÁTICA SOBRE ELECTRÓNICO 'C' que incluirá a documentación relativa aos criterios dependentes de xuízo de valor: Neste caso, os criterios a valorar gardarán relación directa co servizo a prestar: por unha parte terase en conta o proxecto educativo en sí e pola outra a personalización que se lle poida dar o mesmo: - a) Plan de prestación do servizo (proxecto educativo), cos seguintes apartados: 2. -Aspectos organizativos e funcionais da xestión 3. -Obxectivos, metodoloxía, avaliación - b) Personalización do proxecto ## CLÁUSULA DÉCIMA. Criterios de Adxudicación A valoración efectuarase con base aos seguintes criterios: Para a valoración das proposicións e a determinación da mellor oferta atenderase a unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo. ## A- Non valorables mediante formula, dependentes de xuizo de valor: ata 45 puntos - -Obxectivos, metodoloxía, avaliación: ata 10 puntos. Valorarase o seu grao de definición, claridade e rigor en canto ós obxectivos e adecuación dos contidos propostos, metodoloxía e criterios de avaliación das especialidades e materias a impartir. Tamén se terá en conta a presentación dun programa destinado a alumnos con necesidades especiais e programas de orientación nos casos de especial talento ou vocación. A.1) Proxecto educativo (ata 20 puntos): que incluirá alomenos - -Aspectos organizativos e funcionais da xestión: ata 10 puntos. Valorarase a organización da Escola atendendo ó Proxecto educativo presentado e tamén todo o relacionado coa xestión do servizo: publicación de plazas vacantes, admisión de alumnos, matriculación, calendario de actividades, préstamo de instrumentos, control de niveis e control de asistencia. Neste sentido valorarase a existencia dunha estrutura organizativa que defina as competencias de cada órgano responsable da Escola: dirección do equipo educativo e administración. - -Terase en conta nesta personalización todo o que contribúa a mellorar o nivel das prestacións musicais dos usuarios, tendo en conta a súa realidade socioeconómica e cultural. - A.2) Personalización do proxecto: ata 25 puntos Neste sentido temos que ter en conta que a función da escola municipal de música é, non só formativa, senón tamén social e cultural. A súa actividade vai dirixida a promover a afición pola música e o seu carácter debe ser esencialmente práctico. Desta forma a aportación da escola á vida cultural do concello e comarca no que está radicada faise evidente e permite ó cidadán, aínda que non sexa usuario directo do centro, enriquecerse cos froitos da formación que outros cidadáns recibiron. A función de cohesión social que pode levar a cabo unha escola de música faise realidade cando se levan a cabo proxectos que integran a grupos sociais diferentes en torno á práctica musical, especialmente cando esta práctica está liderada por profesionais que saben xestionar grupos e traballan con didácticas motivadoras. ## B -Valorables mediante fórmula: ata 55 puntos - B.1 ) Prezo: Ata 25 puntos. Para a valoración outorgarase a máxima puntuación á oferta máis baixa empregando unha regra de tres inversa seguindo a ecuación: Puntuación = 25 x Oferta mínima/Oferta a valorar. ## - B.2) Actividades complementarias de mellora: Ata 30 puntos A prestación que define o presente prego é susceptible de ser mellorada polos licitadores sen que conleve un coste adicional para o concello. Incluiranse actividades que contribúan a mellorar as prestacións do servizo. As melloras gardarán relación coa formación, colaboración con entidades e asociacións culturais e concertos. - a) Compromiso de realizar cursos/talleres de música destinados ós usuarios/as da Escola impartidos por profesorado da Escola ou profesorado invitado: 2 puntos por curso ata un máximo de 6. A duración mínima de cada curso/taller para poder ser puntuado será de tres horas. - c) Compromiso de colaboración coas entidades e asociacións culturais municipais para actividades realizadas no concello: 2 puntos por colaboración ata un máximo de 6. A colaboración pode incluír desde o asesoramento musical ata a participación de alumnos e profesores da Escola en actuacións musicais. - b) Compromiso de realizar charlas/concertos didácticos sobre diferentes aspectos musicais para alumnos doutros centros educativos: 2 puntos por charla/concerto ata un máximo de 6. A duración mínima de cada charla/concerto para poder ser puntuado será dunha hora. - d) Compromiso da celebración de talleres/actividades relacionadas coa música abertos a toda a poboación: 3 puntos por taller/actividade ata un máximo de 6. A duración mínima de cada curso/taller para poder ser puntuado será de dúas horas. - e) Concertos a cargo de diferentes agrupacións de alumnos da Escola, independentemente dos que se celebran en nadal e fin de curso: 3 puntos por concerto ata un máximo de 6. A duración mínima de cada concerto para poder ser puntuado será dunha hora. ## CLÁUSULA DÉCIMO PRIMEIRA. Admisión de variantes Non se admiten variantes. ## CLÁUSULA DÉCIMO SEGUNDA. Ofertas anormalmente baixas Cando en aplicación dos parámetros establecidos nos criterios de valoración das ofertas, algunha delas estea incursa en presunción de anormalidade, concederase aos licitadores afectados un prazo de 5 días para que poidan presentar unha xustificación adecuada das circunstancias que lles permiten executar dita oferta nesas condicións, cos criterios que se sinalan ao respecto no artigo 149.4 da LCSP. Ao tratarse a presente licitación de servizos de licitación con varios criterios de adxudicación, os parámetros obxectivos a ter en conta segundo as ofertas presentadas serán os seguintes: - Oferta económica un 25% máis baixa do tipo de licitación. - i)- Se concorre un único licitador considerarase anormalmente baixa aquela oferta en que concorran os dous seguintes criterios: - Que a puntuación que lle corresponde no resto dos criterios de adxudicación diferentes do prezo sexa superior ao 90 % da puntuación total establecida para estes en o prego. - Que a oferta económica sexa inferior en máis dun 20 por cento á da outra oferta. - ii) - Se concorren dúas empresas licitadoras, considerarase anormalmente baixa a oferta que cumpra os dous criterios seguintes: - Que a puntuación que lle corresponda no resto dos criterios de adxudicación diferentes do prezo sexa superior en máis dun 20 % á puntuación máis baixa. - Que a oferta económica sexa inferior en máis dun 10 por cento á media aritmética de todas as ofertas económicas presentadas. - iii)- Se concorren tres ou máis empresas licitadoras, considerarase anormalmente baixa a oferta que cumpra cos dous criterios seguintes: - Que a puntuación que lle corresponda ao resto de criterios de adxudicación distintos do prezo sexa superior á suma da media aritmética das puntuacións de todas as ofertas e a desviación media destas puntuacións. Ademais: Rexeitaranse as ofertas se se comproba que son anormalmente baixas porque vulneran a normativa sobre subcontratación ou non cumpren as obrigacións aplicables en materia ambiental, social ou laboral, nacional ou internacional, incluíndo o incumprimento dos convenios colectivos sectoriais vixentes. Para calcular a desviación media das puntuacións obterase, para cada oferta, o valor absoluto da diferenza entre a súa puntuación e a media aritmética das puntuacións de todas as ofertas. A desviación media das puntuacións é igual á media aritmética destes valores absolutos. Á vista das xustificacións dos contratistas cuxa oferta fose clasificada como desproporcionada e do informe técnico municipal que as analice, a Mesa de Contratación, propoñerá ao órgano de contratación motivadamente a admisión da oferta ou a súa exclusión. Na valoración das ofertas non se incluirán as proposicións declaradas desproporcionadas ou anormais ata tanto non se seguiu o procedemento establecido no artigo 149 mencionado e, no seu caso, resultase xustificada a viabilidade da oferta. ## CLÁUSULA DÉCIMO TERCEIRA. Preferencias de Adxudicación en caso de Empates - a. Proposicións presentadas polas empresas que, ao vencemento do prazo de presentación de ofertas, inclúan medidas de carácter social e laboral que favorezan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Cando tras efectuar a ponderación de todos os criterios de valoración establecidos se produza un empate na puntuación outorgada a dúas ou máis ofertas, utilizaranse os seguintes criterios para resolver dita igualdade: - b. Menor porcentaxe de contratos temporais no cadro de persoal de cada unha das empresas. A documentación acreditativa dos criterios de desempate a que se refire o presente apartado será achegada polos licitadores no momento en que se produza o empate, e non con carácter previo. - c. Por sorteo, no caso de que a aplicación dos anteriores criterios non dera lugar a desempate. ## CLÁUSULA DÉCIMO CUARTA. Mesa de Contratación A Mesa de contratación será o órgano de asistencia técnica especializada do órgano de contratación e será a competente para efectuar a valoración das ofertas e cualificar a documentación administrativa, e actuará conforme ao previsto no artigo 326 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 e no Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, desenvolvendo as funcións que se lle atribúan na LCSP e no seu desenvolvemento regulamentario: - b) A avaliación das proposicións das persoas licitadoras. - a) A cualificación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos a que se refiren os artigos 140 e 141 da LCSP e, no seu caso, acordar a exclusión das e dos candidatos ou licitadores que non acrediten este cumprimento, previo trámite de emenda. - c) No seu caso, a proposta sobre a cualificación dunha oferta como anormalmente baixa, previa tramitación do procedemento ao que se refire o artigo 149 da LCSP. O Concello de Cee conta con mesa de contratación permanente: - d) A proposta ao órgano de Contratación de adxudicación do contrato a favor da ou do licitador que presentase a mellor oferta, de conformidade co disposto no artigo 145 da LCSP, segundo proceda de conformidade co prego de cláusulas administrativas particulares que rexa a licitación. ## PRESIDENTE : ## VOCALES: Belén Fernández Conde ou membro da corporación en quen delegue. Dona Emilia Trillo Lojo (Concelleira Delegada de Servizos Sociais) Interventora do Concello ou FHCN que legalmente substitúa. Secretaria do Concello ou FHCN que legalmente substitúa Técnico competente por razón da materia obxeto do contrato: Victor M. Castiñeira Castro. SECRETARIO : don Jesús Roget Salgado ou funcionario en quen delegue. ## CLÁUSULA DÉCIMO QUINTA. Renuncia e desistencia A decisión de non adxudicar ou formalizar o contrato ou a desistencia do procedemento poderaos acordar o órgano de Contratación antes da súa formalización. No caso en que o órgano de Contratación desista do procedemento de adxudicación ou decida non adxudicar ou formalizar o contrato, de conformidade co artigo 152 da LCSP, notificarállelo ás candidatas e candidatos ou licitadores. Só poderá adoptarse a decisión de non adxudicar ou formalizar o contrato por razóns de interese público debidamente xustificadas no expediente. A desistencia do procedemento deberá estar fundado nunha infracción non emendable das normas de preparación do contrato ou das reguladoras do procedemento de adxudicación, debendo xustificarse no expediente a concorrencia da causa. A desistencia non impedirá a iniciación inmediata dun novo procedemento de licitación. ## CLÁUSULA DÉCIMO SEXTA. Apertura de Proposicións Se fose necesario, a Mesa concederá un prazo non superior a tres días naturais para que o licitador corrixa os defectos ou omisións subsanables observados na documentación presentada. A Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres electrónicos «A» e cualificará a documentación administrativa contida nos mesmos. ## CLÁUSULA DÉCIMO SÉTIMA. Apertura de Sobres De seguido, unha vez no seu caso subsanados os defectos apreciados, ou de non habelos celebrada a apertura dos Sobres «A» procederase á apertura dos sobres electrónicos «C». Á vista da valoración dos criterios dependentes dun xuizo de valor («C»), a Mesa de Contratación, procederá á apertura do Sobre B e proporá a clasificación de ofertas e á empresa situada en primeiro lugar como adxudicatario do contrato. ## CLÁUSULA DÉCIMO OITAVA. Requirimento de documentación ## A) Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos O órgano de contratación, unha vez aceptada a proposta da Mesa relativa á clasificación das ofertas, requirirá á persoa ou empresa licitadora que presente a mellor oferta, de conformidade co disposto no artigo 145 da LCSP, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos previos a que fai referencia o artigo 140.1 da LCSP e de constituír a garantía definitiva que sexa procedente. En concreto, haberá de presentar a seguinte documentación, de conformidade co establecido no artigo 150.2 da LCSP: 1. A capacidade de obrar das empresarias e empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non fose esixible, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. As demais empresarias e empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado asinante do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Cando se trate de persoas empresarias non españolas que sexan nacionais de estados membros da Unión Europea ou de estados asinantes do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, acreditarase mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no Anexo I do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP), en función dos diferentes contratos. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para persoas españolas; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiras). No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e as circunstancias das e dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante da ou do licitador, deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en dereito ao seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á formalización de contratos coas administracións públicas. 2. Poder bastante. Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, desempeñará a representación da unión temporal ante a Administración. - Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarias e empresarios acumularanse as características acreditadas por cada unha e cada un dos seus integrantes. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica conforme a cláusula OITAVA. As e os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que durante toda a duración da execución do contrato vai dispoñer efectivamente desa solvencia e medios, e que a entidade á que recorra non estea incursa nunha prohibición de contratar. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ao abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. ## B) Documentación necesaria para a adxudicación do contrato 2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ao corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 4. Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de actividades económicas na epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto. Sen prexuízo de acreditar a alta no imposto, no suposto de atoparse nalgunha das exencións previstas no artigo 82 do Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, deberá acreditarse, ben mediante certificación da exención outorgada polo órgano competente, ou ben mediante declaración responsable de atoparse exento segundo o establecido no artigo 82.1.c) da citada lei. 3. Certificación positiva expedida pola Axencia Tributaria de Galicia, ao abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ao corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 5. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva agás que non se esixa nas cláusulas particulares deste prego. No suposto sinalado no parágrafo anterior, procederase a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte, pola orde en que queden clasificadas as ofertas. - De non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose a esixirlle o importe do 3 por cento do orzamento base de licitación, IVE excluído, en concepto de penalidade, que se fará efectivo en primeiro lugar contra a garantía provisional, se se constituíra. ## CLÁUSULA DÉCIMO NOVENA. Garantía Definitiva Esta garantía poderá prestarse nalgunha das seguintes formas: O licitador que presentase a mellor oferta deberá acreditar a constitución da garantía dun 5% do prezo final ofertado , excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. - a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de Débeda Pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta Lei. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, ou nas Caixas ou establecementos públicos equivalentes das Comunidades Autónomas ou desta entidade local contratante, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento da LCSP establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se celebren no estranxeiro. - c) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado na forma e condicións que as normas de desenvolvemento da LCSP, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior. - b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento da LCSP, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior. A garantía será devolta no momento de finalización do contrato e valorada a satisfactoria execución do mesmo. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o seu prezo, deberá reaxustarse a garantía, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado, no prazo de quince días contados desde a data en que se notifique ao empresario o acordo de modificación. No caso de que se fagan efectivas sobre a garantía definitiva as penalidades ou indemnizacións esixibles ao contratista, este deberá repor ou ampliar aquela, na contía que corresponda, no prazo de quince días naturais desde a execución, incorrendo en caso contrario en causa de resolución. Esta garantía responderá os conceptos incluídos no artigo 110 da LCSP, en particular: - b) Das penalidades impostas ao contratista conforme ao artigo 192 LCSP. - a) Da obrigación de formalizar o contrato en prazo, de conformidade co disposto no artigo 153 LCSP. - c) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, incluídas as melloras que ofertadas polo contratista fosen aceptadas polo órgano de contratación, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigacións, e dos danos e perdas ocasionados á mesma con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. - e) Da inexistencia de vicios ou defectos dos servizos prestados durante o prazo de garantía que se previu no contrato. - d) Da incautación que pode decretarse nos casos de resolución do contrato. A garantía non será devolta ou cancelada ata que se produciu o vencemento do prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato, ou cando se declare a resolución do contrato sen culpa do contratista. En todo o caso, transcorridos seis meses desde a data de terminación do contrato, sen que a recepción formal e a liquidación tivesen lugar por causas non imputables ao contratista, procederase, sen máis demora, á súa devolución ou cancelación una vez depuradas as responsabilidades a que se refire o citado artigo 110 LCSP. Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. O acordo de devolución adoptarase e notificarase ao interesado no prazo de dous meses desde a finalización do prazo de garantía. Nos casos de cesión de contratos non se procederá á devolución ou cancelación da garantía prestada polo cedente ata que se atope formalmente constituída a do cesionario. A acreditación da constitución da garantía poderá facerse mediante medios electrónicos. ## CLÁUSULA VIXÉSIMA. Adxudicación do Contrato Atendido correctamente o requirimento a que se refire a cláusula Décimo Oitava e recibida a documentación solicitada, o órgano de contratación, nos casos en que resulte preceptiva, previa fiscalización do compromiso do gasto pola Intervención nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro, xeral orzamentaria, deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación. A adxudicación deberá ser motivada notificarase aos candidatos ou licitadores, debendo ser publicada no perfil de contratante no prazo de 15 días. En ningún caso poderá declararse deserta una licitación cando esixa algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuren no prego. Na notificación indicarase o prazo no que debe procederse á súa formalización segundo o artigo 153.3 da LCSP. De non producirse a adxudicación dentro dos prazos sinalados as e os licitadores terán dereito a retirar a súa proposición. O prazo máximo para efectuar a adxudicación será de dous meses a contar desde o primeiro acto de apertura das proposicións. En todo o caso, estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que sexa necesario seguir os trámites sinalados no artigo 149.4 da LCSP para as ofertas anormalmente baixas. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. A proposta de adxudicación non crea dereito ningún en favor da persoa licitadora proposto fronte á Administración. Non obstante, cando o órgano de Contratación non adxudique o contrato de acordo coa proposta formulada deberá motivar a súa decisión. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO PRIMEIRA. Formalización do contrato A formalización do contrato en documento administrativo poderá efectuarse no prazo de quince días hábiles desde que se remita a notificación da adxudicación aos/ás licitadores/as e candidatos/as. O contrato perfeccionarase coa súa formalización. O contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Neste caso, o contrato adxudicarase ao seguinte licitador pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas, previa presentación da documentación establecida no apartado 4 do artigo 159 LCSP. Cando por causas imputables ao adxudicatario non se formalizara o contrato dentro do prazo indicado esixiráselle o importe do 3 por cento do orzamento base de licitación, IVE excluído, en concepto de penalidade, que se fará efectivo en primeiro lugar contra a garantía definitiva, se se constituíra. Se as causas da non formalización foren imputables á Administración, indemnizarase ao contratista dos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar. A formalización do contrato publicarase, xunto co correspondente contrato, nun prazo non superior a quince días tras o perfeccionamento do contrato no perfil de contratante . Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO SEGUNDA. Condicións Básicas de Execución do contrato A persoa ou empresa contratista realizará as prestacións obxecto do presente contrato no prazo que se estipula na cláusula sétima, con suxeición ao establecido no clausulado do contrato, no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dera ao contratista o órgano de contratación. ## 22.1. Prazo de execución e contido En todo o caso, o contrato executarase a risco e ventura do contratista, correspondéndolle indemnizar todos os danos que se ocasionen tanto ao concello de Cee como a terceiros das omisións ou erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato, agás cando tales prexuízos fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde do concello Cee. ## 22.2. Responsabilidade. Cando o contratista, ou persoas del dependentes, incorra en actos ou omisións que comprometan a boa marcha do contrato, o órgano de contratación poderá esixir a adopción de medidas concretas para acadar ou restablecer ao boa orde na execución do pactado. O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolve e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para o concello de Cee ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. ## 22.3. Responsable do Contrato O contratista terá a obriga de gardar segredo respecto dos datos ou antecedentes que non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato, dos que teña coñecemento con ocasión deste. No acordo de adxudicación do contrato designarase un técnico municipal responsable da execución do contrato, coas funcións que se prevén no artigo 62 da LCSP, e en concreto as seguintes: - ii. Verificar o efectivo cumprimento das obrigacións do adxudicatario en materia social, fiscal e ambiental, e en relación cos subcontratistas se os houber, así como o cumprimento das obrigacións establecidas no contrato supoñan a achega de documentación ou a realización de trámites de tipo administrativo. - i. Realizar o seguimento material da execución do contrato, para constata que o contratista cumpre as súas obrigacións de execución nos termos acordados no contrato. - iii. Promover as reunións que resulten precisas ao obxecto de solucionar calquera incidente que xurda na execución do obxecto do contrato, sen prexuízo da súa resolución polo órgano de contratación polo procedemento contraditorio que establece o artigo 97 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. - v. Propor a imposición de penalidades por incumprimentos contractuais. - iv. Dar ao contratista as instrucións oportunas para asegurar o efectivo cumprimento do contrato nos termos pactados, que serán inmediatamente executivas en canto poidan afectar á seguridade das persoas ou cando a demora na súa aplicación poida implicar que deveñan inútiles posteriormente en función do desenvolvemento da execución do contrato; nos demais casos, e en caso de mostrar a súa desconformidade o adxudicatario, resolverá sobre a medida a adoptar o órgano de contratación, sen prexuízo das posibles indemnizacións que poidan proceder. - vi. Informar os expedientes de reclamación de danos e prexuízos que suscitase a execución do contrato. ## 22.4. Cumprimento do contrato e recepción da prestación En todo o caso, a figura da ou do responsable do contrato non eximirá á ou ao contratista da correcta execución da prestación pactada, agás que as deficiencias sexan debidas a ordes directas e inmediatas deste, con expresa reserva escrita por parte da ou do contratista, dirixida tanto á propia persoa responsable como ao órgano de Contratación. O contrato entenderase cumprido polo contratista cando este realizase, de acordo cos seus termos e a satisfacción do concello de Cee da totalidade da prestación. O adxudicatario terá dereito ao abono do prezo das prestacións realizadas para a Administración con arranxo ás condicións establecidas no contrato. En todo caso, a súa constatación esixirá por parte da Administración un acto formal e positivo de conformidade dentro do mes seguinte ás realizacións parciais do obxecto do contrato. O contrato executarase con suxeición ao establecido no seu clausulado e nos pregos e de acordo coas instrucións que para a súa interpretación dera á ou ao contratista a persoa responsable do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada pola ou polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, no seu caso, a realización das prestacións contratadas e a corrección dos defectos observados con ocasión da súa recepción. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables á ou ao contratista, segundo informe da persoa responsable do contrato, poderá ser causa de imposición de penalidades ou de rescisión do contrato, a proposta da persoa responsable do contrato. A ou o contratista será a persoa responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiras persoas das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. Terminado o prazo de execución do contrato sen que a Administración formalizase algún dos reparos ou a denuncia á que se refiren os apartados anteriores, a ou o contratista quedará exento de responsabilidade por razón da prestación efectuada. A ou o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre as observacións que se formulen en relación co cumprimento da prestación contratada. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO TERCEIRA. Condicións Especiais de Execución do Contrato ## A. De tipo social: Establécense as seguintes condicións especiais de execución do contrato, de acordo co establecido no artigo 202 da LCSP: - 1º. No caso de novas contratacións ou promocións para postos de traballo de maior cualificación ou de coordinación, durante o período de execución do contrato, a metade deberán ser ocupados por mulleres. - 2º. No caso de novas contratacións durante o proceso de execución do contrato, tamén aquelas de carácter temporal por razóns de reforzo, cando menos a metade das mesmas, realizaranse con base á reinserción laboral de mulleres en condicións especiais (desemprego de longa duración, emprego de mulleres en colectivos de alto desemprego como persoas menores de 35 anos, vítimas de violencia de xénero, entre outras). Para comprobar o cumprimento desta condición o adxudicatario presentará anualmente un informe da plantilla de persoal da empresa con datos desagregados por sexo. O contratista acompañará con documentos da Seguridade Social que xustifiquen os datos presentados no informe. Para comprobar o cumprimento desta condición a empresa ou persoa adxudicataria presentará anualmente un informe da plantilla de persoal da empresa con datos desagregados por sexo. O contratista acompañará con documentos da Seguridade Social que xustifiquen os datos presentados no informe. ## B. De tipo económico: Pagamento a subcontratistas e provedores nos prazos establecidos na normativa relativa a morosidade nas operacións comerciais. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO CUARTA. Outras obrigacións da persoa ou empresa adxudicataria - a) Achegar para a realización do obxecto do contrato os medios materiais e persoais que sexan precisos para a boa execución do servizo e a realización do obxecto do contrato. ## 24.1. Obrigacións en canto á prestación dos servizos - b) Prestar os servizos coa periodicidade e continuidade convida. - c) Velar polo correcto desempeño dos servizos prestados, ditando as oportunas instrucións para que se desenvolvan en condicións de seguridade tanto para as persoas operarias como para persoas usuarias dos mesmos. - e) Facilitar, en calquera momento e a petición do concello de Cee, todos aqueles datos que se lle requiran en relación co contrato de servizos. - d) Facilitar o labor de inspección por parte dos órganos competentes do concello de Cee que se reservan a facultade de efectuar as comprobacións que estimen necesarias sobre a prestación dos servizos e o cumprimento das obrigas contraídas. - f) Incorporar na súa metodoloxía de traballo a perspectiva de xénero. - h) Respectar o principio de non discriminación respecto das empresas de Estados membros da Comunidade Europea ou signatarios do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial do Comercio, nos contratos de subministro consecuencia da xestión de servizos públicos. - g) Indemnizar polos danos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións en desenvolvemento dos servizos contratados, agás cando o dano fora producido por causas imputables á Administración. - i) Garantir e acreditar a formación do persoal nos coñecementos básicos nas materias obxecto do contrato. - m) de conformidade co establecido no artigo 4 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, a persoa ou empresa adxudicataria do contrato está obrigada a fornecer á Administración, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigacións previstas na citada norma, así como naquelas normas que se diten no ámbito municipal. - l) No seu caso, a persoa ou empresa contratista estará obrigada, agás no caso que o órgano de contratación decida xestionalo en por si e así llo faga saber de forma expresa, a xestionar os permisos, licenzas e autorizacións establecidas nas ordenanzas municipais e nas normas de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarias para a execución da prestación dos servizos. ## 24.2. Obrigas en canto a dirección e organización do traballo - a) Velar especialmente por que as traballadoras e traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. A persoa ou empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. De xeito particular terá a obriga de: - b) A cobertura, en todo momento, dos postos de traballo e as súas correspondentes funcións, ofertadas para a contratación. En consecuencia, a entidade efectuará ao seu cargo e inmediatamente as substitucións necesarias do persoal que teña asignado á prestación do servizo, por calquera causa que se produzan, de forma que a execución do contrato quede sempre asegurada. - d) A calidade técnica (titulación, categoría, formación e aptitude profesional) do persoal asignado ao contrato para asegurar a correcta prestación dos servizos. - c) A dotación de persoal necesaria e axeitada, para a execución dos servizos ao seu cargo en cumprimento dos termos contractuais. 4. 24.3. Obrigas laborais e sociais - a) O outorgamento do contrato non suporá en ningún caso a existencia dunha relación funcionarial ou laboral entre a Administración e o persoal que o contratista achegue para a prestación dos servizos. - c) O persoal preciso para a execución do contrato dependerá exclusivamente da empresa ou persoa adxudicataria, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa condición de empregador respecto deste, sendo a Administración contratante allea ás referidas relacións. Xa que logo, en ningún caso poderá alegarse dereito ningún polo referido persoal en relación coa Administración contratante, nin esixírselle a esta, responsabilidades de calquera clase, como consecuencia das obrigas existentes entre o adxudicatario e o seu persoal empregado, aínda no suposto de que os despedimentos ou medidas que a empresa adopte se baseen no incumprimento, interpretación ou resolución do contrato. - b) Á extinción do contrato non poderá producirse en ningún caso a consolidación das persoas que realizaran os traballos obxecto do contrato como persoal do concello de Cee. - d) A empresa contratista comprométese a retribuír axeitadamente ao persoal destinado ao servizo, respectando en todo caso os convenios colectivos aplicables a cada categoría profesional, asumindo de forma directa e non trasladable á Administración contratante o custo de calquera mellora nas condicións de traballo e/ou nas súas retribucións, xa sexa como consecuencia de convenios colectivos, pactos ou acordos de calquera índole, de xeito que, en ningún caso, poderá repercutir as referidas modificacións sobre o importe que se facturará polo servizo. - f) No caso de accidente ou prexuízo de calquera índole ocorrido aos traballadores e traballadoras con ocasión do exercicio dos seus cometidos, o/a adxudicatario/a cumprirá co disposto nas normas vixentes, baixo a súa responsabilidade, sen que estas alcancen de ningún modo á Administración contratante. - e) O/a adxudicatario/a queda obrigado, respecto do persoal destinado ao servizo, ao cumprimento da normativa laboral, da Seguridade Social e de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo que se encontre vixente en cada momento. - g) É responsabilidade da empresa contratista e dos seus encargados impartir aos seus traballadores todas as ordes e directrices para a realización do seu traballo, sendo a Administración Pública allea a estas relacións laborais. Correspóndelle, así mesmo, á entidade contratista a vixilancia do horario de traballo do persoal traballador, as posibles licenzas horarias ou permisos ou calquera outra manifestación das facultades do empregador. Así mesmo, os licitadores ou licitadoras poderán ser requiridos para indicar o convenio colectivo que lle é de aplicación aos traballadores e traballadoras que desenvolvan a actividade obxecto do contrato antes da adxudicación do mesmo ou en calquera momento durante a súa execución. - h) É responsabilidade da empresa contratista facilitarlle aos seus traballadores os medios materiais precisos para levar a termo o seu traballo, agás aqueles que, se é o caso, se indiquen no Prego de Prescricións Técnicas. ## 24.5. Obrigas con respecto á subscrición das pólizas de seguros 1. Unha póliza de seguros de responsabilidade civil por importe, como mínimo de 300.000 euros, que deberá cubrir expresamente a responsabilidade do persoal pertencente ao contratista. No caso de que a póliza de responsabilidade civil non cubra este concepto, poderán presentarse pólizas independentes de responsabilidade civil a terceiros e de responsabilidade do persoal do contratista. a) A persoa ou empresa adxudicataria estará obrigada a constituír con carácter previo á formalización do contrato: 1. Seguro de accidentes dos alumnos da actividade. ## 24.6. Igualdade - b) No momento da formalización do contrato, deberá achegarse unha copia das pólizas subscritas, así como a copia do último recibo acreditativo do pagamento da prima. A empresa que en virtude da preferencia establecida no Artigo 11.4 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, resulte adxudicataria, estará obrigada a manter os parámetros de igualdade durante todo o prazo de duración do contrato. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO QUINTA. Obrigas esenciais cuxo incumprimento pode ser causa de resolución do contrato - a. O cumprimento da proposta do adxudicatario en todo aquilo que sexa obxecto de valoración de acordo cos criterios de adxudicación establecidos para o contrato. Terán a condición de obrigacións esenciais de execución do contrato, as seguintes: - b. As obrigacións establecidas no presente prego de cláusulas administrativas particulares en relación coa adscrición de medios persoais e materiais á execución do contrato. - d. O pago dos salarios ás persoas traballadoras e a súa retención de IRPF, así como o abono puntual das cotas correspondentes á Seguridade Social. - c. O cumprimento estrito das medidas de seguridade e saúde laboral previstas na normativa vixente. Para controlar o cumprimento destas obrigacións contractuais esenciais, o adxudicatario debe presentar trimestralmente ante a unidade administrativa que tramitou o contrato, a seguinte información: - Informe especificativo das actuacións que realiza para o cumprimento das súas obrigacións en materia de seguridade e saúde laboral, indicando as incidencias que se produciron respecto diso en cada trimestre. - Os documentos xustificativos dos pagos salariais e á Seguridade Social. O responsable municipal do contrato elaborará un informe sobre o cumprimento de devandita xustificación. Sen devandito informe favorable non se dará curso ao pagamento da factura correspondente e iniciarase de inmediato un expediente de penalización ou de resolución do contrato, segundo proceda. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO SEXTA. Dereitos económicos do contratista e réxime económico e contable Na factura incluiranse, ademais dos datos e requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, os seguintes extremos previstos no apartado segundo da Disposición adicional trixésimo segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, así como na normativa sobre facturación electrónica: O pagamento dos servizos efectuarase á realización do mesmo previa presentación de factura debidamente conformada, e o informe da xustificación das condicións especiais de execución a que se refire a cláusula anterior; así como previa validación da factura pola persoa responsable do contrato. - a) Que o órgano de contratación é a Xunta de Goberno Local do Concello de Cee. - b) Que o órgano administrativo con competencias en materia de contabilidade pública é a Intervención Municipal. - c) UNIDAD TRAMITADORA: L001150238 OFICINA CONTABLE: L01150238 ÓRGANO GESTOR: L01150238 A factura deberá presentarse en formato electrónico nos supostos que fixa a Lei 25/2013, de 27 de decembro, de Impulso á Factura Electrónica e Creación do Rexistro Contable de Facturas do Sector Público, nestes casos a presentación da factura no Punto Xeral de Acceso equivale á presentación nun rexistro administrativo. 15270 CEE (A Coruña) De acordo co establecido no artigo 198 da LCSP, a Administración terá obrigación de abonar o prezo dentro do trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade dos servizos prestados co disposto no contrato, sen prexuízo do establecido no apartado 4 do artigo 210, e se se demorar, deberá abonar ao contratista, a partir do cumprimento do devandito prazo de trinta días os intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Por outra banda, a Administración deberá aprobar os documentos que acrediten a conformidade co disposto no contrato dos servizos prestados, dentro dos trinta días seguintes á prestación dos servizos. Para que haxa lugar ao comezo do cómputo de prazo para o devengo de xuros, o contratista deberá cumprir a obrigación de presentar a factura ante o rexistro administrativo correspondente nos termos establecidos na normativa vixente sobre factura electrónica, en tempo e forma, no prazo de trinta días desde a data de entrega efectiva da prestación dos servizos. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO SÉTIMA. Subcontratación A subcontratación deberá realizarse cumprindo os requisitos básicos seguintes: Autorízase a subcontratación parcial das prestacións obxecto do contrato nos termos e coas condicións que establece o artigo 215 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. - a) Comunicación previa e por escrito ao Concello do adxudicatario dos datos seguintes en relación con cada subcontrato que pretenda realizar: 2. -Identificación das partes do contrato a realizar polo subcontratista. 3. -Identificación do subcontratista, cos seus datos de personalidade, capacidade e solvencia. 4. -Importe das prestacións a subcontratar. - c) O contratista que subcontrate deberá comprobar con carácter previo ao comezo dos traballos que subcontrate, a afiliación e alta na Seguridade Social dos traballadores que vaian realizar os traballos en cuestión en cumprimento do establecido no Real Decreto-lei 5/2011, de 29 de abril, de medidas para a regularización e control do emprego mergullado e fomento da rehabilitación de vivendas. - b) Non poderá subcontratarse con persoas ou empresas inhabilitadas para contratar coa Administración nin carentes da capacidade, solvencia e habilitación profesional precisa para executar as prestacións concretas que se subcontratan. - d) O contratista deberá informar aos representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. - f) O contratista deberá abonar aos subcontratistas o prezo pactado polas prestacións que realicen como mínimo nos prazos previstos en a Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Para garantir tal cumprimento, con cada facturación ao Concello deberá o contratista achegar o xustificante do pago dos traballos realizados no mes anterior polas empresas ou autónomos que subcontrate no marco do presente contrato. - e) Os subcontratistas quedarán obrigados só ante o contratista principal que asumirá a total responsabilidade da execución do contrato fronte ao Concello, con arranxo estrito aos pregos de cláusulas administrativas particulares e aos termos do contrato, sen que o coñecemento por parte do Concello da existencia de subcontrataciones altere a responsabilidade exclusiva do contratista principal. - e) Dado que no presente contrato hai persoal suxeito á subrogación, véxase a cláusula 36 deste prego. ## CLÁUSULA VIXESIMO OITAVA. Modificacións Contractuais Previstas 15270 CEE (A Coruña) Sen prexuízo dos supostos previstos na LCSP respecto da sucesión na persoa da ou do contratista, da cesión do contrato, da revisión de prezos e ampliación do prazo de execución, o contrato soamente poderá ser modificado por razóns de interese público, de conformidade co procedemento establecido nos artigos 191 e 207 da LCSP, cando se dea algún dos seguintes supostos: 2. Modificacións non previstas no prego de cláusulas administrativas particulares: excepcionalmente, cando sexa necesario realizar unha modificación que non estea prevista no prego, sempre que se dea algún dos supostos establecidos no artigo 205 da LCSP e que se limite a introducir as variacións estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. 1. Modificacións previstas no prego de cláusulas administrativas particulares: cando así se prevexa nas cláusulas particulares deste prego, nos termos e condicións establecidos no artigo 204 da LCSP. As modificacións do contrato deberán formalizarse e publicarse no Perfil de Contratación. Nos casos en que a determinación do prezo se realice mediante unidades de execución, non terán a consideración de modificación as variacións que durante a correcta execución da prestación se produzan exclusivamente no número de unidades realmente executadas sobre as previstas no contrato, as cales poderán ser recollidas na liquidación, sempre que non representen un incremento do gasto superior ao 10 % do prezo do contrato. ## CLÁUSULA VIXÉSIMO NOVENA. Sucesión na Persoa do Contratista É obrigación do contratista comunicar fidedignamente á Administración calquera cambio que afecte á súa personalidade xurídica, suspendéndose o cómputo dos prazos legalmente previsto para o abono das facturas correspondentes ata que se verifique o cumprimento das condicións da subrogación. Nos casos de fusión, escisión, achega ou transmisión de empresas ou ramas de actividade das mesmas continuará o contrato vixente coa entidade resultante, que quedará subrogada nos dereitos e obrigacións dimanantes do mesmo, se se producen as condicións esixidas no artigo 98 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Se non puidese producirse a subrogación por non reunir a entidade á que se atribúa o contrato as condicións de solvencia necesarias, resolverase o mesmo, considerándose para todos os efectos como un suposto de resolución por culpa do contratista. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMA. Cesión do Contrato - a) Que o órgano de contratación autorice, de forma previa e expresa, a cesión. 2. O contrato poderá ser obxecto de cesión cos límites e requisitos do artigo 214 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público: - b) Que o cedente teña executado polo menos un 20 por 100 do importe do contrato - d) Que a cesión se formalice, entre o adxudicatario e o cesionario, en escritura pública. - c) Que o cesionario teña capacidade para contratar coa Administración e a solvencia que resulte exixible en función da fase de execución do contrato, debendo estar debidamente clasificado se tal requisito foi esixido ao cedente, e non estar incurso nunha causa de prohibición de contratar. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMA PRIMEIRA. Penalidades por Incumprimento Cando a ou o contratista, por causas que lle sexan imputables, incumprise parcialmente a execución das prestacións definidas no contrato a Administración poderá optar, atendidas as circunstancias do caso, pola súa resolución ou pola imposición das penalidades previstas, no seu caso, nas cláusulas particulares deste prego. ## 31.1. Incumprimento parcial ou cumprimento defectuoso Considéranse moi grave os incumprimentos por parte do adxudicatario de calquera das condicións especiais de execución establecida na cláusula 23 deste prego de cláusulas particulares. Estes incumprimentos contractuais moi graves levarán a imposición das penalidades coercitivas de entre o 5 % e o 10 % do prezo de adxudicación IVE excluído, por cada infracción e/ou día de incumprimento de prazos en función de gravidade, reincidencia e mala fe na comisión da infracción. Estes incumprimentos serán causa de resolución do contrato, agás que se considere que a actuación é illada e susceptible de recondución, e que a resolución do contrato non resulta conveniente para o interese do servizo en cuestión, nese caso substituirase pola penalización correspondente. As penalidades polo incumprimento parcial ou cumprimento defectuoso que non revistan o carácter moi grave deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e as contías de cada unha delas non poderán ser superiores ao 10 % do prezo do contrato, IVE excluído, nin o total delas superar o 50 % do prezo do contrato. ## 31.2. Demora na execución No caso de incumprimentos por parte do adxudicatario de aspectos da súa oferta, a indemnización que se esixirá ao contratista incorporará a diferenza que no seu caso exista entre a súa oferta e a de o seguinte contratista ao que se adxudicou o contrato sen ter en conta o criterio que non cumpriu o adxudicatario. Cando a ou o contratista, por causas que lle sexan imputables, incorrera en demora respecto ao cumprimento na prestación dos servizos, a Administración poderá optar, atendidas as circunstancias do caso, pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,60 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato, IVE excluído. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, IVE excluído, o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Debido ao tipo de prestación da que se trata, non é posible a ampliación do prazo en caso de incumprimento. Será causa de resolución o atraso inxustificado nos prazos establecidos no prego ou no ## 31.3. Procedemento para a imposición das penalidades contrato, en calquera actividade, por un prazo superior a un terzo do prazo de duración inicial do contrato, incluídas as posibles prórrogas. As penalidades imporanse por acordo do órgano de Contratación a proposta da persoa responsable do contrato, que será inmediatamente executivo, e faranse efectivas mediante a dedución das cantidades que, en concepto de pagamento total ou parcial, se lle deban aboar á ou ao contratista. Se xa non existisen cantidades pendentes de pago, poderanse facer efectivas contra a garantía definitiva e se esta non alcanzase o montante da penalización, poderase reclamar pola vía administrativa de prema por considerarse ingreso de dereito público. Para a imposición destas penalizacións e indemnizacións por incumprimentos contractuais seguirase un expediente contraditorio sumario, no que se concederá ao contratista un prazo de alegacións de 5 días naturais tras formularse a denuncia. Ditas alegacións e o expediente de penalización será resolto, previo informe do responsable municipal do servizo e informe xurídico, polo Sr. Alcalde ou Concelleiro/a en quen delegue, resolución que porá fin á vía administrativa. O inicio do expediente para a imposición destas penalidades polo Concello realizarase no momento en que teña coñecemento por escrito dos feitos. No entanto, se se estima que o incumprimento non vai afectar á execución material dos traballos de maneira grave ou que o inicio do expediente de penalización pode prexudicar máis á marcha da execución do contrato que beneficiala, poderá iniciarse devandito expediente en calquera momento anterior á terminación do prazo de garantía do contrato. ## 31.4. Danos e perdas Nos supostos de incumprimento parcial ou cumprimento defectuoso ou de demora na execución nos que non estea prevista penalidade ou que, estándoo, esta non cubrise os danos causados á Administración, esta esixiralle á ou ao contratista a indemnización polos danos e perdas. Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº As penalizacións que se impoñan ao adxudicatario son independentes da obligación do contratista de indemnizar polos danos e prexuízos que o seu incumprimento ocasione ao Concello ou a terceiros con dereito a repetir contra o Concello. Será obriga da ou do contratista indemnizar todos os danos e perdas que se lle causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato, nos termos establecidos no artigo 196 da LCSP. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMA SEGUNDA. Réxime sancionador As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves. Ademais das penalidades establecidas na cláusula anterior, o concello poderá esixir responsabilidade ao contratista pola infracción dos seus deberes con independencia do procedente respecto á extinción do contrato. ## 1º. Consideraranse Faltas Leves: -  Desobediencia leve das ordes que emanan da dirección do Servizo que se diten para a eficaz e normal prestación do mesmo. -  Retraso ou descoido no cumprimento das obrigas. -  En xeral, a falta de puntualidade ou o incumprimento dos seus deberes por neglixencia ou descoido escusable. ## 2º. Consideraranse Faltas Graves: -  Todas as demais infraccións que non sexan graves ou moi graves. -  Trato incorrecto dos/as empregados/as da empresa cos/as usuarios/as. -  Desobediencia grave das ordes que emanan da dirección do Servizo que se diten para a eficaz e normal prestación do mesmo. -  A falsidade ou falsificación dos servizos. -  En xeral, o incumprimento grave dos deberes e obrigas co usuario/a e a comisión de tres faltas leves no transcurso dun ano. ## 3º. Consideraranse Faltas moi graves: -  Non gardar o debido segredo profesional respecto dos asuntos que se coñezan en razón do servizo prestado e que prexudique ao/á usuario/a ou ás familias empregándoo en proveito propio. -  A acumulación ou reiteración de tres faltas graves cometidas no transcurso dun ano. -  A notoria falla de rendemento, a prestación incorrecta e defectuosa do Servizo, tanto na súa calidade como na cantidade. -  Abandono do servizo, as faltas repetidas de puntualidade, a neglixencia ou descoido continuado. -  A negativa infundada a realizar os servizos ou tarefas ordenados por escrito polo persoal técnico municipal ou persoas responsables, sempre que esta sexa unha actitude directamente imputable á empresa ou a súa directiva. -  As ofensas verbais ou físicas ou o trato vexatorio as persoas beneficiarias do servizo. -  Calquera conduta constitutiva de delito, especialmente as coaccións e roubo ós/ás usuarios/as do servizo. As sancións que se poderán impoñer á empresa contratista, e que se reducirá na factura mensual, como resultado do expediente sancionador instruído a tal efecto serán como mínimo, e sen prexuízo doutras sancións, as seguintes: -  No caso de faltas graves; multa de 301 a 900 euros. -  No caso de faltas leves; multa de ata 300 euros. -  No caso de faltas moi graves; multa de 901 a 1.800 euros. A imposición de sancións requirirá a tramitación do oportuno expediente sancionador. En dito procedemento darase audiencia ao contratista, practicarase a información e proba necesaria para a xustificación dos feitos, e observaranse as garantías xurídicoadministrativas prescritas pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no que resulte aplicable. A resolución do expediente será competencia do órgano de contratación. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMO TERCEIRA. Suspensión do Contrato Se a Administración acordase a suspensión do contrato, ou esta tivese lugar pola aplicación do disposto no artigo 198.5 da LCSP, estenderase unha acta, de oficio ou a solicitude da ou do contratista, na que se consignarán as circunstancias que a motivaron e a situación de feito na execución daquel. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMO CUARTA. Resolución do Contrato Ademais o contrato poderá ser resolto polo órgano de contratación cando se produza o incumprimento nos prazos contemplados nos pregos que rexen o mesmo fixados para a execución do contrato que faga presumiblemente razoable a imposibilidade de cumprir satisfactoriamente co servizo, sempre que o órgano de contratación non opte pola imposición das penalidades de conformidade coa cláusula 31. A resolución do contrato terá lugar nos supostos que se sinalan neste Prego e nos fixados nos artigos 211 e 313 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, e acordarase polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista. Así mesmo serán causas de resolución do contrato ao abeiro do artigo 211,f) da LCSP as establecidas como obrigacións esenciais polo órgano de contratación. Cando o contrato se resolva por culpa do contratista, incautarase a garantía definitiva, sen prexuízo da indemnización polos danos e prexuízos orixinados á Administración, no que excedan do importe da garantía. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMO QUINTA. Confidencialidade e tratamento de datos A empresa adxudicataria (como encargada do tratamento de datos) e o seu persoal en cumprimento dos principios de integridade e confidencialidade deben tratar os datos persoais aos que teñan acceso de forma que garantan una seguridade axeitada incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental, mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas de conformidade co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e no Regulamento 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos), nos termos que se detallan no Prego de Prescricións Técnicas. ## 35.1. Confidencialidade Esta obrigación é complementaria dos deberes de segredo profesional e subsistirá aínda que finalice o contrato co responsable do tratamento dos datos. En cumprimento do disposto na LOPD e no Regulamento xeral de protección de datos, os licitadores quedan informados de que os datos de carácter persoais que, no seu caso, sexan recollidos a través da presentación da súa oferta e demais documentación necesaria para proceder á contratación serán tratados por este Concello coa finalidade de garantir o axeitado mantemento, cumprimento e control do desenvolvemento do contrato. ## 35.2. Tratamento de Datos ## CLÁUSULA TRIXÉSIMO SEXTA. Persoal a subrogar Cando unha norma legal, un convenio colectivo ou un acordo de negociación colectiva de eficacia xeral, impoña ó adxudicatario a obriga de subrogarse como empleador en determinadas relacións laborais, os servizos dependentes do órgano de contratación deberán facilitar ós licitadores, no propio prego, a información sobre as condiciones dos contratos dos traballadores ós que afecte a subrogación, que resulte necesaria para permitir unha exacta avaliación dos costes laborais que implicará tal medida, información que se facilita en cumprimento do previsto no artigo 130 LCSP. Para coñecemento dos licitadores, a relación indicativa do persoal que actualmente ven desenvolvendo o servizo das actividades docentes na Escola de Música de Cee, facilitada pola empresa Sons da Costa Soc. Coop. Galega, é a que segue: EMPRESA: SONS DA COSTA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA CONVENIO DE APLICACIÓN: ENSEÑANZA E FORMACIÓN NON REGRADA CÓDIGO Nº: 99008825011994 <!-- image --> | Apellidosy Nombre | Categoria | Tarifa | Antigjiedad | Cod.Contrato | Fin Contrato | Coeficiente | Horas trabajadas | BrutoAnual | S.S.Empresa | |---------------------|-------------|----------|---------------|----------------|----------------|---------------|--------------------|--------------|---------------| | PROFESOR1 | PROFESOR | 02 | 03/12/2012 | 250 | 00/00/0000 | 0,412 | 14horassemanales | 13.263,24 | 4.264,08 | | PROFESOR2 | PROFESOR | 02 | 03/12/2012 | 289 | 00/00/0000 | 0,412 | 14horassemanales | 9.203,91 | 3.172,60 | | PROFESOR3 | PROFESOR | 2 | 04/12/2013 | 289 | 00/00/0000 | 0,294 | 10horassemanales | 12.942,72 | 3.812,96 | | PROFESOR4 | PROFESOR | 02 | 06/10/2022 | 300 | 00/00/0000 | 0,191 | 6,5horassemanales | 6.545,52 | 2.104,32 | | PROFESOR5 | PROFESOR | 02 | 10/10/2022 | 300 | 00/00/0000 | 0,147 | 5horassemanales | 3.609,63 | 1.160,55 | | PROFESOR6 | PROFESOR | 02 | 03/10/2023 | 300 | 00/00/0000 | 0,147 | 5horassemanales | 3.609,63 | 1.160,55 | | PROFESOR7 | PROFESOR | 02 | 09/01/2024 | 389 | 00/00/0000 | 0,147 | 5horassemanales | 3.609,63 | 1.160,55 | | PROFESOR8 | PROFESOR | 02 | 06/10/2025 | 300 | 00/00/0000 | 0,147 | 5horassemanales | 3.609,63 | 1.160,55 | | PROFESOR9 | PROFESOR | 02 | 06/10/2025 | 300 | 00/00/0000 | 0,147 | 5horassemanales | 3.609,63 | 1.160,55 | | PROFESOR10 | PROFESOR | 2 | 09/10/2025 | 300 | 00/00/0000 | 0,147 | 5horassemanales | 3.609,63 | 1.160,55 | | | | | | | | | TOTALANUAL | 63.613,17 | 20.317,26 | Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E ## Así mesmo a empresa que presta o servizo a día de hoxe declara: - X Non existen salarios pendentes de pago ao persoal adscrito ao servizo. - X Non existen reclamacións xudiciais pendentes relacionadas co persoal adscrito ao servizo. - X Non existen cotizacións pendentes. A empresa adxudicataria se subrogará, no seu caso, respecto ao persoal que actualmente está a desenvolver os traballos que figuran anteriormente e de conformidade co Convenio de Fomación e Ensinanza non reglada, en cumprimento dos disposto polo articulo 133 da L. C.S. P., e iso de conforme o disposto no art. 44 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. En todo caso, o persoal que se atope traballando en cada momento deberá ser o necesario para que os usuarios reciban un servizo adecuado, garantindo mediante as suplencias que resulten oportunas a dispoñibilidade de persoal en número e coa cualificación necesaria para a prestación do servizo. - O contratista está obrigado a dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais suficientes para iso, para realizar de forma óptima a prestación do servizo, constituíndo con estes unha relación laboral. - Dado o tipo de actividade o contratista deberá presentar un Certificado da empresa de obter do profesorado o Certificado de penais - En caso de novas contratacións por substitucións, baixas… deberá previamente comunicalo ao Concello. - O persoal que o empresario destine á execución do contrato non terá vinculación laboral ou doutro tipo co Concello, por canto aquel queda expresamente sometido ao poder direccional e de organización da empresa adxudicataria, sen prexuízo das facultades de control e inspección correspondentes ao órgano de contratación. - -O contratista esta obrigado ao cumprimento das disposicións vixentes en materia administrativa, fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do medio ambiente que se establezan tanto na normativa vixente como nos pregos que rexen a presente contratación sen que o Concello responda nin directa nin subsidiariamente do cumprimento destas obrigacións. En xeral, responderá de cantas obrigacións véñanlle impostas polo seu carácter de empresario, así como do cumprimento de todas as normas que regulen e desenvolvan a relación laboral ou doutro tipo existente cos seus subcontratistas ou con traballadores dun e outro. - O contratista deberá indemnizar ao Concello polos danos e perdas de calquera natureza que lle poida ocasionar o incumprimento por parte do contratista das obrigacións laborais e de Seguridade Social. - A requirimento do Concello, o contratista deberá xustificar o cumprimento das devanditas obrigacións, facendo entrega da documentación que o acredite. Todos os meses, deberá presentar, o documento TC2 de cotización á Seguridade Social - -No momento da extinción do contrato non poderá producirse en ningún caso a consolidación das persoas que realizasen os traballos obxecto do contrato como persoal do Concello contratante. - Cumprir as obrigacións que se deriven do seu carácter de empresario, respecto ao persoal que contrate para a execución dos traballos convidos, sendo facultade da empresa a organización do traballo e a disciplina do seu persoal. - A empresa designará a unha persoa encargada do bo funcionamento, calidade e eficiencia da prestación do servizo, a través da cal o Concello manterá as correspondentes relacións respecto ao servizo, conforme as prescricións técnicas. correo@cee.gal www.cee.gal Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E correo@cee.gal www.cee.gal - Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nestes pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento daqueles requisitos. - A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigas derívense da relación contractual entre empregado e empleador. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo, informando en todo momento á entidade contratante. - A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen excederse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nestes pregos como obxecto do contrato. - En caso de folga a empresa estará obrigada a prestar os servizos mínimos que fixe a administración competente. Previa celebración deberá presentar ao Concello un informe proposta de servizos mínimos, informar das incidencias da folga e posteriormente, no prazo de 7 días, presentará informe dos servizos prestados e o número de horas ou servizos que, no seu caso, deixáronse de prestar. Unha vez comprobados os incumprimentos producidos como consecuencia da folga valorarase a dedución que corresponda á factura do período. - O concerto e pagamento do seguro de riscos derivados de posibles accidentes de traballo, así como toda clase de seguros creados ou que en diante foren esixibles, a cuxo efecto deberá ter sempre a disposición do Concello os documentos que acrediten o cumprimento das devanditas obrigacións. ## CLÁUSULA TRIXÉSIMO SÉPTIMA. Réximen xurídico do contrato. Este contrato ten carácter administrativo e a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción rexerase polo establecido neste Prego, e para o non previsto nel, será de aplicación a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, o Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e o Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas e estea vixente tras a entrada en vigor do Real Decreto 817/2009; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. A Orde Xurisdicional Contenciosa-Administrativo será o competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes no presente contrato de conformidade co disposto no artigo 27.1 Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Asinado dixitalmente ao marxe. Alcaldesa do Concello de Cee. Dª Margarita Lamela Louzán. ## ANEXO I. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE D.\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_, con DNI \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ e domicilio en \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ no municipio de \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ provincia de \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ en nome propio ou en representación da empresa \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_, con CIF\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_e domicilio social en \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ á que representa no procedemento de adxudicación do contrato de 'Servizos Escola de Música do Concello de Cee ' , segundo poder vixente ao día da data, declara de forma responsable ante o órgano de contratación do Concello de Cee: ## Primeiro.- - Que a empresa á que represento dispón de capacidade de obrar e xurídica e da habilitación profesional, necesaria para concertar co Concello de Cee a execución do contrato de 'Servizo da Escola de Música do Concello de Cee ' . - O obxecto social da empresa comprende a actividade obxecto deste contrato, de acordo co recolleito no artigo \_\_\_\_\_\_\_ dos seus estatutos sociais, estatutos que se atopan correctamente inscritos nos rexistros correspondentes na seguinte inscrición \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ (indicar os datos de inscrición e do Rexistro). ## Segundo.- - Que nin quen subscribe esta declaración persoalmente, nin a empresa, en cuxo nome actúa, nin os seus administradores ou órganos de dirección están incursos en prohibicións de contratar coa Administración das previstas nos artigos 71 e 140.1.a) 3º da Lei de Contratos do Sector Público. ## Terceiro.- - Que a citada empresa atópase, nestes momentos, ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, nos termos en que estas se definen nos artigos 13 e 14 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro (en diante RGLCSP), e non ten débedas tributarias pendentes de pago co Concello de Cee nos termos previstos no artigo 7.1 d) do Real Decreto citado anteriormente. ## Cuarto.- Que a empresa á que represento non se atopa dada de baixa no Imposto de Actividades Económicas na matrícula correspondente, segundo o artigo 15 do RGLCSP e no seu caso (marcar o que proceda): - Epígrafe ou epígrafes de matricula do imposto (IAE) nos que está dado de alta: \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ - Estar exento do pago do imposto (IAE): (Indicar:□ si/□non) - Estar ao corrente no pago do Imposto (IAE): (Indicar:□ si/□non) ## Quinto. - Estar inscrito no Rexistro Xeral de licitadores e empresas clasificadas do Estado ou/e no Rexistro Xeral de Contratistas da Xunta de Galicia (creado por Decreto 262/2001): - Rexistro Xeral de licitadores e empresas clasificadas do Estado: (Indicar:□ si/□non) co nº de inscrición\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_manifestando que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación, de acordo co previsto no artigo 140.3 da LCSP. - Rexistro Xeral de Contratistas da Xunta de Galicia: Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E correo@cee.gal www.cee.gal Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E Teléfono: 981 745 100 Fax: 981 746 757 correo@cee.gal www.cee.gal (Indicar: □ si/□non) co nº de inscrición\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_manifestando que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación, de acordo co previsto no artigo 140.3 do LCSP. ## Sexto.- Que, conforme ao artigo 42.1 do Código de Comercio, a empresa á que represento (marcar o que proceda) : - [ ] □ Non pertence a un grupo de empresas. - [ ] □ Pertence ao grupo de empresas \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_(Adxunto anexo coa relación das empresas pertencentes ao grupo). Que a esta licitación presentarán ofertas as seguintes empresas integradas no mesmo grupo empresarial do que forma parte a que represento: \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ ## Sétimo.- Que, de acordo co sinalado no art. 140.1a) 2º da LCSP, cumpre todas as condicións establecidas no PCAP de capacidade de obrar e xurídica, da habilitación profesional, clasificación e/ou solvencias económica, financeira, técnica ou profesional para contratar con esa administración local (Concello de Cee), esixidas polo art. 140.1 da LCSP, en relación coa cláusula Oitava do Prego de Cláusulas Administrativas relativo á aptitude para contratar e á solvencia técnica, económica e financeira. ## Oitavo.- Que aos efectos do artigo 133 da LCSP, declaro constitutivos de seren confidenciais, os seguinte documentos administrativos: ( Relacionar). \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ ## Noveno.- Que a oferta que presento garante, respecto dos/das traballadores/as e procesos produtivos empregados na elaboración dos produtos e/ou servizos, así como na execución do contrato, o cumprimento das obrigacións ambientais, sociais e laborais derivadas dos convenios colectivos aplicables, o Dereito español e da UE, así como das disposicións de Dereito internacional sobre estas materias subscritas pola Unión Europea. ## Décimo.- Que (Indicar: □ si/□non) acepto o correo electrónico para recibir notificacións e comunicacións relacionadas co presente expediente na seguinte dirección:\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ (de acordo co art. 151.3 e coa disposición adicional décimo quinta.1 da Lei 9/2017) ## Décimo Primeiro.- - A declaración responsable á que se refiren os parágrafos anteriores faise sen prexuízo da obriga de xustificar documentalmente ditas circunstancias, no suposto de resultar proposto como adxudicatario do contrato, no prazo que sinale o órgano de contratación anterior á adxudicación definitiva do contrato. - Declaro para os efectos do previsto no art. 140 do LCSP, que posúo ou a empresa á que represento posúe todos estes requisitos no momento de presentación da presente declaración responsable, e autorizando expresamente ao Concello de Cee a solicitar os datos e información respecto diso que precise para a súa verificación. Décimo Segundo.-(Indicar: □ si/□non) Disposición dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata o remate do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior ao Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E Teléfono: 981 745 100 Fax: 981 746 757 correo@cee.gal www.cee.gal valor estimado do contrato, co compromiso da súa renovación ou prórroga que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. E para que conste e xurdan os efectos no expediente ao que se refire a proposición á que se incorpora esta declaración responsable, asino a presente declaración responsable En\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_a\_\_\_\_\_\_\_ de\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_de 2026. Asdo.: \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E Teléfono: 981 745 100 Fax: 981 746 757 correo@cee.gal ## ANEXO II. DECLARACIÓN DE EMPRESAS VINCULADAS (SOBRE A) D.\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_, con DNI \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ e domicilio en \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ no municipio de \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ provincia de \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ en nome propio ou en representación da empresa \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_, con CIF\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_e domicilio social en \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_ á que representa no procedemento de adxudicación do contrato de 'Servizos da Escola de Música do Concello de Cee ' , segundo poder vixente ao día da data, declara de forma responsable ante o órgano de contratación do Concello de Cee : - [ ] □ Que a empresa que represento ten vinculación coas seguintes empresas: Denominación social CIF da empresa - [ ] □ Que a empresa que represento NON ten vinculación con ningunha empresa: Para que así conste asina a presente declaración en \_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_\_, a \_\_\_\_ de \_\_\_\_\_\_ de 2026. Asdo.- www.cee.gal Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E ## ANEXO III. MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA (SOBRE B) ## PROPOSICIÓN ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN CUANTIFICABLE DE FORMA AUTOMÁTICA D..............................................., con DNI núm. ...................., en nome propio (ou en representación de.................), informado da licitación para a contratación do servizo da Escola de Música, solicita a súa admisión ao mesmo e fai constar: - 1.- Que acepta integramente os pregos de bases técnicas e condicións administrativas. - 2.- Propón como prezo do contrato o de.................euros/ curso (9 meses, de outubro a xuño) - 3.- O desglose desta proposición, (actividades complementarias de mellora) conforme ao cláusula 10.B.2. do Prego de cláusulas administrativas reguladora da presente licitación, é o seguinte: - a) Compromiso de realizar cursos/talleres de música destinados ós usuarios/as da Escola impartidos por profesorado da Escola ou profesorado invitado: - [ ] □ 1 curso, 2 puntos - [ ] □ 2 cursos, 4 puntos - [ ] □ 3 cursos, 6 puntos - b) Compromiso de realizar charlas/concertos didácticos sobre diferentes aspectos musicais para alumnos doutros centros educativos: - [ ] □ 1 charla, 2 puntos - [ ] □ 2 charlas, 4 puntos - [ ] □ 3 cursos, 6 puntos - c) Compromiso de colaboración coas entidades e asociacións culturais municipais para actividades realizadas no concello: - [ ] □ 1 colaboración, 2 puntos - [ ] □ 2 colaboracións, 4 puntos - [ ] □ 3 cursos, 6 puntos - [ ] d) Compromiso de realizar talleres/actividades musicais abertas a toda a poboación - [ ] □ 1 taller, 3 puntos - [ ] □ 2 talleres, 6 puntos - e) Compromiso para a celebración de concertos a cargo de diferentes agrupacións de alumnos da Escola, independentemente dos que se celebran en nadal e fin de curso: - [ ] □ 1 concerto, 3 puntos - [ ] □ 2 concertos, 6puntos Lugar, data e sinatura do licitador. correo@cee.gal www.cee.gal