inf serviz cultur necesidade.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua XMCR/pls Refª: ispac5545603424099209968.doc Asunto: INFORME DO SERVIZO DE CULTURA, TURISMO E PROMOCIÓN DA LINGUA ASUNTO: CONTRATACIÓN DO CONCERTO DE LUCHO RK O DÍA 7 DE OUTUBRO DENTRO DO PROGRAMA DE SAN FROILÁN 2026. A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua ten entre as súas funcións principais a promoción, organización, desenvolvemento e xestión da actividade cultural do Concello de Lugo, xestionando as instalacións e equipamentos municipais de interese cultural. Entre estas competencias tamén figura a organización das Festas de San Froilán. Por parte do órgano de contratación desta Área, segundo as necesidades expostas conforme a súa proposta, en base as súas características intrínsecas que, segundo se manifesta, non permite o seu sometemento á libre concorrencia, considérase necesaria a contratación que a continuación se detalla, nos seguintes termos: <<PROPOSTA DO ILMO. TENENTE DE ALCALDESA DA ÁREA DE CULTURA A Área de Cultura ten entre as súas funcións principais a promoción, a organización, o desenvolvemento e a xestión da actividade cultural do Concello de Lugo, xestionando as instalacións e equipamentos municipais de interese cultural, recibindo a estes efectos diversas propostas artísticas e culturais. Entre estas competencias figura a organización das Festas de San Froilán e no seu desenvolvemento recibo diversas propostas artísticas e culturais para a programación dos festexos. Logo da súa consideración e valoración xunto ao persoal do Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua seleccionáronse pola súa calidade artística e cultural as distintas propostas coa que se conforma o programa do San Froilán 2026. Un deses proxectos, enmarcado no programa de concertos do San Froilán, en concreto para o mércores 7 de outubro na praza Horta do Seminario ás 18:00 horas, foi o presentado por EIDON MÚSICA SRL e trátase do concerto de Lucho RK, artista nacido en Gran Canaria, é unha das promesas máis destacadas da nova escena urbana en España. O seu estilo versátil, influenciado por ritmos latinos e unha ampla gama musical, impulsouno a unha carreira meteórica. En 2024, dá un gran paso con “QUEN ESTÁ AQUÍ?”, o seu primeiro EP onde fusiona sons urbanos cunha proposta fresca e emotiva. Con tan só uns anos no panorama musical, Lucho RK logrou construír unha carreira meteórica, destacando tanto polos seus traballos propios como polas súas colaboracións. O seu estilo, influenciado por unha gran variedade de ritmos latinos e enriquecido polos seus amplos gustos musicais, convérteo nun creador versátil e cheo de potencial. En 2024 lanzou QUEN ESTÁ AQUÍ?, unha mixtape de nove cancións que funcionou como carta de presentación e confirmou o potencial dun artista capaz de moverse entre distintos rexistros sen perder personalidade. Desde entón, Lucho RK viviu unha evolución constante, encadeando singles virais e colaboracións de alto nivel que impulsaron o seu crecemento dentro da escena. Tras romper o silencio con ‘ACELERÁ’ e protagonizar xunto a Quevedo unha das colaboracións 1 )6202/90/12 :AHCEF( ieR oaC leunaM ésoX-***165*** ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.