Informe de valoración de los criterios de adjudicación cuantificables mediante juicio de valor

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo Expediente núm.: 03/2026 (electrónico nº 98/2026) Informe Procedemento: Contratacións Asunto: 03/2026 - PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN A MENORES DE 3 A 12 ANOS CO OBXECTIVO DE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA ## INFORME TÉCNICO SOBRE A VALORACIÓN DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DEPENDENTES DE XUÍZO DE VALOR DAS OFERTAS PRESENTADAS E ADMITIDAS Á vista da solicitude da Mesa de Contratación do procedemento sinalado no encabezado, en sesión celebrada no día 17/03/2026, a técnica que subscribe procede a realizar o informe sobre a valoración dos criterios de adxudicación dependentes de xuízo de valor das ofertas presentadas e admitidas, e seu caso, da exclusión da oferta por incumprimentos cos pregos. ## A CUMPRIMENTO DE REQUISITOS ESIXIDOS NA CLÁUSULA 6ªA DO PCAP A cláusula 6ª A do PCAP establece: ## '''''CRITERIO AVALIABLE MEDIANTE XUÍZO DE VALOR: programa de actividades (puntuación total máxima 50 puntos) Non poderá incluírse información que permita coñecer a oferta económica ou determinar a puntuación que acadaría en base aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas, que se incluirá noutro arquivo. O incumprimento desta condición por parte dunha proposición dará lugar a súa exclusión do procedemento de adxudicación. Esíxese que a puntuación total obtida por este criterio debe ser igual ou superior a 25 puntos, xa que se non a alcanzara algunha das propostas, non se procederá a valorar a documentación presentada para a súa valoración automática mediante a aplicación de fórmulas. O/os adxudicatario/s debe/n levar a cabo a atención aos menores de acordo cos horarios e tipo actividades especificadas no punto 6 do PPT. As empresas licitadoras deberán presentar unha proposta de actividades na que se terán en conta aspectos como a adaptación ás diferentes idades, a variedade e orixinalidade das actividades propostas e o material a utilizar. A estes efectos: ## Para o LOTE 1: Sanxenxo Concilia. Programa de actividades Os licitadores deberan presentar unha programación por quincenas para os meses de xullo e agosto e para os días do servizo nos meses de xuño e setembro. Cada unha delas cunha temática e fío condutor que deberá guiar o desenvolvemento das actividades especificando os seguintes puntos: temática da quincena e dias de xuño e setembro, día a desenvolver a actividade, nome da actividade, breve descrición, grupo de idade á que vai dirixida e material a <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo utilizar. Así mesmo, tal e como se especifica no punto 6 do PPT, deberán programarse ao menos dúas saídas semanais á praia e/ou para o coñecemento dos recursos culturais e naturais da contorna. Para o caso de que as circunstancias meteorolóxicas non permitan estas saídas, deberán programarse actividades alternativas. Estas saídas non serán obrigatorias nos meses de xuño e setembro. Presentarase un único documento en formato PDF non superior a 45 páxinas con marxes superior e inferior de 2,5 cm. e esquerdo e dereito de 3 cm., fonte Arial, tamaño 11, espazo entre liñas 1,5 e espazo entre parágrafos 12. No caso de táboas o tamaño da fonte poderase reducir a 9 e o interlineado a 1. O contido debe ser claro e preciso limitándose aos datos solicitados. Todo o que exceda do número de páxinas establecido non se terá en conta ao valorar e puntuar as ofertas. ## Para o LOTE 2: Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal. Programa de actividades Os licitadores deberán presentar unha programación de actividades para cada un dos obradoiros especificando os seguintes puntos: temática, día a desenvolver a actividade, nome da actividade, breve descrición, grupo de idade á que vai dirixida e material a utilizar. Presentarase un único documento en formato PDF non superior a 20 páxinas con marxes superior e inferior de 2,5 cm. e esquerdo e dereito de 3 cm., fonte Arial, tamaño 11, espazo entre liñas 1,5 e espazo entre parágrafos 12. No caso de táboas o tamaño da fonte poderase reducir a 9 e o interlineado a 1. O contido debe ser claro e preciso limitándose aos datos solicitados. Todo o que exceda do número de páxinas establecido non se terá en conta ao valorar e puntuar as ofertas. A valoración deste criterio farase, para os dous lotes, segundo a seguinte táboa: | Valoración | Relación das actividades coa temática da/o quincena/obradoiro | Actividades adaptadas por franxas de idades | Variedade e orixinalidade das actividades | Material a utilizar | |--------------|-----------------------------------------------------------------|-----------------------------------------------|---------------------------------------------|-----------------------| | Moi boa | 12,5 | 12,5 | 12,5 | 12,5 | | Boa | 8 | 8 | 8 | 8 | | Aceptable | 4 | 4 | 4 | 4 | | Mala | 0 | 0 | 0 | 0 | ''''''' Concorren ao procedemento para o Lote 1 as seguintes entidades: Axiña Servizos Deportivos, S.L., Elisa Estévez Rodríguez, Nordelaina, S.L.U., Silvia Calvelo Rodríguez, Sonaga Gestión, S.L., Sportmadness Eventos, S.L.; Supernova Asistencias, S.L.U. Concorren ao procedemento para o Lote 2 as seguintes entidades: Asociación Xuvenil Saraiba do Mar, Axiña Servizos Deportivos, S.L., Elisa Estévez Rodríguez, Silvia Calvelo Rodríguez, Sonaga Gestión, S.L. As ofertas para os dous lotes cumpren os requisitos esixidos na cláusula 6ª A. do PCAP. ## B VALORACIÓN DAS MEMORIAS DA PRESTACIÓN DO SERVIZO (ARQUIVO ELECTRÓNICO B) <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo ## LOTE 1 - PROGRAMA SANXENXO CONCILIA AXIÑA SERVIZOS DEPORTIVOS, S.L. - -Relación das actividades coa temática da quincena: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos períodos de realización do programa establecendo ademais un fío condutor para todos eles. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a oferta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade e propón actividades diferentes en todas as xornadas para eles. Valórase positivamente a concreción de medidas de atención á diversidade. Puntuación: 12,5 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta cunha boa variedade actividades. Valórase positivamente a realización de actividades cun marcado carácter educativo e de reflexión. A proposta ten en conta a realización de saídas semanais e a realización de actividades alternativas en caso de condicións meteorolóxicas adversas pero a programación non contempla en número suficiente as estipuladas no apartado 6 do PPT (2 saídas semanais). Puntuación: 8 - -Material a utilizar: considérase boa a relación dos materiais a utilizar nas actividades. Puntuación: 8 ## ELISA ESTÉVEZ RODRÍGUEZ - -Relación das actividades coa temática da quincena: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos períodos de realización do programa. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 2 grupos de idade con posibles variacións en función das idades efectivas de participación, do nivel madurativo dos/as nenos/as e da ratio establecida no PPT. Non concreta actividades diferenciadas para cada grupo senón que realiza axustes e adaptacións pedagóxicas e metodolóxicas dunha mesma actividade para cada grupo. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta con unha boa variedade de actividades. Puntuación: 8 <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo - -Material a utilizar: considérase que os materiais previstos están ben dispostos en función das actividades a realizar. Puntuación: 8 ## NORDELAINA, S.L.U - -Relación das actividades coa temática da quincena: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos períodos de realización do programa establecendo ademais un fío condutor para todos eles. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 2 grupos de idade e presenta algunhas actividades diferenciadas para cada grupo aínda que en termos xerais alude á adaptación das actividades ás necesidades e capacidades de cada franxa de idade. Bótase en falta unha maior concreción destas adaptacións. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: a organización horaria das actividades sinala o remate do servizo ás 15,00 h se ben o apartado 6 do PPT estipula que o remate é ás 15,30 h. Non se prevén actividades alternativas ás saídas en caso de mal tempo. Valórase a organización de dúas veladas para os participantes de 6 a 12 anos. Puntuación: 4 - -Material a utilizar: considérase que os materiais previstos están ben dispostos en función das actividades a realizar. Puntuación: 8 ## SILVIA CALVELO RODRÍGUEZ - -Relación das actividades coa temática da quincena: as actividades están moi ben relacionadas co fío condutor do campamento e coas temáticas propostas. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta non concreta actividades diferenciadas por grupos pero establece adaptacións das actividades para o grupo 3-6 anos e para participantes con diversidade funcional. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que na proposta predominan os xogos e xincanas en detrimento doutras actividades como obradoiros. Valórase a organización de dúas xornadas con actividades a cargo de <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo persoal externo á empresa licitadora e a concreción das actividades alternativas ás saídas en caso de circunstancias meteorolóxicas adversas. Puntuación: 8 - -Material a utilizar: aínda que se bota en falta a previsión do material a achegar para os momentos de xogo libre durante a acollida e a saída de participantes considérase boa a relación dos materiais a utilizar nas actividades. Puntuación: 8 ## SONAGA GESTIÓN, S.L. - -Relación das actividades coa temática da quincena: a proposta establece temáticas específicas para cada quenda e un fío condutor para todas elas pero expón de maneira sucinta a súa relación coas actividades. Puntuación: 8 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade pero non concreta actividades diferenciadas para cada grupo aludindo que todas as actividades se adaptan en dificultade, contidos e materiais aos grupos de idade. Bótase en falta unha maior concreción destas adaptacións. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta con unha boa variedade de actividades destacando algunhas delas pola súa orixinalidade e/ou carácter educativo. Puntuación: 8 - -Material a utilizar: valórase a achega de material de creación propia e considérase boa a relación do material a utilizar nas actividades. Puntuación: 8 ## SPORTMADNESS EVENTOS, S.L. - -Relación das actividades coa temática da quincena: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos períodos de realización do programa. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade e alude á adaptación das actividades segundo as necesidades de cada grupo. Valórase positivamente a concreción das adaptacións na programación diaria de actividades especificando a actividade a realizar cada grupo. <!-- image --> <!-- image --> Puntuación: 12,5 - -Variedade e orixinalidade das actividades: as actividades son variadas si se ten en conta o conxunto do programa. Sen embargo, a proposta contempla un único tipo de actividade (xogo, taller, xincana, música...) para toda a xornada en horario de 9,30 a 13,30 h. Esta programación resulta insuficiente dadas as características evolutivas dos participantes. Considérase que é precisa unha planificación variada de ao menos dous tipos de actividades nunha mesma xornada onde se combinen momentos de actividade física máis intensa con momentos mais tranquilos e que non resulte monótona para os menores participantes. Aínda que na organización das xornadas se afirma que se realizarán dúas saídas semanais con alternativas en caso de mal tempo, non se suxiren ditas actividades alternativas. Puntuación: 0 - -Material a utilizar: o licitador establece unha relación moi xenérica e sucinta do material a utilizar segundo o tipo de actividade e non ten en conta o material a achegar para os momentos de xogo libre durante a acollida e recollida de participantes. Puntuación: 0 ## SUPERNOVA ASISTENCIAS, S.L.U. - -Relación das actividades coa temática da quincena: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos períodos de realización do programa. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade con posibles variacións en función das idades efectivas de participación. Non concreta actividades diferenciadas para cada grupo senón que realiza adaptacións metodolóxicas dunha mesma actividade para cada grupo. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: se ben nas quendas de xuño e setembro a proposta contempla unha programación dunha actividade por xornada, nos meses de xullo e agosto céntrase exclusivamente nas saídas e actividades alternativas sen facer unha programación de actividades para as demais xornadas indicando, de maneira xeral, que a programación integra actividades lúdico-educativas, artísticas, expresivas, etc. Ademais, no caso das quendas de xuño e setembro e das actividades alternativas ás saídas, o licitador propón unha única actividade para toda a xornada resultando insuficiente dadas as características evolutivas dos participantes. Considérase que é precisa unha planificación variada de ao menos dous tipos de actividades nunha mesma xornada onde se combinen momentos de actividade física máis intensa con momentos mais tranquilos e que non resulte monótona para os menores participantes. ## O.A. Terra de Sanxenxo <!-- image --> <!-- image --> ## Puntuación: 0 - -Material a utilizar: a proposta recolle o material nas actividades das quendas de xuño e setembro así como nas saídas e actividades alternativas. Fai, ademais, unha relación do material a utilizar no resto das actividades. Non ten en conta o material a achegar para os momentos de xogo libre durante a acollida e recollida de participantes. Puntuación: 8 ## LOTE 1: RESUMO DAS PUNTUACIÓNS ACADADAS | | Relación das actividades coa temática da/o quincena/obradoir o | Actividades adaptadas por franxas de idades | Variedade e orixinalidad e das actividades | Material a utilizar | TOTAL | |---------------------------------|------------------------------------------------------------------|-----------------------------------------------|----------------------------------------------|-----------------------|---------| | Axiña Servizos Deportivos, S.L. | 12,5 | 12,5 | 8 | 8 | 41 | | Elisa Estévez Rodríguez | 12,5 | 8 | 8 | 8 | 36,5 | | Nordelaina, S.L.U | 12,5 | 8 | 4 | 8 | 32,5 | | Silvia Calvelo Rodríguez | 12,5 | 8 | 8 | 8 | 36,5 | | Sonaga Gestión, S.L. | 8 | 8 | 8 | 8 | 32 | | Sportmadness Eventos, S.L. | 12,5 | 12,5 | 0 | 0 | 25 | | Supernova Asistencias, S.L.U. | 12,5 | 8 | 0 | 8 | 28,5 | ## LOTE 2 - OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA ## ASOCIACIÓN XUVENIL SARAIBA DO MAR - -Relación das actividades coa temática do obradoiro: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos Obradoiros. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade pero non concreta actividades diferenciadas para cada grupo aludindo a que todas as actividades se adaptan aos grupos de idade e aos casos de diversidade funcional cando sexa necesario. Bótase en falta unha maior concreción destas adaptacións. Puntuación: 8 ## O.A. Terra de Sanxenxo <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta con unha boa variedade de actividades. Puntuación: 8 - -Material a utilizar: considérase que a relación do material a utilizar nas actividades é moi sucinta. A proposta non especifica suficientemente o material a achegar para os recunchos habilitados nos momentos de xogo libre durante a acollida e a saída de participantes. Puntuación: 4 ## AXIÑA SERVIZOS DEPORTIVOS, S.L. - -Relación das actividades coa temática do obradoiro: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos Obradoiros establecendo ademais un fío condutor para todos os Obradoiros. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade e contempla actividades diferentes en todas as xornadas segundo os grupos de idade. Puntuación: 12,5 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta con unha boa variedade de actividades poñendo en valor a proposta de actividades cun marcado carácter educativo e de reflexión. A proposta para o Obradoiro de Nadal fai unha programación para 8 xornadas se ben o punto 4 do PPT estima que a prestación do servizo será de 10 días. Puntuación: 8 - -Material a utilizar: considérase boa a relación dos materiais a utilizar nas actividades. No listado de materiais a utilizar non se recollen os necesarios para os momentos de xogo libre durante a acollida e a saída de participantes. Puntuación: 8 ## ELISA ESTÉVEZ RODRÍGUEZ - -Relación das actividades coa temática do obradoiro: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos Obradoiros. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 2 grupos de idade con posibles variacións en función das idades efectivas de participación, do nivel madurativo dos/as nenos/as e da ratio establecida no PPT. Non concreta actividades diferenciadas para cada grupo senón que realiza axustes e adaptacións pedagóxicas e metodolóxicas dunha mesma <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo actividade para cada grupo. Bótase en falta unha maior concreción destas adaptacións. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: Existe unha confusión na proposta con respecto ao horario dos Obradoiros. O horario de remate proposto para todos os Obradoiros é as 13:30 h (con recollida de participantes de 13:00 a 13:30 h e posterior servizo de comedor) se ben os puntos 4 e 6 do PPT contemplan un horario ata as 14:30 h con saída dos participantes de 13:30 a 14:30 h e sen servizo de comedor. A proposta fai unha programación para o Obradoiro de Nadal de 8 xornadas e para o Obradoiro de Semana Santa de 3 xornadas se ben o punto 4 do PPT estima que a prestación do servizo para o Obradoiro de Nadal serán 10 días e para o Obradoiro de Semana Santa establece que a prestación do servizo ha de ser de 4 días. Considérase insuficiente a oferta presentada. Puntuación: 0 - -Material a utilizar: considérase boa a relación dos materiais a utilizar nas actividades. A proposta non especifica suficientemente o material a achegar para os momentos de xogo libre durante a acollida e a saída de participantes. Puntuación: 8 ## SILVIA CALVELO RODRÍGUEZ - -Relación das actividades coa temática do obradoiro: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos Obradoiros. Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta non concreta actividades diferenciadas por cada grupo pero establece adaptacións das actividades para o grupo 3-6 anos e para participantes con diversidade funcional. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta cunha boa variedade de actividades. Puntuación: 8 - -Material a utilizar: considérase boa a relación dos materiais a utilizar nas actividades. A proposta non especifica suficientemente o material a achegar para os momentos de xogo libre durante a acollida e a saída de participantes. Puntuación: 8 ## SONAGA GESTIÓN, S.L. - -Relación das actividades coa temática do obradoiro: as actividades propostas están moi ben relacionadas coa temática de cada un dos Obradoiros. <!-- image --> <!-- image --> Puntuación: 12,5 - -Actividades adaptadas por franxas de idades: a proposta fai unha división dos participantes en 3 grupos de idade pero non concreta actividades diferenciadas para cada grupo aludindo que todas as actividades se adaptan en dificultade e execución aos grupos de idade. Bótase en falta unha maior concreción destas adaptacións. Puntuación: 8 - -Variedade e orixinalidade das actividades: considérase que a oferta presentada conta con unha boa variedade de actividades destacando algunhas delas tamén pola súa orixinalidade e/ou carácter educativo. A proposta para o Obradoiro de Nadal fai un cronograma tipo de 4 xornadas aplicable a outras 4 (en total 8 xornadas) se ben o punto 4 do PPT estima que a prestación do servizo serán 10 días. Puntuación: 8 - -Material a utilizar: considérase boa a relación do material a utilizar nas actividades e valórase positivamente a achega de material de creación propia. Non se especifica suficientemente os materiais a utilizar en determinadas actividades e obradoiros aludindo a que se concretarán en cada edición. Puntuación: 8 ## LOTE 2: RESUMO DAS PUNTUACIÓNS ACADADAS | | Relación das actividades coa temática da/o quincena/obradoir o | Actividades adaptadas por franxas de idades | Variedade e orixinalidad e das actividades | Material a utilizar | TOTAL | |---------------------------------|------------------------------------------------------------------|-----------------------------------------------|----------------------------------------------|-----------------------|---------| | Asociación Saraiba do Mar | 12,5 | 8 | 8 | 4 | 32,5 | | Axiña Servizos Deportivos, S.L. | 12,5 | 12,5 | 8 | 8 | 41 | | Elisa Estévez Rodríguez | 12,5 | 8 | 0 | 8 | 28,5 | | Silvia Calvelo Rodríguez | 12,5 | 8 | 8 | 8 | 36,5 | | Sonaga Gestión, S.L. | 12,5 | 8 | 8 | 8 | 36,5 | En Sanxenxo, na data consignada na sinatura dixital A técnica de Educación, Ana Mª Sampedro Garrido ## O.A. Terra de Sanxenxo <!-- image -->