Memoria justificativa
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
EXPEDIENTE Nº 98/2026: 3/2026 - PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN A MENORES DE 3 A 12 ANOS CO OBXECTIVO DE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA
## MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE E IDONEIDADE DO CONTRATO
O Concello de Sanxenxo, a través do seu Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo (en diante Terra), de acordo aos seus estatutos (artigo 3, apartado j) xestiona servizos da entidade local como as garderías infantís municipais e servizos conexos como programas de animación sociocultural, entre outros.
Para dar resposta ás crecentes necesidades de conciliación que as familias teñen en períodos non lectivos, e tendo en conta tamén que Sanxenxo é un municipio eminentemente turístico no que moitos/as proxenitores/as se incorporan aos seus postos de traballo en períodos vacacionais (tales como verán, Nadal, Entroido e Semana Santa), precísase dar cobertura a estas situacións para que poidan deixar aos/ás seus/súas fillos/as nun entorno seguro.
De conformidade co establecido no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público a técnica de Educación, Ana Mª Sampedro Garrido, subscribiu en data 5 de febreiro de 2026 un informe no que se xustifica a insuficiencia de medios para a prestación do servizo 'programa Sanxenxo Concilia' e outros , programas consistentes en ofrecer un conxunto de atencións a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, nadal, entroido e semana santa. O citado informe recolle o que a continuación se transcribe:
## 'INFORME XUSTIFICATIVO DE INSUFICIENCA DE MEDIOS
De conformidade co establecido no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público; a técnica que subscribe procede a realizar o informe xustificativo da insuficiencia de medios vinculado ao expediente do encabezamento.
PRIMEIRO: O obxecto da prestación deste servizo consiste na atención a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, Nadal, Entroido e Semana Santa. Ademais establécense outros obxectivos como:
- -Ofrecer un espazo lúdico-educativo alternativo, seguro e de calidade onde os/as nenos/as poidan desfrutar do seu tempo libre.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -Fomentar actitudes de solidariedade, convivencia e cooperación potenciando valores como o compañeirismo e o respecto aos outros.
- -Fomentar o coñecemento do medio natural e da contorna así como o respecto e conservación do mesmo.
- -Fomentar hábitos de vida saudable e hixiene.
- -Favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos/das menores.
- -Fomentar a participación dos menores con diversidade funcional e favorecer a integración no grupo tratando de desenvolver as posibilidades do servizo como espazo para normalizar, potenciar e poñer en valor as capacidades destes menores.
- -Contribuír na prevención de situacións de vulnerabilidade e exclusión social.
SEGUNDO: Dada a duración do servizo nos diferentes períodos, este divídese en 2 lotes co seguinte número de prazas:
## LOTE 1
Servizo de atención diúrna no verán: programa Sanxenxo Concilia.
| | PRAZAS* | PRAZAS DO SERVIZO DE 8,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 14,00 A 15,30 H |
|----------------|-----------|--------------------------------------|----------------------------------------|
| CEIP A FLORIDA | 94 | 20 | 40 |
| CEIP TELLEIRO | 94 | 20 | 20 |
## LOTE 2
Servizo de atención diúrna nos períodos de Entroido, Semana Santa e Nadal: programas Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal.
| | PRAZAS * | PRAZAS DO SERVIZO DE 9,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 13,30 A 14,30 H |
|------------------------|------------|--------------------------------------|----------------------------------------|
| Obradoiros de Nadal | 62 | 30 | 45 |
| Obradoiros de Entroido | 62 | 30 | 45 |
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
| Obradorios de Semana Santa | 77 | 30 | 45 |
|------------------------------|------|------|------|
TERCEIRO: trátase dun servizo con funcións específicas e concretas que debe ser executado por persoal especializado e con formación concreta. Ata setembro de 2025, o O.A. Terra de Sanxenxo dispoñía dun equipo de Animación Sociocultural composto por 5 persoas, coma formación necesaria, que levaba a cabo, entre outros, a execución deste servizo.
Dado que este persoal foi trasladado a outros departamentos municipais séndolle asignadas outras tarefas e dada tamén a ampliación de prazas e lugares de realización no que respecta ao LOTE 1, o O.A. Terra de Sanxenxo carece do persoal municipal necesario para a prestación do servizo sendo preciso contratar o servizo a unha empresa externa.'------------------------------------------------------------------------------------
Á vista dos antecedentes expostos, tendo en contra que do que se trata coa contratación da prestación deste servizo é de dar cobertura á demanda de necesidades de conciliación dos usuarios veciños do Concello, enténdese xustificada a necesidade da súa execución por razón de interese público .
Todo o que se fai constar aos efectos do artigo 28.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público, referente á necesidade e idoneidade do contrato, debéndose incorporar a presente memoria no expediente de contratación.
En Sanxenxo,
O alcaldepresidente de Terra, Telmo Martín González
## DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
<!-- image -->