Documento de aprobación del expediente
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN Nº3/2026 (ELECTRÓNICO 98/2026): CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA A MENORES DE 3 A 12 ANOS EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA - 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)'
## ASUNTO: APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN E DO GASTO RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA
Incoado o expediente de contratación de 'CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA A MENORES DE 3 A 12 ANOS EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA - 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)', por resolución desta presidencia de data 10 de febreiro de 2026.
Emitido informe da Secretaría en data 18 de febreiro de 2026 e pola Intervención o 27 de febreiro de 2026, ambos en senso favorable á aprobación do expediente de contratación.
Á vista dos antecedentes expostos, e no uso das miñas atribucións, esta presidencia RESOLVE:
1º) APROBAR o expediente para a contratación do 'CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA A MENORES DE 3 A 12 ANOS EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)', mediante procedemento aberto, de tramitación ordinaria.
Na cláusula 9ª do PPT realizase unha valoración económica do servizo, incluíndo os custos laborais, a efectos de determinar o orzamento base de licitación do contrato e o seu valor estimado contemplando todas as posibles modificacións do contrato, reflectíndose estas cantidades, igualmente, na cláusula 2ª do PCAP, sendo os importes os seguintes:
ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN TOTAL: 235.188,00 €
VALOR ESTIMADO DO CONTRATO TOTAL: 213.807,28 €
LOTE 1 - 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA':
Orzamento Base de Licitación: 209.937,30 €
Valor Estimado do Contrato: 190.852,10 €
LOTE 2 - 'OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA'
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
Orzamento Base de Licitación: 25.250,70 €
Valor Estimado do Contrato: 22.955,18 €
O contrato terá unha duración DUN ANO, que comezará a contar dende a data de efectiva prestación do servizo que non poderá tardar máis de QUINCE (15) días dende a firma do contrato.
- 2º) Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares que consta de 26 cláusulas e 4 anexos.
- 3º) Aprobar o gasto pola contía suficiente para atender as obrigas de carácter económico para o ente contratante durante o presente exercicio, existindo crédito suficiente no presuposto separado de gastos da Entidade Local, con cargo á partida orzamentaria 33400 / 22612 PLANS ANUAIS VARIOS (consta no expediente documento RC de data 26/02/2026 - Nº de Operación: 789)
- 4º) Continuar a tramitación sucesiva do expediente coa publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Sanxenxo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
En Sanxenxo (na data da sinatura electrónica)
O presidente de Terra- Telmo Martín González O secretario xeral de Terra - Ángel Luis López Pita
<!-- image -->