Acuerdo de iniciación del expediente
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
EXPEDIENTE ELECTRÓNICO Nº 98/2026: 3/2026 - PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN A MENORES DE 3 A 12 ANOS CO OBXECTIVO DE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA - 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)'.
## ASUNTO: INCOACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN
## RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA
O Concello de Sanxenxo, a través do seu Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo (en diante Terra), de acordo aos seus estatutos (artigo 3, apartado j) xestiona servizos da entidade local como as garderías infantís municipais e servizos conexos como programas de animación sociocultural, entre outros.
Para dar resposta ás crecentes necesidades de conciliación que as familias teñen en períodos non lectivos, e tendo en conta tamén que Sanxenxo é un municipio eminentemente turístico no que moitos/as proxenitores/as se incorporan aos seus postos de traballo en períodos vacacionais, precísase dar cobertura a estas situacións para que poidan deixar aos/ás seus/súas fillos/as nun entorno seguro.
En base ao anterior será Terra de Sanxenxo o ente público habilitado para realizar a prestación do servizo de atención a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, nadal, entroido e Semana Santa.
O servizo 'Sanxenxo Concilia' prestarase nas instalacións dos CEIP A Florida (Sanxenxo) e CEIP Telleiro (Noalla)no peridodo non lectivo de verán entre a data de remate do curso escolar 2025/26 e a data de comezo do curso escolar 2026/27, de luns a venres de 8,00 h a 15,30 h. As modalidades de asistencia dos menores participantes previstas polo ente contratante serán: días de xuño, quincena, mes, 2 meses, días de setembro ou programa completo.
En canto aos obradoiros, Obradoiros de Nadal, de Entroido e de Semana Santa serán nos periodos de vacacións escolares indicados no calendario escolar para o curso 2026/27, e o servizo prestarase nas instalacións do CEIP Nantes con diferentes horarios e condición de asistencia para cada Obradoiro.
O servizo deberá fomentar a inclusión social, a convivencia e a cooperación ofertando un programa de actividades adaptadas ás diferentes idades.
De conformidade co establecido no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público a técnica de Educación, Ana Mª Sampedro Garrido, subscribiu en data 5 de febreiro de 2026 un informe no que se xustifica a insuficiencia de medios para a prestación do servizo 'Sanxenxo Concilia' e
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
outros obradoiros (Nada, Entroido e Semana Santa) , programas consistentes en ofrecer un conxunto de atencións a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, nadal, entroido e semana santa. O citado informe recolle o que a continuación se transcribe:
## 'INFORME XUSTIFICATIVO DE INSUFICIENCIA DE MEDIOS
De conformidade co establecido no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público; a técnica que subscribe procede a realizar o informe xustificativo da insuficiencia de medios vinculado ao expediente do encabezamento.
PRIMEIRO: O obxecto da prestación deste servizo consiste na atención a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, Nadal, Entroido e Semana Santa. Ademais establécense outros obxectivos como:
- -Ofrecer un espazo lúdico-educativo alternativo, seguro e de calidade onde os/as nenos/as poidan desfrutar do seu tempo libre.
- -Fomentar actitudes de solidariedade, convivencia e cooperación potenciando valores como o compañeirismo e o respecto aos outros.
- -Fomentar o coñecemento do medio natural e da contorna así como o respecto e conservación do mesmo.
- -Fomentar hábitos de vida saudable e hixiene.
- -Favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos/das menores.
- -Fomentar a participación dos menores con diversidade funcional e favorecer a integración no grupo tratando de desenvolver as posibilidades do servizo como espazo para normalizar, potenciar e poñer en valor as capacidades destes menores.
- -Contribuír na prevención de situacións de vulnerabilidade e exclusión social.
SEGUNDO: Dada a duración do servizo nos diferentes períodos, este divídese en 2 lotes co seguinte número de prazas:
LOTE 1- Servizo de atención diúrna no verán: programa Sanxenxo Concilia .
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
| | PRAZA S* | PRAZAS DO SERVIZO DE 8,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 14,00 A 15,30 H |
|-----------------|-----------------|--------------------------------------|----------------------------------------|
| XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO |
| CEIP A FLORIDA | 94 | 20 | 40 |
| CEIP TELLEIRO | 94 | 20 | 20 |
| XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO |
| CEIP A FLORIDA | 47 | 20 | 20 |
| CEIP TELLEIRO | 32 | 20 | 20 |
LOTE 2- Servizo de atención diúrna nos períodos de Entroido, Semana Santa e Nadal: programas Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal .
| | PRAZAS* | PRAZAS DO SERVIZO DE 9,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 13,30 A 14,30 H |
|----------------------------|-----------|--------------------------------------|----------------------------------------|
| Obradoiros de Nadal | 62 | 30 | 45 |
| Obradoiros de Entroido | 62 | 30 | 45 |
| Obradorios de Semana Santa | 77 | 30 | 45 |
TERCEIRO: trátase dun servizo con funcións específicas e concretas que debe ser executado por persoal especializado e con formación concreta. Ata setembro de 2025, o O.A. Terra de Sanxenxo dispoñía dun equipo de Animación Sociocultural composto por 5 persoas, coma formación necesaria, que levaba a cabo, entre outros, a execución deste servizo.
Dado que este persoal foi trasladado a outros departamentos municipais séndolle asignadas outras tarefas e dada tamén a ampliación de prazas e lugares de realización no que respecta ao LOTE 1, o O.A. Terra de Sanxenxo carece do persoal municipal necesario para a prestación do servizo sendo preciso contratar o servizo a unha empresa externa.'------------------------------------------------------------------------------------
A presidencia asinou, en data 6 de febreiro de 2026, a memoria xustificativa da necesidade e idoneidade do contrato.
Aos efectos do cumprimento do disposto no artigo 312 a) da LCSP, establécese o réxime xurídico aplicable ao futuro contrato que se asine, dado que o presente contrato contén prestacións directas a favor da ciudadanía.
Á vista dos antecedentes expostos, esta presidencia, no uso das súas atribucións, RESOLVE :
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- 1º) INCOAR o expediente para a contratación do SERVIZO DE ATENCIÓN A MENORES DE 3 A 12 ANOS CO OBXECTIVO DE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA. - 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)'.
- 2º) Ordear a elaboración do Prego de Prescripcións Técnicas e o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e a emisión dos correspondentes informes.
- 3º) Fixar o réxime xurídico que se aplicará ao contrato obxecto deste expediente e que a continuación se relaciona:
## NORMATIVA ESTATAL E AUTÓNOMICA
- -Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- -Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- -Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia
- -Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
- -Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.
- -Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de Educación.
- -La Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia
- -Real Decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais
- -Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia
## NORMATIVA MUNICIPAL
- -Acordo de establecemento e regulación do prezo público pola prestación do programa Sanxenxo Concilia, aprobado pola Corporación Municipal en Pleno deste con cello o 27 de maio de 2024.
- -Modificación do acordo de establecemento e regulación do prezo público pola prestación e actividades cultura e educativas polo O.A. Terra de Sanxenxo engadindo o prezo público pola actividade "LEGO STEM", adoptado pola Xunta de Goberno Local en extraordinaria celebrada o día 30 de setembro de
<!-- image -->
<!-- image -->
2024.
En Sanxenxo, na data consignada na sinatura O presidente acctal. de Terra, Marcos Guisasola Padín O secretario de Terra, Ángel Luis López Pita
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
## O.A. Terra de Sanxenxo
<!-- image -->