Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo Expediente núm.: 98/2026 Informe Procedemento: Contratacións Asunto: 03/2026 - PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN A MENORES DE 3 A 12 ANOS CO OBXECTIVO DE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA ## INFORME XUSTIFICATIVO DE INSUFICIENCA DE MEDIOS De conformidade co establecido no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público; a técnica que subscribe procede a realizar o informe xustificativo da insuficiencia de medios vinculado ao expediente do encabezamento. PRIMEIRO: O obxecto da prestación deste servizo consiste na atención a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, Nadal, Entroido e Semana Santa. Ademais establécense outros obxectivos como: - -Ofrecer un espazo lúdico-educativo alternativo, seguro e de calidade onde os/as nenos/as poidan desfrutar do seu tempo libre. - -Fomentar actitudes de solidariedade, convivencia e cooperación potenciando valores como o compañeirismo e o respecto aos outros. - -Fomentar o coñecemento do medio natural e da contorna así como o respecto e conservación do mesmo. - -Fomentar hábitos de vida saudable e hixiene. - -Favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos/das menores. - -Fomentar a participación dos menores con diversidade funcional e favorecer a integración no grupo tratando de desenvolver as posibilidades do servizo como espazo para normalizar, potenciar e poñer en valor as capacidades destes menores. - -Contribuír na prevención de situacións de vulnerabilidade e exclusión social. SEGUNDO: Dada a duración do servizo nos diferentes períodos, este divídese en 2 lotes co seguinte número de prazas: <!-- image --> <!-- image --> ## O.A. Terra de Sanxenxo LOTE 1 Servizo de atención diúrna no verán: programa Sanxenxo Concilia . | | PRAZAS* | PRAZAS DO SERVIZO DE 8,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 14,00 A 15,30 H | |-----------------|-----------------|--------------------------------------|----------------------------------------| | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | | CEIP A FLORIDA | 94 | 20 | 40 | | CEIP TELLEIRO | 94 | 20 | 20 | | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | | CEIP A FLORIDA | 47 | 20 | 20 | | CEIP TELLEIRO | 32 | 20 | 20 | ## LOTE 2 Servizo de atención diúrna nos períodos de Entroido, Semana Santa e Nadal: programas Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal . | | PRAZAS* | PRAZAS DO SERVIZO DE 9,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 13,30 A 14,30 H | |----------------------------|-----------|--------------------------------------|----------------------------------------| | Obradoiros de Nadal | 62 | 30 | 45 | | Obradoiros de Entroido | 62 | 30 | 45 | | Obradorios de Semana Santa | 77 | 30 | 45 | TERCEIRO: trátase dun servizo con funcións específicas e concretas que debe ser executado por persoal especializado e con formación concreta. Ata setembro de 2025, o O.A. Terra de Sanxenxo dispoñía dun equipo de Animación Sociocultural composto por 5 persoas, coma formación necesaria, que levaba a cabo, entre outros, a execución deste servizo. Dado que este persoal foi trasladado a outros departamentos municipais séndolle asignadas outras tarefas e dada tamén a ampliación de prazas e lugares de realización no que respecta ao LOTE 1, o O.A. Terra de Sanxenxo carece do persoal municipal necesario para a prestación do servizo sendo preciso contratar o servizo a unha empresa externa. En Sanxenxo, na data consignada na sinatura dixital A técnica de Educación, Ana Mª Sampedro Garrido <!-- image -->