informe de criterios de adjudicación
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
Expediente núm.:
98/2026
Informe
Procedemento:
Contratacións
Asunto: 03/2026 - CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA A MENORES DE 3 A 12 ANOS EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA - 'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS DE NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)'
## INFORME SOBRE A PLURALIDADE DE CRITERIOS E ATRIBUCIÓN DE PUNTUACIÓNS PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
De conformidade co establecido no artigo 116.4 c) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP), a técnica que subscribe procede a realizar o informe sobre a pluralidade de criterios e atribución de puntuacións para a adxudicación do contrato vinculado ao expediente do encabezamento.
PRIMEIRO: O obxecto do contrato é o servizo de atención a menores de 3 a 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos de verán, Nadal, Entroido e Semana Santa. Ademais establécense outros obxectivos como:
- -Ofrecer un espazo lúdico-educativo alternativo, seguro e de calidade onde os/as nenos/as poidan desfrutar do seu tempo libre.
- -Fomentar actitudes de solidariedade, convivencia e cooperación potenciando valores como o compañeirismo e o respecto aos outros.
- -Fomentar o coñecemento do medio natural e da contorna así como o respecto e conservación do mesmo.
- -Fomentar hábitos de vida saudable e hixiene.
- -Favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos/das menores.
- -Fomentar a participación dos menores con diversidade funcional e favorecer a integración no grupo tratando de desenvolver as posibilidades do servizo como espazo para normalizar, potenciar e poñer en valor as capacidades destes menores.
- -Contribuír na prevención de situacións de vulnerabilidade e exclusión social.
SEGUNDO: Dada a duración do servizo nos diferentes períodos, este divídese en 2 lotes:
LOTE 1
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
Servizo de atención diúrna no verán: ' Programa Sanxenxo Concilia' . LOTE 2
Servizo de atención diurna nos periodos vacacionais de Entroido, Semana Santa e Nadal: programas - ' Obradoiros de Nadal, Entroido e Semana Santa'
TERCEIRO: Na adxudicación serán determinantes múltiples criterios e a súa elección xustifícase na procura dunha mellor calidade e unha maior eficacia na execución do contrato, buscando adecuar o obxecto do mesmo ás necesidades definidas pola Administración. Formúlanse, ademais, con pleno respecto aos principios de igualdade, non discriminación, transparencia e proporcionalidade e garantindo, en todo caso, a máxima concorrencia e liberdade de acceso.
De acordo co artigo 145 da LCSP, a adxudicación realizarase utilizando unha pluralidade de criterios en base á mellor relación calidade-prezo e esta calcularase conforme a criterios avaliables mediante xuízo de valor e a criterios avaliables de forma automática e por fórmulas.
Os criterios de adxudicación elixidos considéranse axeitados para a satisfacción do interese público tendo en conta as características do servizo a contratar, xustificándose a súa utilización ao estar directamente vinculados ao obxecto do contrato tal e como se establece no artigo 145.6 da LCSP e permitir unha adecuada selección do contratista en función da mellor oferta achegada.
CUARTO: En canto ao peso dos criterios avaliables mediante xuízo de valor a LCSP establece:
- -Artigo 145.4: 'Nos contratos de servizos do Anexo IV da Lei, así como nos contratos que teñan por obxecto prestacións de carácter intelectual, os criterios relacionados coa calidade deberán presentar, ao menos, o 51 % da puntuación asignable na valoración das ofertas (...). '
- -Artigo 146.2: 'Cando se utilicen unha pluralidade de criterios de adxudicación, na súa determinación, e sempre e cando sexa posible, darase preponderancia a aqueles que fagan referencia a características do obxecto do contrato que poidan valorarse mediante cifras ou porcentaxes obtidos a través da mera aplicación de fórmulas establecidas nos pregos.'
Polo tanto, a vista de que se trata dun contrato coas codificacións correspondentes ao Vocabulario Común de Contrato Públicos (CPV)
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
85311300-5 Servizos de benestar social proporcionados a nenos e mozos e 85312110-3 Servizos de coidado diúrno para nenos incluídos no Anexo IV, determínase unha porcentaxe do 50 % da puntuación global das ofertas a criterios de adxudicación avaliables mediante xuízo de valor e que están directamente relacionados coa consecución dun servizo de calidade e o 50 % a criterios avaliables mediante fórmulas. Así mesmo, do 50% dos criterios avaliables mediante fórmulas, o 46% no Lote 1 e o 49% no Lote 2 outórgase á oferta económica e o 4% no Lote 1 e o 1% no Lote 2 á formación do persoal adscrito a atención dos menores con diversidade funcional. Este último criterio repercute directamente na consecución dun servizo de maior calidade cumprindo polo tanto ámbolos dous artigos.
QUINTO: os criterios de adxudicación que se propoñen para os 2 lotes son os seguintes:
## A. CRITERIO AVALIABLE MEDIANTE XUÍZO DE VALOR: programa de actividades (puntuación total máxima 50 puntos)
Non poderá incluírse información que permita coñecer a oferta económica ou determinar a puntuación que acadaría en base aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas, que se incluirá noutro arquivo. O incumprimento desta condición por parte dunha proposición dará lugar a súa exclusión do procedemento de adxudicación.
Esíxese que a puntuación total obtida por este criterio debe ser igual ou superior a 25 puntos, xa que se non a alcanzara algunha das propostas, non se procederá a valorar a documentación presentada para a súa valoración automática mediante a aplicación de fórmulas.
O/os adxudicatario/s debe/n levar a cabo a atención aos menores de acordo cos horarios e tipo actividades especificadas no punto 6 do PPT. As empresas licitadoras deberán presentar unha proposta de actividades na que se terán en conta aspectos como a adaptación ás diferentes idades, a variedade e orixinalidade das actividades propostas e o material a utilizar. A estes efectos:
## Para o LOTE 1: Sanxenxo Concilia . Programa de actividades
Os licitadores deberan presentar unha programación por quincenas para os meses de xullo e agosto e para os días do servizo nos meses de xuño e setembro. Cada unha delas cunha temática e fío condutor que deberá guiar o desenvolvemento das actividades especificando os seguintes puntos: temática da quincena e dias de xuño e setembro, día a desenvolver a actividade, nome da actividade, breve descrición, grupo de idade á que vai dirixida e material a
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
utilizar. Así mesmo, tal e como se especifica no punto 6 do PPT, deberán programarse ao menos dúas saídas semanais á praia e/ou para o coñecemento dos recursos culturais e naturais da contorna. Para o caso de que as circunstancias meteorolóxicas non permitan estas saídas, deberán programarse actividades alternativas. Estas saídas non serán obrigatorias nos meses de xuño e setembro.
Presentarase un único documento en formato PDF non superior a 45 páxinas con marxes superior e inferior de 2,5 cm. e esquerdo e dereito de 3 cm., fonte Arial, tamaño 11, espazo entre liñas 1,5 e espazo entre parágrafos 12. No caso de táboas o tamaño da fonte poderase reducir a 9 e o interlineado a 1. O contido debe ser claro e preciso limitándose aos datos solicitados. Todo o que exceda do número de páxinas establecido non se terá en conta ao valorar e puntuar as ofertas.
## Para o LOTE 2: Obradoiros de Nadal, Entroido e Semana Santa. Programa de actividades.
Os licitadores deberán presentar unha programación de actividades para cada un dos obradoiros especificando os seguintes puntos: temática, día a desenvolver a actividade, nome da actividade, breve discrición, grupo de idade á que vai dirixida e material a utilizar.
Presentarase un único documento en formato PDF non superior a 20 páxinas con marxes superior e inferior de 2,5 cm. e esquerdo e dereito de 3 cm., fonte Arial, tamaño 11, espazo entre liñas 1,5 e espazo entre parágrafos 12. No caso de táboas o tamaño da fonte poderase reducir a 9 e o interlineado a 1. O contido debe ser claro e preciso limitándose aos datos solicitados. Todo o que exceda do número de páxinas establecido non se terá en conta ao valorar e puntuar as ofertas.
A valoración deste criterio farase, para os dous lotes, segundo a seguinte táboa:
| Valoración | Relación das actividades coa temática da/o quincena/obradoiro | Actividades adaptadas por franxas de idades | Variedade e orixinalidade das actividades | Material a utilizar |
|--------------|-----------------------------------------------------------------|-----------------------------------------------|---------------------------------------------|-----------------------|
| Moi boa | 12,5 | 12,5 | 12,5 | 12,5 |
| Boa | 8 | 8 | 8 | 8 |
| Aceptable | 4 | 4 | 4 | 4 |
| Mala | 0 | 0 | 0 | 0 |
A xustificación da elección deste criterio ven dada porque é a parte esencial da prestación do servizo e permite valorar a calidade e adecuación das actividades ao mesmo asegurando unha correcta atención aos menores
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
participantes e contribuíndo a que a súa experiencia e asistencia sexa enriquecedora e segura. Estes son os mesmos motivos polos que se lle asignan 50 puntos.
## B. CRITERIOS AVALIABLES MATEMÁTICAMENTE MEDIANTE A APLICACIÓN DE FÓRMULAS: puntuación total máxima 50 puntos
## 1. Oferta económica:
Para o LOTE 1. Sanxenxo Concilia : valorarase ata un máximo de 46 puntos
Para o LOTE 2. Obradoiros de Nadal, Entroido e Semana Santa : valorarase ata un máximo de 49 puntos
Expresarase na porcentaxe (%) de baixa respecto aos orzamentos base de licitación :
LOTE 1. Sanxenxo Concilia: (209.937,30 €)
## LOTE 2. Obradoiros Nadal, Entroido e Semana Santa: (25.250,70 €)
Para determinar a puntuación que corresponda a este criterio, aplicarase a seguinte fórmula:
Pl = Puntos obtidos polo licitador
Peco = Puntuación máxima outorgada por este criterio
Bmax .= Baixa da oferta máis barata. Medida en % con relación ao orzamento base de licitación
Bl = Baixa de cada licitador. Medida en % con relación ao orzamento base de licitación.
## Procedemento:
- a) Calcularanse as porcentaxes de baixa de cada unha de das ofertas ( Bl ).
- b) A oferta máis barata ( Bmax .) obterá o máximo de puntos outorgado ao criterio económico ( Peco ).
- c) No caso de que todas as ofertas foran ao tipo de licitación, a puntación de todas será igual á puntuación máxima do criterio económico ( Peco ).
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- d) A puntuación de cada oferta calcularase aplicando a fórmula indicada anteriormente.
*(O valor numérico dos termos da fórmula será redondeada á alza con dous decimais; sen embargo, non se aplicará o redondeo nos puntos obtidos polas distintas ofertas, unicamente terase en conta o valor numérico resultante con dous decimais)
Cabe sinalar que dita fórmula garante o cumprimento do principio de igualdade de trato na adxudicación do contrato. O principio de igualdade de trato implica que todos os potenciais licitadores coñecerán as regras e criterios que se van a tomar en consideración, e que estes se aplicarán a todos da mesma maneira.
Non existe na LCSP un pronunciamento específico sobre as posibles fórmulas aplicables nunha licitación, pero isto non supón unha liberdade absoluta para o órgano de contratación á hora de escoller a fórmula a aplicar, senón que loxicamente debe estar sometida a uns principios básicos que garantan a súa proporcionalidade e permitan que as ofertas se avalían en termos de igualdade e sempre na procura da mellor oferta en calidade-prezo.
A fórmula prevista como criterio de adxudicación nesta licitación cumpre con todos os requisitos previstos na LCSP e incentiva aos licitadores a ofertar o mellor prezo, permite marcar as diferenzas entre a distintas ofertas económicas presentadas e permite calcular as baixas económicas propostas polos licitadores dunha maneira sinxela.
2. Formación do persoal adscrito á atención dos menores con diversidade funcional.
Para o LOTE 1. Sanxenxo Concilia : valorarase ata un máximo de 4 puntos
Para o LOTE 2. Obradoiros de Nadal, Entroido e Semana Santa : valorarase ata un máximo de 1 punto
Puntuarase con 1 punto cada monitor/a adscrito á atención dos menores con diversidade funcional que posúa formación complementaria por un mínimo de 20 horas relacionada coa diversidade funcional e/ou necesidades educativas especiais.
Xunto a oferta, os licitadores presentarán o seguinte cadro, respecto da/s persoa/s designada/s para a atención aos menores con diversidade funcional:
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
| Formación do persoal monitor | Formación do persoal monitor | Formación do persoal monitor | Formación do persoal monitor | Formación do persoal monitor | Formación do persoal monitor |
|------------------------------------------------------------|--------------------------------|--------------------------------|--------------------------------|--------------------------------|--------------------------------|
| Iniciais da persoa traballadora | Título do curso | Entidade acreditativa | Número de horas | Datas de realización | Nº de documento |
| Engadir tantas filas como persoas e/ou cursos de formación | | | | | |
A formación acreditarase achegando os certificados asinados e selados polas entidades públicas ou privadas organizadoras dos cursos onde consten o nome do persoal, o título do curso e as horas e datas de realización.
Este criterio non se puntuará no caso de non achegar a documentación mencionada.
As ofertas que fagan os licitadores converteranse en obriga esencial do contrato que deberán manterse durante toda a duración do mesmo e, no caso de substitución de algunha das persoas, como mínimo no mesmo nivel de formación da persoa substituída ou, no seu defecto, no conxunto do equipo, acreditándoo documentalmente si procede.
Este criterio repercute directamente na consecución dun servizo de calidade xa que a formación adicional que posúa o persoal adscrito ó servizo redunda nunha mellor e máis adecuada atención aos nenos/as que o utilicen e, neste caso, especificamente a aqueles menores con diversidade funcional.
En Sanxenxo, na data consignada na sinatura dixital A técnica de Educación, Ana Mª Sampedro Garrido
<!-- image -->