PPT SANXENXO CONCILIA E OBRADOIROS - GALEGO.pdf
Pliego Técnico
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA A MENORES DE 3 A 12 ANOS EN PERÍODOS NON LECTIVOS DE VERÁN, NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA -'PROGRAMA SANXENXO CONCILIA (LOTE 1) E OBRADOIROS NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA (LOTE 2)'
<!-- image -->
<!-- image -->
## Contido
| 1. | ANTECEDENTES E OBXECTO DO CONTRATO ....................................................................3 |
|------|------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------|
| 2. | OBXECTIVOS DO SERVIZO ........................................................................................................3 |
| 3. | DIVISIÓN E LOTES ........................................................................................................................4 |
| 4. | FRECUENCIA DO SERVIZO ........................................................................................................4 |
| 5. | PRAZAS ...........................................................................................................................................5 |
| 6. | ALCANCE DO SERVIZO E PROGRAMA DE ACTIVIDADES ................................................6 |
| 7. | MEDIOS MATERIAIS .....................................................................................................................8 |
| 8. | ESTRUTURA ORGANIZATIVA DO SERVIZO E PERSOAL ...................................................9 |
| 9. | ADSCRICIÓN DE BENS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO .........................................12 |
| 10. | COORDINACIÓN COA ADMINISTRACIÓN .............................................................................12 |
| 11. | DIFUSIÓN DO SERVIZO, DOCUMENTACIÓN E DEREITOS DE IMAXE ...........................13 |
| 12. | DEREITOS E OBRIGAS DO/S ADXUDICATARIO/S .............................................................13 |
| 13. | DEREITOS E OBRIGAS DO ENTE CONTRATANTE ............................................................16 |
| 14. | CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DURANTE A EXECUCIÓN DO CONTRATO ......................................................17 |
| 15. | ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN ......................................................................................18 |
| A. | CUSTOS DIRECTOS ..........................................................................................18 |
| B. | CUSTOS INDIRECTOS ......................................................................................20 |
| C. | ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN ............................................................20 |
| 16. | VALOR ESTIMADO DO CONTRATO .......................................................................................20 |
| 17. | AXUSTES NAS RETRIBUCIÓNS A PERCIBIR POLO/S CONTRATISTA/S EN FUNCIÓN DO NÚMERO DE MENORES PARTICIPANTES .................................................21 |
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
## 1. ANTECEDENTES E OBXECTO DO CONTRATO
O O.A. Terra de Sanxenxo pon en marcha o programa Sanxenxo Concilia debido a necesidade de dar resposta ás necesidades de conciliación que as familias teñen en períodos non lectivos e que veñen dadas pola transformación que se produciu nos últimos anos no entorno familiar coa incorporación da muller ao mercado laboral e a redución do tamaño do núcleo familiar.
Débese ter en conta ademais que Sanxenxo é un municipio eminentemente turístico no que moitos/as proxenitores/as se incorporan temporalmente aos seus postos de traballo nos períodos vacacionais e polo tanto fanse necesarias respostas institucionais que poidan dar cobertura a estas situacións nas que as familias poidan deixar aos/ás seus/súas fillos/as nun entorno seguro.
O presente prego ten por obxecto establecer as condicións técnicas que rexerán a contratación do servizo de atención diúrna a menores de 3 a 12 anos en períodos non lectivos de verán, Nadal, Entroido e Semana Santa.
## 2. OBXECTIVOS DO SERVIZO
## OBXECTIVOS XERAIS:
- -Favorecer a conciliación da vida laboral e familiar en períodos non lectivos.
- -Ofrecer un espazo lúdico-educativo alternativo, seguro e de calidade onde os/as nenos/as poidan desfrutar do seu tempo libre.
## OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- -Fomentar actitudes de solidariedade, convivencia e cooperación potenciando valores como o compañeirismo e o respecto aos outros.
- -Fomentar o coñecemento do medio natural e da contorna así como o respecto e conservación do mesmo.
- -Fomentar hábitos de vida saudable e hixiene.
- -Favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos/das menores.
- -Fomentar a participación dos menores con diversidade funcional e favorecer a integración no grupo tratando de desenvolver as posibilidades do servizo como espazo para normalizar, potenciar e poner en valor as capacidades destes menores.
- -Contribuír na prevención de situacións de vulnerabilidade e exclusión social.
<!-- image -->
<!-- image -->
## 3. DIVISIÓN E LOTES
Dada a duración do servizo nos diferentes períodos, este divídese en 2 lotes:
LOTE 1
Servizo de atención diúrna no verán: programa Sanxenxo Concilia .
LOTE 2
Servizo de atención diurna nos periodos de Entroido, Semana Santa e Nadal: programas Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal .
## 4. FRECUENCIA DO SERVIZO
## LOTE 1: Sanxenxo Concilia
O servizo prestarase no peridodo non lectivo de verán entre a data de remate do curso escolar 2025/26 e a data de comezo do curso escolar 2026/27 -e, no suposto de que se formalice pórroga, entre a data de remate do curso escolar 2026/27 e a data de comezo do curso escolar 2027/28- de luns a venres de 8,00 h a 15,30 h. Non se prestará o servizo os días 24 de xuño (no caso de ser festivo), 25 de xullo, 15 de agosto e 4 de setembro, estimándose en 54 os días de servizo. As modalidades de asistencia dos menores participantes previstas polo ente contratante serán: días de xuño, quincena, mes, 2 meses, días de setembro ou programa completo.
A entrada dos/as nenos/as realizarase entre as 8,00 h e as 9,30 h e a saída entre as 13,30 h e as 15,30 h. Aqueles nenos/as que utilicen o servizo de 14,00 a 15,30 h deberán levar a comida.
O servizo prestarase nas instalacións dos CEIP A Florida (Sanxenxo) e CEIP Telleiro (Noalla).
## LOTE 2: Obradoiros
Obradoiros de Nadal: O servizo prestarase no periodo de vacacións escolares de Nadal indicado no calendario escolar para o curso 2026/27 -e, no suposto de que se formalice a prórroga, no calendario escolar para o curso 2027/28pola Consellería con competencias en materia de educación da Xunta de Galicia. Excluiranse do servizo os sábados, domingos, os días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro. Estímase que serán 10 os días nos que
## O.A. Terra de Sanxenxo
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
se terá que prestar o servizo. As modalidades de asistencia dos menores participantes previstas polo ente contratante seran por semana ou programa completo .
Obradoiros de Entroido: o servizo prestarase no periodo de vacacións escolares de Entroido indicado no calendario escolar para o curso 2026/27 -e, no suposto de que se formalice a prórroga, no calendario escolar para o curso 2027/28- pola Consellería con competencias en materia de educación da Xunta de Galicia. Serán tres os días nos que se terá que prestar o servizo.
Obradorios de Semana Santa: o servizo prestarase no periodo de vacacións escolares de Semana Santa indicado no calendario escolar para o curso 2026/27 -e, no suposto de que se formalice a prórroga, no calendario escolar para o curso 2027/28- pola Consellería con competencias en materia de educación da Xunta de Galicia. Excluiranse do servizo os sábados, domingos, Venres Santo e o luns de Pascua. Serán catro os días nos que se terá que prestar o servizo.
En todos os Obradorios a entrada dos/as nenos/as realizarase entre as 9,00 h e as 9,30 h e a saída entre as 13,30 h e as 14,30 h. O servizo prestarase nas instalacións do CEIP Nantes.
## 5. PRAZAS
LOTE 1:
Sanxenxo Concilia
| | PRAZAS* | PRAZAS DO SERVIZO DE 8,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 14,00 A 15,30 H |
|-----------------|-----------------|--------------------------------------|----------------------------------------|
| XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO | XULLO E AGOSTO |
| CEIP A FLORIDA | 94 | 20 | 40 |
| CEIP TELLEIRO | 94 | 20 | 20 |
| XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO | XUÑO E SETEMBRO |
| CEIP A FLORIDA | 47 | 20 | 20 |
| CEIP TELLEIRO | 32 | 20 | 20 |
* Resérvanse 4 prazas nos meses de xullo e agosto e 2 prazas nos meses de xuño e setembro en cada centro para menores con diversidade funcional igual o superior ao 33% e menor do 66%. Os nenos/as con diversidade funcional poderán participar sempre e cando non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia, teñan capacidade de integración no grupo e as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar con autonomía e aproveitamento nas actividades do programa.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
| | PRAZAS* | PRAZAS DO SERVIZO DE 9,00 A 9,30 H | PRAZAS DO SERVIZO DE 13,30 A 14,30 H |
|----------------------------|-----------|--------------------------------------|----------------------------------------|
| Obradoiros de Nadal | 62 | 30 | 45 |
| Obradoiros de Entroido | 62 | 30 | 45 |
| Obradorios de Semana Santa | 77 | 30 | 45 |
* Resérvanse 2 prazas en cada Obradoiro para menores con diversidade funcional igual o superior ao 33% e menor do 66%. Os nenos/as con diversidade funcional poderán participar sempre e cando non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia, teñan capacidade de integración no grupo e as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar con autonomía e aproveitamento nas actividades do programa.
No obstante, en caso de que non se acade un número mínimo de 20 nenos/as inscritos/as en calquera destes Obradoiros, non se levará a cabo.
## 6. ALCANCE DO SERVIZO E PROGRAMA DE ACTIVIDADES
O servizo deberá fomentar a inclusión social, a convivencia e a cooperación ofertando un programa de actividades adaptadas ás diferentes idades e que favoreza o desenvolvemento integral dos/as participantes nunha contorna segura, divertida e que manteña o interese dos menores participantes durante todo o servizo.
Ademais, a perspectiva de xénero, a igualdade e a corresponsabilidade deberán ser principios reitores na programación, execución, participación e desenvolvemento das actividades que se leven a cabo.
O servizo non incluirá a selección e inscrición dos participantes que correrá a cargo do ente contratante.
## LOTE 1: Sanxenxo Concilia .
O horario diario será o seguinte:
- 08:00-09:30 h. Entrada de participantes: xogo libre e/ou almorzo (no caso de menores participantes que almorcen, os alimentos serán proporcionados polos proxenitores).
- 09:30-13:30 h. Actividades con interrupción para merenda de media mañá.
- 13:30-14:00 h. Saída de participantes que non queden a comer.
- 14:00-15:30 h. Comida (os alimentos serán proporcionados polos proxenitores), aseo e xogo libre.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
Este horario poderá variarse puntualmente en caso de saídas ou actividades especiais.
A programación de actividades será a mesma para os dous centros educativos e deberá incluír:
- -Ao comezo de cada quenda: dinámicas de presentación co fin de que os menores participantes poidan coñecerse.
- -Á finalización de cada quenda: dinámicas de despedida para aqueles menores que non continúen no servizo.
- -Actividades lúdico-educativas: xogos tradicionais, xogos alternativos, obradoiros variados, xogos con auga, xincanas, búsquedas do tesouro....
- -Actividades artísticas e de promoción da pintura, da música, do teatro, da fotografía, etc.
- -Xogos predeportivos e actividade física variada.
- -Actividades de promoción de hábitos de vida saudable.
- -Dado o entorno no que se enmarcan os centros educativos onde se desenvolverá o servizo, deberán programarse ao menos 2 saídas semanais á praia e/ou para o coñecemento dos recursos culturais e naturais da contorna. No caso de que as circunstancias meteorolóxicas non permitan estas saídas, deberán programarse actividades alternativas. Estas saídas non serán obrigatorias nos meses de xuño e setembro. A estes efectos, o O.A. Terra de Sanxenxo conta coas autorizacións pertinentes dos representantes legais dos menores participantes.
O ente contratante, co obxecto de mellorar o programa de actividades, poderá introducir variacións no programa ofertado sempre que non supoñan modificación substancial do contrato e sendo tales variacións de obrigado cumprimento para o/s adxudicatario/s. No caso de que ditas variacións supoñan un custo adicional, este será asumido polo ente contratante.
LOTE 2: Obradoiros de Nadal, Obradoiros de Entroido e Obradoiros de Semana Santa .
O horario diario será o seguinte:
09:00-09:30 h. Entrada de participantes: xogo libre.
09:30-13:30 h. Actividades con interrupción para merenda de media mañá.
13:30-14:30 h. Xogo libre e saída de participantes.
## A programación deberá incluír:
- -Ao comezo de cada Obradoiro: dinámicas de presentación co fin de que os menores participantes poidan coñecerse.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -Á finalización de cada Obradoiro: dinámicas de despedida.
- -Actividades lúdico-educativas: xogos tradicionais, xogos alternativos, obradoiros de cociña e manualidades variadas relacionadas coas temáticas de cada Obradoiro.
- -Actividades artísticas e de promoción da pintura, da música, do teatro, da fotografía, etc.
## 7. MEDIOS MATERIAIS
O/s adxudicatario/s deberán achegar en calidade e cantidade suficiente todo o material funxible, didáctico e de lecer necesario para o desenvolvemento das actividades. Os medios materiais cumprirán coas seguintes características:
- -Deberá estar adaptado ás idades dos menores e ás particularidades que presenten.
- -Será non discriminatorio e motivador, creativo e que permita o entretemento.
- -Favorecedor da imaxinación e que promova o seu uso comunitario e cooperativo.
- -Considerará a diversidade do alumnado.
- -Será respectuoso co medio ambiente, reutilizable e sostible.
O/s adxudicatario/s deberán observar, para o desenvolvemento de cada actividade, as medidas de seguridade esixidas pola normativa vixente e proporcionar aqueles elementos de seguridade que sexan necesarios (cascos, chalecos reflectantes, chalecos salvavidas, arneses, etc.).
O/s adxudicatario/s deberán dispoñer ademais:
- -Unha pequena provisión de alimentos (froita, galletas, iogures e auga) para proporcionar a aqueles/as menores que se esquezan de levar a merenda de media mañá.
- -Os instrumentos ou materiais utilizados para as comunicacións e circulares informativas coas familias.
- -Caixa de urxencias con material de primeiros auxilios, enfermería e medicamentos básicos. No caso do LOTE 1: Sanxenxo Concilia tamén unha caixa de urxencias portátil para as saídas e dous microondas para o quecemento de alimentos.
- -Elementos de uniformidade do persoal segundo as especificacións do apartado 8 deste PPT
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
O/s adxudicatario/s poderán requirirlle aos menores participantes material funxible ou de refugallo para a realización dalgunhas das actividades sempre e cando non representen custo económico para as familias.
No caso do LOTE 1: Sanxenxo Concilia, os gastos derivados das saídas si os houbera (entradas, desprazamentos...,) serán por conta do/s adxudicatario/s.
O material hixiénico (xabón, papel hixiénico...) e de limpeza será achegado polo ente contratante.
## 8. ESTRUTURA ORGANIZATIVA DO SERVIZO E PERSOAL
O/s adxudicatario/s prestarán o servizo cos seus propios medios persoais e disporán en todo momento do persoal necesario para a prestación do mesmo en función das seguintes especificacións:
## LOTE 1: Sanxenxo Concilia
- -2 coordinadores/as do servizo (1 por cada centro educativo) que estean en posesión do título de director/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- -1 monitor/a cada 15 participantes que estea en posesión do título de monitor/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- -1 monitor/a cada 2 participantes con diversidade funcional que estea en posesión do título de monitor/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- -2 monitores de reforzo para as saídas (1 por cada centro educativo) que estea en posesión do título de monitor/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
## LOTE 2: Obradoiros de Nadal, Obradoiros de Entroido e Obradoiros de Semana Santa .
- -1 coordinador/a do servizo que estean en posesión do título de director/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- -1 monitor/a cada 15 participantes que estea en posesión do título de monitor/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- -1 monitor/a cada 2 participantes con diversidade funcional que estea en posesión do título de monitor/a de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
A persoa coordinadora terá as seguintes funcións:
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -Coordinación e seguimento das actividades e do persoal monitor garantindo o cumprimento do programa de actividades.
- -Velar para que as actividades se desenvolvan coas necesarias condicións sanitarias e de hixiene e coas medidas de seguridade suficientes que garantan a integridade física dos menores participantes.
- -Poñer a disposición do persoal monitor todo o material necesario para o desenvolvemento das actividades.
- -Apoio no desenvolvemento das actividades ao persoal monitor. No caso do LOTE 1: Sanxenxo Concilia , atender aos menores participantes no momento do almorzo e da comida fomentando e mantendo hábitos de hixiene e de comportamento.
- -Comunicación de incidencias ou calquera outro aspecto que se considere oportuno ao departamento municipal que desenvolve o programa.
- -Atención ás familias dos menores participantes.
- -Envío de comunicacións e circulares ás familias.
- -Velar polo correcto uso das instalacións, mobiliario e materiais utilizados para o desenvolvemento do servizo.
- -Facilitar a inspección do servizo e o material utilizado ao persoal da concellería responsable do mesmo.
- -Recepción, saída e rexistro de asistencia dos menores participantes.
- -No caso do LOTE 1: Sanxenxo Concilia , asistir, xunto co/a responsable municipal do servizo e no día acordado previamente entre as partes, á reunión informativa cos proxenitores e/ou titores legais dos participantes na que se explicarán as normas, recomendacións e o funcionamento do mesmo.
- -Aquelas outras que se revelen necesarias no bo desenvolvemento do servizo ou se consideren convenientes por parte da/s empresa/as sempre e cando estean acorde ao posto de traballo .
## As funcións do persoal monitor serán:
- -Levar a cabo as actividades programadas tendo en conta os principios reitores da perspectiva de xénero, a igualdade e a corresponsabilidade e promovendo en todo momento a inclusión social, a convivencia e a cooperación entre os menores participantes.
- -Atender os problemas que poidan xurdir en relación cos menores participantes ao seu cargo, fomentando a súa plena inclusión.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -No caso do LOTE 1: Sanxenxo Concilia , atender aos menores participantes no momento do almorzo e da comida fomentando e mantendo hábitos de hixiene e de comportamento.
- -Aquelas outras que se revelen necesarias no bo desenvolvemento do servizo ou se consideren convenientes por parte das empresa/s adxudicataria/s e estean acorde ao posto de traballo.
A/s empresa/s adxudicataria/s designarán a unha ou varias persoas de entre o persoal para encargarse e responsabilizarse da apertura e peche das instalacións e labores básicas de conserxería como o acendido e apagado de luces e subida e baixada de persianas.
No caso de producirse a ausencia/baixa dalgún/ha traballador/a, o/s contratista/s substituirao/a inmediatamente e comunicará esta incidencia no mesmo día en que se produza por correo electrónico ao departamento municipal responsable da actividade debendo indicar o nome e apelidos, o DNI e a titulación/formación do novo persoal.
O/s adxudicatario/s poderán incorporar persoal monitor e/ou director en prácticas que en ningún caso será computado aos efectos das ratios establecidas neste apartado.
Todo o persoal deberá ir correctamente uniformado e identificado por conta do/s adxudicatario/s. Aos efectos da identificación, o/s adxudicatario/s deberán proporcionar ao persoal unha tarxeta de identificación que deberán levar exposta sempre e que incluirá os seguintes datos: nome do servizo, nome seguido das iniciais dos apelidos do traballador/a, función que desenvolve e logotipo da/s empresa/s adxudicataria/s. Aos efectos de uniformidade, a/s empresa/s adxudicataria/s deberá dotar a cada traballador/a dun mínimo dun suadoiro, duas camisetas e unha gorra. Os suadoiros e as camisetas estarán serigrafíadas na parte traseira coa función do persoal (monitor/a ou coordinador/a) e o logotipo do Concello de Sanxenxo. Serán de color amarelo coa serigrafía en azul marino.
Todo o persoal terá a capacidade técnica, titulación e formación necesaria para levar a cabo o obxecto do contrato segundo a lexislación vixente que lle sexa de aplicación adaptándose ás esixencias no caso de producirse cambios na mesma. Así mesmo, tamén deberá contar coa certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais conforme á Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia .
O/s adxudicatario/s cumprirán todas as disposicións vixentes en materia fiscal, administrativa e laboral, de Seguridade Social, de prevención de riscos laborais e de seguridade e saúde laboral, así como a normativa interna do sector que
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
regule o obxecto do contrato. O incumprimento destas obrigas por parte do/s contratista/s ou a infracción das disposicións vixentes sobre seguridade por parte do persoal técnico designado por el, non implican ningunha responsabilidade para a administración contratante. Sen prexuízo do exposto, o ente contratante pode requirir que o/s contratista/s acredite documentalmente o cumprimento das súas obrigas.
No caso do LOTE 1 : Sanxenxo Concilia , o/s adxudicatario/s velará/n para que a composición do equipo técnico sufra as menores variacións posibles manténdoo, en todo caso, invariable durante cada quincena da prestación dos servizo. O/s adxudicatario/s poderá/n achegar, si así o considera, persoal non permanente para a execución das actividades que completen o equipo. En todo caso, este persoal deberá contar cos requisitos esixidos para o resto do persoal e o/s adxudicatario/s deberá cumprir todas as disposicións ás que se refire o parágrafo anterior.
## 9. ADSCRICIÓN DE BENS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO
O servizo prestarase nas instalacións dos centros educativos especificados e estarán dispoñibles os espazos necesarios para o desenvolvemento das actividades en función do número de menores asistentes ao servizo. Os espazos contan coa dotación de mobiliario interior básico para o desenvolvemento das actividade.
Os gastos de mantemento das instalacións nas que se desenvolverá o servizo (luz, auga e limpeza) correrán a cargo do ente contratante.
Todos os bens adscritos ao servizo serán revertidos ao final do contrato en perfecto estado de conservación e funcionamento, de xeito que repararán ou reporán os bens inmobles ou mobles que puidesen sufrir desperfectos. O/s adxudicatario/s, no caso de reparación ou reposición dos bens mobles terá/n que garantir a mesma calidade do produto no prazo máis breve posible.
## 10. COORDINACIÓN COA ADMINISTRACIÓN
Será a concellería responsable do programa a encargada de velar pola correcta execución do contrato por parte da/s entidade/s adxudicataria/s.
A/s empresa/s adxudicataria/s nomeará/n un responsable da execución do contrato que será responsable de:
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -Coordinación e seguimento xeral do servizo respondendo ante calquera incidencia en relación ao desenvolvemento do contrato e trasladando as instrucións e/ou directrices marcadas pola concellería responsable do programa.
- -Proporcionar calquera información referente á prestación do servizo e acudir ás reunións que sexan solicitadas pola concellería responsable do programa.
## 11. DIFUSIÓN DO SERVIZO, DOCUMENTACIÓN E DEREITOS DE IMAXE
A titularidade do servizo que se presta é do O.A. Terra de Sanxenxo. Por este motivo, o/s adxudicatario/s está/n obrigado/s a aceptar que:
- A representación externa do servizo corresponde ao O.A. Terra de Sanxenxo.
- Corresponde tamén ao O.A. Terra de Sanxenxo a titularidade de todo tipo de documentación derivada da xestión e prestación do servizo. O material producido e fotografías derivadas da execución do contrato serán propiedade do O.A. Terra de Sanxenxo, podendo reproducilos e divulgalos, total ou parcialmente, sen que poida opoñerse a iso o/a adxudicatario/a autor/a material dos traballos e renunciando expresamente á autoría e dereitos sobre os traballos realizados como consecuencia da execución do contrato.
- Non poderá utilizar o nome e a imaxe interna e externa do servizo con motivos publicitarios ou calquera outro motivo de interese exclusivo do/s contratista/s, sen a previa autorización expresa do ente contratante.
- O ente contratante indicará ao/s adxudicatario/s os logotipos que deberán figurar nos instrumentos de comunicación e circulares informativas utilizados coas familias dos menores participantes.
## 12. DEREITOS E OBRIGAS DO/S ADXUDICATARIO/S
A/s empresa/s adxudicataria/s terá/n os seguintes dereitos:
- -Percibir o prezo do contrato conforme ao sinalado no PCAP e na lexislación contractual vixente.
- -Coñecer e ser oído sobre as observacións que se formulen en relación co cumprimento da prestación contratada.
- -Á devolución da garantía definitiva, unha vez executado o contrato,
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- aprobada a súa liquidación e transcorrido o prazo de garantía sen que resultasen responsabilidades que houbesen de exercitarse sobre a mesma.
- -Exercitar o dereito á resolución do contrato polas causas recollidas na lexislación contractual vixente.
- -Percibir indemnización polos danos e prexuízos derivados da resolución do contrato polo incumprimento do ente contratante.
## A/s empresa/s adxudicataria/s terá/n as seguintes obrigas:
- -Prestar o servizo coa continuidade convenida e garantir aos particulares o dereito a utilizalo nas condicións que se establecen no PPT, no PCAP ou que se diten no periodo de vixencia do contrato, así como as que resultasen da oferta do/s contratista/s e do contrato asinado polas partes.
- -Dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais e materiais aos que se comprometeu en virtude do sinalado no PPT, no PCAP e na propia oferta do/s contratista/s.
- -Asumir a responsabilidade civil, administrativa ou penal que lle puidese corresponder como consecuencia da execución do contrato. Será obriga do/s contratista/s indemnizar todos os danos e prexuízos causados a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato coa salvidade daqueles que sexan producidos por causas imputables á administración.
- -Coidar a boa orde do servizo, podendo ditar as oportunas instrucións, sen prexuízo dos poderes de policía atribuídos ao ente contratante.
- -Facer un bo uso das instalacions e equipamento, reventendoos ao final do contrato en perfecto estado de conservación de xeito que o/s adxudicatario/s reparará/n ou reporá/n os bens inmobles ou mobles que puidesen sufrir desperfectos garantindo a mesma calidade do produto no prazo máis breve posible.
- -Establecer protocolos de actuación nos seguintes casos:
- o Accidente (a asistencia sanitaria correrá a cargo do seguro do pai/nai/titor/a do alumno/a).
- o Detección de pediculosis ou sospeita de enfermidade infectocontaxiosa.
- -Informar ás familias sobre o funcionamento do servizo e atendelas de xeito adecuado establecendo canles de comunicación fluídos cos proxenitores.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -Velar pola seguridade dos/as nenos/as especialmente pola vixilancia e control de accesos e zonas de maior risco (patios exteriores) así como polo preceptivo control de entradas e saídas tanto dos/as nenos/as como de persoas nas instalacións.
- -Entrega, a través da Sede Electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo, dunha memoria da prestación do servizo en formato PDF, con data límite de presentación de 15 días naturais dende a finalización do mesmo. No caso do LOTE 2 presentarase unha memoria á finalización de cada un dos Obradoiros . Será redactada en galego e deberá incluír ao menos os seguintes aspectos:
- o Programación levada a cabo (temática, organización horaria, actividades desenvolvidas e material utilizado) destacando aquelas variacións producidas con respecto á programación presentada na oferta e motivación das mesmas.
- o Integrantes do equipo técnico con indicación do nome e apelidos, DNI e titulación/formación. Faranse constar tamén as incidencias producidas (ausencias, baixas...) así como os datos do persoal de substitución.
- o Rexistros de asistencia dos participantes.
- o Incidencias destacables ocorridas na execución do programa.
- o Valoración global: dificultades atopadas e propostas de mellora.
- o Galería fotográfica.
- o Deberá anexarse calquera documento xerado para o adecuado desenvolvemento da actividade (circulares informativas, .....).
- -Solicitar e ter a disposición as autorizacións, permisos e licenzas de calquera índole que fosen necesarios para cumprir coa legalidade vixente no desenvolvemento das actividades durante todo o prazo de execución do contrato.
- -Cumprir a normativa vixente en materia de espazos e especies protexidos na execución das actividades, así como a normativa en materia sanitaria e de seguridade, de ser o caso.
- -Facilitar canta información lle sexa solicitada polo departamento responsable do servizo, no prazo que se indique, ao longo do desenvolvemento do mesmo.
- -Actuar en todo momento de acordo coas indicacións e as observacións do ente contratante sobre o funcionamento do servizo.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -Informar á administración contratante sobre calquera incidencia xeral ou individual que altere o normal desenvolvemento do servizo así como sobre os danos nas instalacións ou de calquera urxencia no momento no que se produza.
- -Tramitar ao seu cargo todas as licenzas, autorizacións e legalizacións que esixa o cumprimento do obxecto do contrato.
- -Aboar os impostos, dereitos, taxas, compensación, prezos públicos e demais gravames, con ocasión ou como consecuencia do contrato ou da súa execución.
- -Cumprir os requisitos previstos na lexislación vixente de contratos da administración pública para os supostos de subcontratación.
## 13. DEREITOS E OBRIGAS DO ENTE CONTRATANTE
Por aplicación do disposto no artigo 312.d) da LCSP, se do incumprimento por parte do/s contratista/s se derivase perturbación grave e non reparable por outros medios no servizo e a administración non decidise a resolución do contrato, poderá acordar o secuestro ou intervención do mesmo, ata que aquela desapareza. En todo caso o/s contratista/s deberá aboar á administración os danos e prexuizos que lle ocasionase.
Por aplicación do disposto no artido 312.e) da LCSP, a administración conservará os poderes de policía necesarios para asegurar a boa marcha dos servizos que conleven prestacións directas a favor da cidadanía de que se trate.
Independentemente do anterior, dispóñense os seguintes dereitos e obrigas do ente contratante:
- Esixir a existencia dos medios e organización necesarios para a prestación do servizo.
- Ordear discrecionalmente as modificacións que esixa o interese público.
- Convocar cantas reunións se estimen pertinentes para o bo desenvolvemento do servizo e a súa supervisión, ás que estará/n obrigada/s a asistir a representación da/s empresa/s adxudicataria/s.
- Responsabilizarse do proceso de solicitude de prazas e inscrición dos interesados, así como de dispoñer das autorizacións dos proxenitores para as saídas, toma e utilización da imaxe persoal e recollida dos menores participantes.
- Asumir as labores e gastos de difusión e publicidade do servizo.
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- Asumir os gastos de mantemento das instalacións nas que se desenvolve o servizo: luz, auga, limpeza, material hixiénico…
- Fiscalizar a xestión do/s contratista/s. A este efecto, o ente contratante poderá inspeccionar o servizo, as instalacións e locais e a documentación relacionada co obxecto da prestación do servizo, e ditar ordes para manter ou restablecer a prestación correspondente.
- Asumir temporalmente a xestión directa do servizo en caso de que non se preste ou non o poida/n prestar o/s adxudicatario/s por circunstancias que lle sexan ou non imputables.
- Impoñer ao/s adxudicatario/s as sancións pertinentes en razón das infraccións que tivese cometido na prestación do servizo.
- Extinguir o contrato por calquera das causas previstas no ordenamento.
- Outorgar ao/s contratista/s a protección adecuada co fin de que poida prestar o servizo debidamente.
- Indemnizar ao/s adxudicatario/s polos danos e prexuízos que lle ocasione a asunción directa da xestións do servizo cando se produza por motivos de interese público, independentemente da culpa do/s adxudicatario/s, ou no caso da supresión do servizo.
## 14. CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DURANTE A EXECUCIÓN DO CONTRATO
O/s adxudicatario/s e o seu persoal deberán manter a confidencialidade daquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato, non podendo usalos máis que para as súas finalidades estritas que se deriven do cumprimento do obxecto deste contrato, nin os comunicará ou cederá a ningunha entidade, empresa ou persoa diferente da persoa interesada, sen a expresa autorización do ente contratante.
A/s empresa/s adxudicataria/s e o seu persoal están obrigados a gardar secreto profesional respecto dos datos de carácter persoal dos que poidan ter coñecemento por razón da prestación do contrato, obriga que subsistirá aínda logo da finalización do mesmo, de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais . O/s adxudicatario/s deberán formar e informar ao seu persoal das obrigas que en materia de protección de datos estean obrigados a cumprir no desenvolvemento das súas tarefas para a prestación do contrato, en especial as derivadas do deber de segredo, respondendo a/s empresa/s adxudicataria/s
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
persoalmente das infraccións legais en que por incumprimento dos seus empregados puidese incorrer.
O/s adxudicatario/s, como encargado/s do tratamento dos datos, adoptarán as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos, sistemas e equipos que interveñan no tratamento dos datos de carácter persoal, de acordo coas prescricións da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
A vulneración do deber de confidencialidade sobre estes datos ou de calquera outra obriga derivada da lexislación de protección de datos de carácter persoal por parte do/s adxudicatario/s ou do persoal ao seu servizo é unha causa de resolución deste contrato, sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal que corresponda.
Cando remate a prestación contractual, os datos de carácter persoal serán destruídos ou devoltos a entidade contratante ou ao encargado do tratamento designado, en aplicación da lexislación vixente.
## 15. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
## A. CUSTOS DIRECTOS
## A.1. PERSOAL
Para a determinación dos custos de persoal en cada un dos lotes tense en consideración o equipo técnico establecido no apartado 8 deste prego de prescricións técnicas en función da previsión de prazas ofertadas e do horario do servizo. O cálculo faixe tendo en conta o IV Convenio colectivo marco estatal de ocio educativo e animación sociocultural que está a punto de entrar en vigor, logo do correspondente acordo entre as partes, dado que na data de comenzo deste contrato é previsible que xa se atope en vigor.
Téñense en conta as Tablas A e C do Anexo III do citado IV Convenio, de maior importe, independentemente de que, en función da entrada en vigor do referido convenio e da data de publicación desta licitación, sexan de aplicación durante o período de execución do contrato estas tablas salariais ou a Tabla B do Anexo III do referido IV Convenio.
O cálculo do prezo/hora de servizo faise tomando ao salario base anual establecido para as categorías de coordinador/a de actividades e proxectos de centro e de monitor/a de ocio educativo e tempo libre do Grupo III dividido entre as 1.742 horas anuais de traballo efectivo. Feito o cálculo do total do custo salarial, co obxecto de compensar posibles ausencias por incapacidade temporal, permisos ou outras circunstancias legalmente previstas, aplícaselle
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
un factor corrector por absentismo do 7% e incorpórase a cotización empresarial á Seguridade Social estimada nun 33%.
LOTE 1: Sanxenxo Concilia
| Nº TRABA LLADO RES/AS | POSTO | HORARIO | HORAS /DÍA | DÍAS DE SERVIZ O | CUSTO SALARIAL 1 | CORRECT OR ABSENTI SMO (7%) | SEG. SOCIAL (33%) | CUSTO TOTAL |
|-------------------------|---------------|--------------|--------------|--------------------|--------------------|-------------------------------|---------------------|---------------|
| 2 | Coordinador/a | 7:55-15:35 h | 7,7 | 54 | 4.356,72 € | 304,97 € | 1.538,36 € | 12.400,10 € |
| 2 | Monitor/a | 7:55-15:35 h | 7,7 | 54 | 4.177,79 € | 292,44 € | 1.475,18 € | 11.890,81 € |
| 2 | Monitor/a | 9:00-15:30 h | 6,5 | 44 | 2.873,61 € | 201,15 € | 1.014,67 € | 8.178,87 € |
| 5 | Monitor/a | 9:00-14:00 h | 5 | 54 | 2.712,85 € | 189,90 € | 957,91 € | 19.303,27 € |
| 7 | Monitor/a | 9:00-14:00 h | 5 | 44 | 2.210,47 € | 154,73 € | 780,52 € | 22.020,02 € |
| 2 | Monitor/a | 9:30-13:30 h | 4 | 17 | 683,24 € | 47,83 € | 241,25 € | 1.944,63 € |
| TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | 75.737,69 € |
1 Coordinador/a: 10,48 €/h Monitor/a: 10,05 €/h
LOTE 2: Obradoiros de Nadal, Obradoiros de Entroido e Obradoiros de Semana Santa .
| Nº | POSTO | HORARIO | HORA S/DÍA | DÍAS DE SERVI ZO | CUSTO SALARIAL 1 | CORREC TOR ABSENT ISMO (7%) | SEG. SOCIAL (33%) | CUSTO TOTAL |
|-------|---------------|--------------|--------------|--------------------|--------------------|-------------------------------|---------------------|---------------|
| 1 | Coordinador/a | 8:55-14:35 h | 5,7 | 17 | 1.045,77€ | 73,20€ | 369,26€ | 1.488,24€ |
| 1 | Monitor/a | 8:55-14:35 h | 5,7 | 17 | 1.002,82€ | 70,20€ | 354,10€ | 1.427,11€ |
| 1 | Monitor/a | 9:30-14:30 h | 5 | 17 | 879,67€ | 61,58€ | 310,61€ | 1.251,85€ |
| 3 | Monitor/a | 9:30-14:00 h | 4,5 | 17 | 791,70€ | 55,42€ | 279,55€ | 3.380,00€ |
| 1 | Monitor/a | 9:30-14:00 h | 4,5 | 4 | 186,28€ | 13,04€ | 65,78€ | 265,10€ |
| TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | 7.812,30 € |
1 Coordinador/a: 10,79 €/h Monitor/a: 10,35 €/h
## A.2. MATERIAL
Neste apartado contémplanse as cantidades económicas asignadas aos medios materiais a utilizar segundo o especificado no apartado 7 deste PPT. Dada a variedade de material a utilizar no servizo e a complexidade para a súa descomposición xa que na súa maioría dependerá das actividades programadas, a determinación do custo fíxose a tanto alzado de acordo co artigo 309 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
| | MATERIAL |
|---------------------------|-------------|
| LOTE 1: Sanxenxo Concilia | 10.000,00 € |
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
| LOTE 2: Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal | 2.500,00 € |
|------------------------------------------------------------------------------------|--------------|
## B. CUSTOS INDIRECTOS
Polo que respecta aos custos indirectos, establécese un 5% para gastos xerais de estrutura e xestión e un 6% de beneficio industrial.
| | TOTAL GASTOS | GASTOS XERAIS (5%) | BENEFICIO INDUSTRIAL (6%) |
|----------------------------------------------------------------------------------|----------------|----------------------|-----------------------------|
| LOTE 1: Sanxenxo Concilia | 85.737,69 € | 4.286,88 € | 5.401,47 € |
| LOTE 2: Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal | 10.312,30 € | 515,62 € | 649,67 € |
## C. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Considerando que a prestación está suxeita a un IVE do 10 % segundo o disposto no punto 7º do apartado 2 do artigo 91 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido o orzamento base de licitación é o seguinte:
| | 1ª ANUALIDADE | 1ª ANUALIDADE | PRÓRROGA | PRÓRROGA | ORZAMENT O BASE DE LICITACIÓ |
|----------------------------------------------------------------------------------|-----------------|-----------------|-------------|------------|--------------------------------|
| | TOTAL | IVE (10%) | TOTAL | IVE (10%) | N |
| LOTE 1: Sanxenxo Concilia | 95.426,05 € | 9.542,60 € | 95.426,05 € | 9.542,60 € | 209.937,30 € |
| LOTE 2: Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal | 11.477,59 € | 1.147,76 € | 11.477,59 € | 1.147,76 € | 25.250,70 € |
| TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | TOTAL | 235.188,00 € |
## 16. VALOR ESTIMADO DO CONTRATO
No caso de prórroga hai que ter en conta o seguinte:
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
- -O prezos/hora do servizo vense incrementados atendendo ao IV Convenio colectivo marco estatal de ocio educativo e animación sociocultural.
- -As cantidades asignadas ao material redúcense posto que se considera que parte do material adquirido para a execución do contrato pode ser reutilizado no suposto de formalización da prórroga.
Tendo en consideración o anterior, estímase que os incrementos e reduccións de gastos compénsanse entre sí polo que o VALOR ESTIMADO DO CONTRATO é o seguinte:
| | 1ª ANUALIDADE (sen IVE) | PRÓRROGA (sen IVE) | VALOR ESTIMADO DO CONTRATO (sen IVE) |
|----------------------------------------------------------------------------------|---------------------------|----------------------|----------------------------------------|
| LOTE 1: Sanxenxo Concilia | 95.426,05 € | 95.426,05 € | 190.852,10 € |
| LOTE 2: Obradoiros de Entroido, Obradoiros de Semana Santa e Obradoiros de Nadal | 11.477,59 € | 11.477,59 € | 22.955,18 € |
| TOTAL | 106.903,64 € | 106.903,64 € | 213.807,28 € |
## 17. AXUSTES NAS RETRIBUCIÓNS A PERCIBIR POLO/S CONTRATISTA/S EN FUNCIÓN DO NÚMERO DE MENORES PARTICIPANTES
A execución do servizo terá por parte do ente contratante unha marxe de variabilidade con respecto á súa realización. Así pois:
- A) Para os dous lotes: por cada dúas prazas reservadas para menores con diversidade funcional que non se cubran , o ente contratante deixará de aboar ao/s adxudicatario/s o gasto correspondente a un monitor con horario de 9,00 a 14,00 h no caso do LOTE 1 e con horario de 9,30 a 14,00 h no caso do LOTE 2 polo período no que non se cubran ditas prazas conforme ás seguintes cantidades:
LOTE 1: Sanxenxo Concilia
| 2 meses | 1 mes | Quincena | Xuño | Setembro |
|--------------|--------------|------------|----------|------------|
| - 3.145,72 € | - 1.572,86 € | - 786,43 € | 428,94 € | 285,96 € |
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
| Obradoiros de Entroido | Obradoiros de Semana Santa | Obradoiros de Nadal |
|--------------------------|------------------------------|-----------------------|
| - 198,81 € | - 265,08 € | - 662,70 € |
- B) Para o LOTE 1: no caso de que o número de menores participantes sexa menor ao número de prazas ofertadas, por cada 15 prazas non cubertas no mesmo centro educativo , o entre contratante deixará de aboar ao adxudicatario o custo correspondente a un monitor/a con horario de 9,00 a 14,00 h polo período no que non se cubran ditas prazas conforme ás seguintes cantidades:
2. C)Para o LOTE 2: no caso de que o número de menores participantes sexa menor ao número de prazas ofertadas, por cada 15 prazas non cubertas nun mesmo obradoiro , o entre contratante deixará de aboar ao adxudicatario o custo correspondente a un monitor/a con horario de 9,30 a 14,00 h polo período de duración dese obradoiro conforme ás seguintes cantidades:
3. D)Para o LOTE 2: no caso de que algún dos Obradoiros non se realizara por non haber un número mínimo de 20 solicitudes para levalo a cabo, tal e como se contempla no apartado 5 deste PPT, o ente contratante deixará de aboar ao adxudicatario ese Obradoiro. O importe a deixar de aboar será o proporcional aos días de servizo non prestados conforme ás seguintes cantidades:
| 2 meses | 1 mes | Quincena | Xuño | Setembro |
|--------------|--------------|------------|----------|------------|
| - 3.145,72 € | - 1.572,86 € | - 786,43 € | 428,94 € | 285,96 € |
| Obradoiros de Entroido | Obradoiros de Semana Santa | Obradoiros de Nadal |
|--------------------------|------------------------------|-----------------------|
| - 198,81 € | - 265,08 € | - 662,70 € |
| Obradoiros de Entroido | Obradoiros de Semana Santa | Obradoiros de Nadal |
|--------------------------|------------------------------|-----------------------|
| - 2.025,45 € | - 2.700,61 € | - 6.751,50 € |
<!-- image -->
<!-- image -->
## O.A. Terra de Sanxenxo
Cod. Validaci n: 7XELHPCHFE63AAEJ4SYCGNCZH Correcci n: https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | PÆxina 23 a 23
<!-- image -->