Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Concello de A Cañiza Expediente 1396/2026 MEMORIA XUSTIFICATIVA PARA A LICITACIÓN DA SUSCRIPCIÓN DE UNHA PÓLIZA DE SEGUROS DE DANOS MATERIAIS EN BENS PÚBLICOS YZHZ7GADSMA265C7XNHEZNDE3 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.azinac//:sptth :nóiccerroC 31 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Concello de A Cañiza Expediente 1396/2026 OBXECTO En cumprimento do disposto no artigo 28 da Lei de Contratos do Sector Publico, en diante LCSP, o cal establece que “As entidades do sector público non poderán celebrar outros contratos que aqueles que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación.” Así, enténdese que a necesidade de celebrar os contratos de seguros fundaméntase no seguinte: INFORME DE NECESIDADE O seguro de Danos Materiais garante os posibles danos materiais que poidan sufrir os bens mobles e inmobles propiedade do Concello; a subscrición deste seguro é precisa para conservar o patrimonio da Administración. A contratación desta póliza de seguros obedece á necesidade imprescindible de cobertura de riscos imprevisibles que puidesen acontecer no ámbito municipal, e garantir prestacións e garantías, así como o cumprimento das obrigacións subscritas en virtude dos acordos correspondentes aos que chegue o Concello. Esta contratación proponse en base á súa consideración como Competencia Propia deste Concello xa que o riscos e seguros obxecto do citado contrato son os derivados do exercicio das competencias, potestades, actividades e prestación de servizos contemplados na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, xa sexan estas as atribuídas directamente ás Entidades Locais, as delegadas da Administración do Estado, Comunidades Autónomas ou outras Entidades locais, ou as complementarias propias doutras Administracións Públicas XUSTIFICACIÓN DE INSUFICIENCIA DE MEDIOS O contrato que se propón xustifícase ante a insuficiencia ou a falta de adecuación de medios propios con que conta o Concello de A Cañiza para cubrir con satisfacción as necesidades obxecto do mesmo. Por outra banda, é este o medio habitualmente utilizado no mercado para cubrir este tipo de necesidades e o máis completo e eficaz para facer fronte á cobertura de riscos descrita no Prego de prescricións técnicas. Constatada a necesidade de celebrar o presente contrato, procedeuse á elaboración do prego de prescricións técnicas que debe formar parte do contido do expediente de contratación. Igualmente, e para os efectos da súa debida constancia no expediente e dado que o artigo 68, no seu apartado terceiro, do Regulamento Xeral da Lei de Contratos establece a imposibilidade de que nos pregos de prescricións técnicas figuren datos que deben de quedar reflectidos no prego de condicións administrativas, faise necesario determinar neste momento as mesmas para os efectos da súa debida definición contractual NATUREZA DO CONTRATO E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN Esta contratación ten a condición de contrato privado de servizos, conforme ao YZHZ7GADSMA265C7XNHEZNDE3

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.