Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
https://sede.dacoruna.gal/valdoc?c=b52c0e82074ee619c53dee63bafeacd2d6e1c652 DANIEL RAMON BEIRAS GARCIA- Validación de documentos: SABELL https://sede.dacoruna.gal/valdoc Código: Data e hora: 23/09/2026 14:31 b52c0e82074ee619c53dee63bafeacd2d6e1c652 ARQUITECTURA E MANTEMENTO MEMORIA Asunto: rehabilitación do espazo interior de Torres do Allo Obxecto: xustificación da proposta de contrato Expediente: PCO.001.2026.00940 1 ANTECEDENTES A Deputación da Coruña rehabilitou Torres do Allo hai case tres décadas, cun proxecto naquela altura pioneiro na rehabilitación do patrimonio cultural dotando a este edificio declarado ben de interese cultural (BIC) dun amplo espazo expositivo, cun equipo técnico sobranceiro dirixido polo arquitecto Iago Seara Morales e no que participou tamén o arquitecto técnico Pablo Reboredo Canosa. A rehabilitación baseouse no respecto á integridade do monumento na súa envolvente e unidades construtivas (evitando a disposición de canlóns e poñendo en uso as gárgolas); a mínima intervención na imaxe exterior; evitar a reconstrución de falsos históricos (deixando na parede SO unicamente marca da suposta escaleira, sen reconstruíla) e a innovación no espazo interior (forrando gran parte das paredes con taboleiro sobre o que se dispuñan as instalacións técnicas, a iluminación e o material expositivo). Hoxe as incidencias de mantemento neste edificio son continuas polas frecuentes entradas de auga e a degradación de parte dos materiais, taboleiros das paredes e instalacións técnicas. Tamén os contidos expositivos do edificio resultan en parte obsoletos ou carentes dun fío condutor que dea coherencia ao conxunto. Polo que cómpre renovar o espazo interior e posibilitar unha nova musealización do espazo interior do edificio. 2 CONVENIENCIA E OPORTUNIDADE 2.1 O obxecto deste contrato é a redacción do proxecto básico, de execución e co- dirección das obras de rehabilitación do espazo interior de Torres do Allo . SERVIZO DE ARQUITECTURA E MANTEMENTO. 1/2 Avenida Porto da Coruña, 2. 15003. Tel. 981 415 339 correo-e: arquitectura@dacoruna.gal https://sede.dacoruna.gal/valdoc?c=b52c0e82074ee619c53dee63bafeacd2d6e1c652 DANIEL RAMON BEIRAS GARCIA- Validación de documentos: SABELL https://sede.dacoruna.gal/valdoc Código: Data e hora: 23/09/2026 14:31 b52c0e82074ee619c53dee63bafeacd2d6e1c652 ARQUITECTURA E MANTEMENTO Trátase de definir as obras de rehabilitación do edificio necesarias para actualizar a súa calidade construtiva e dispor a base para establecer uns novos contidos expositivos. 2.2 Para esta actuación tivéronse en conta as actuacións de mantemento e conservación realizadas ao longo das últimas tres décadas sobre o edificio e o estado actual do monumento. Polo que se achegan planos do estado actual ao expediente cos cadros de superficies do programa expositivo existente. 2.3 Resulta urxente a reparación do espazo interior do edificio polo nivel de degradación das instalacións e dos paneis de madeira que lles serven de base nos paramentos das diferentes estancias. A Coruña, 22 de setembro de 2026 O arquitecto-xefe de Servizo Daniel Beiras García-Sabell (asinado dixitalmente) SERVIZO DE ARQUITECTURA E MANTEMENTO. 2/2 Avenida Porto da Coruña, 2. 15003. Tel. 981 415 339 correo-e: arquitectura@dacoruna.gal