Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
SERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓN Referencia: PCO.001.2026.00940 RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES E O PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN CO-DIRECCIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO ESPAZO INTERIOR DAS TORRES DE ALLO, EXPEDIENTE PCO.001.2026.00940 Don VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, Presidente da Deputación Provincial da Coruña RESOLVO: 1. Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares asinado polo Servizo de Patrimonio e Contratación con data 20 de novembro de 2026 e o Prego de Prescricións Técnicas asinado polo Servizo de Arquitectura e Mantemento con data 26 de outubro de 2026, para a contratación dos SERVIZOS DE REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN CO-DIRECCIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO ESPAZO INTERIOR DAS TORRES DE ALLO, EXPEDIENTE PCO.001.2026.00940, nas seguintes condicións: 1.1. Información do contrato: 1.1.1. Tipo de contrato: servizos 1.1.2. Procedemento: aberto con múltiples criterios de adxudicación 1.2. Prazo de execución: O prazo de execución para a redacción dos proxectos básicos e de execución é de 4 meses a partir do día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo. O prazo para a co-dirección das obras está sen determinar en función do prazo da obra. Como mínimo será o prazo de execución da obra (9 meses) mais 15 meses, tendo en conta as tarefas previas ao inicio das obras e o tempo transcorrido ata a devolución da garantía ao contratista. 1.3. Orzamento: A) Orzamento sen IVE: 52.722,43€ B) Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ao 21%: 11.071,71€ C) Orzamento IVE incluído (A+B): 63.794,14€ 1.4. Valor estimado: 63.794,14 euros 1.5. Financiamento: O gasto pode imputarse á aplicación 0420/93341/22706 do Orzamento vixente, número operación RC 220260050634. 1 de 2 Por tratarse dun contrato que poderá estender os seus efectos a máis dun exercicio orzamentario, financiarase conforme o disposto no artigo 174 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. O contrato quedará suxeito á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas do contrato no exercicio correspondente. 2. Dispoñer que o referido contrato se adxudique mediante procedemento aberto con múltiples criterios de adxudicación. 2 de 2