PCO001202600940 PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
https://sede.dacoruna.gal/valdoc?c=b167f122824e6ec93199e4b29c0055dc0ca96e98 DANIEL RAMON BEIRAS GARCIA- Validación de documentos: SABELL https://sede.dacoruna.gal/valdoc Código: Data e hora: 26/10/2026 14:55 b167f122824e6ec93199e4b29c0055dc0ca96e98 ARQUITECTURA E MANTEMENTO PCO.001.2026.00940 PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO, DE EXECUCIÓN E CO-DIRECCIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO ESPAZO INTERIOR DAS TORRES DO ALLO NO CONCELLO DE ZAS. 1 OBXECTO DO CONTRATO O obxecto deste contrato é a redacción do proxecto básico e de execución, así como a posterior co-dirección das obras de REHABILITACIÓN DO ESPAZO INTERIOR no concello de Zas. Trátase de definir as obras de rehabilitación para acondicionamento do espazo interior do edificio para o seu uso expositivo en atención ás necesidades actuais do edificio e dentro dun programa exhaustivo de actualización do patrimonio inmoble da Deputación da Coruña, cumprindo coas seguintes premisas de partida: - avaliar o estado actual da construción, patoloxías construtivas, humidades, estabilidade estrutural, solleamento, déficits de accesibilidade, etc; - mellorar a estanqueidade e envolvente térmica do edificio tendente a un funcionamento que minimice a súa demanda de enerxía; - incorporar novos materiais ecolóxicos que colaboren na descarbonización do medio ambiente tanto no seu proceso de fabricación e construción coma no seu posterior uso; - deseñar o conxunto das instalacións incorporando solucións de eficiencia enerxética máis aló dos mínimos normativos vixentes; - actualizar a iluminación, os acabados de paramentos e pavimentos en condicións adecuadas para dar soporte a un novo proxecto expositivo; - mellorar a accesibilidade e organizar os percorridos base para o uso expositivo; - resolver adecuadamente a recollida e evacuación de augas pluviais e finalmente, deseñar unha proposta cromática para a imaxe conxunta do edificio, con novas carpinterías, integrando as actuacións necesarias en fachadas e cubertas. Para a redacción da documentación de proxecto, tomaranse como punto de partida os planos achegados pola Deputación de A Coruña e as tomas de datos e medicións que se deben realizar pola persoa contratista sobre o inmoble. O edifico ten as seguintes superficies construídas aproximadas: SERVIZO DE ARQUITECTURA E MANTEMENTO Avenida Porto da Coruña, 2 15003 Tel. 981 080 339 Correo-e. arquitectura@dacoruna.gal

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.