Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Ana María Cacharrón Castelos, secretaria do Concello de Bergondo (A Coruña) CERTIFICO: Que, pola alcaldía presidencia, por Resolución nº 938/2026, do 16-09-2026 , adoptouse o acordo que a continuación se transcribe literalmente: «Alejandra Pérez Máquez, alcaldesa-presidenta do Concello de Bergondo (A Coruña) INCOACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA DE «HUMANIZACIÓN, MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA E ACCESIBILIDADE DO VIARIO DA PRAIA DE GANDARÍO (CORNIDE-BERGONDO), INCLUÍDO NO POS +2026 EXPEDIENTE: 2025/C003/000002 Logo de ver o proxecto da obra de «Humanización, mellora da seguridade viaria e accesibilidade do viario da Praia de Gandarío (Cornide, Bergondo)», redactado por D. Pablo Couto López, enxeñeiro de camiños, canles e portos, colexiado núm. 15.384, en abril de 2026, proxecto incluído no Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de competencia municipal POS+2026 - código 2026.2100.0010.0 - cun presuposto de execución por contrata de 514.998,87 euros, IVE incluído, aprobado por Resolución da alcaldía núm. 422/2026, do 17 de abril (previamente por acordo plenario en sesión ordinaria do 29.01.2026) e por acordo plenario da Deputación Provincial en sesión do 29 de maio de 2026, e o levantamento das condicións para a súa contratación por Resolución da Presidencia núm. 35251/2026. Logo de ver que o o establecido na base 8ª das Bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2026, publicadas no BOP número 231, do 2 de decembro de 2025, que dispón que: «(...)Todos os investimentos deberán estar rematados o 30 de novembro de 2027. Non obstante, este prazo poderá ser prorrogado mediante Resolución da Presidencia, de oficio ou previa solicitude motivada dos concellos, cando concorran causas que así o xustifiquen. Neste caso, o prazo máximo para a execución dos investimentos remata o 30 de novembro de 2028. Non obstante, este prazo poderá prorrogarse ata o 30 de novembro de 2029 para o caso daqueles investimentos que o 30 de novembro de 2028 estean aínda pendentes de rematar por causas non imputables ao concello, sempre que na dita data xa estivera iniciada a súa execución. Tamén se poderá prorrogar o prazo máximo de execución ata o 30 de novembro de 2029 naqueles investimentos nos que, aínda que non teñan iniciada a súa execución o 30 de novembro de 2028, estean condicionados á obtención de permisos doutras Administracións ...» Logo de ver a necesidade de acometer a citada obra, dado que as obras contidas no proxecto obxecto do presente expediente son necesarias para o cumprimento e realización dun dos fins institucionais dunha administración territorial como é a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade á praia de Gandarío deste termo municipal. A idoneidade do obxecto, así como a do contido para satisfacer aquel veñen suficientemente descritos e valorados no documento técnico que serve de base para a súa licitación, consonte se reflicte no artigo 26.1.a) da Ley 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o que se xustifica a necesidade deste contrato, consonte co establecido no artigo 116.4.e) da LCSP. Logo de ver o acordo da xunta de goberno local, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2026, no que se establece que o contrato deste investimento non se dividirá en lotes e adxudicarase como unha unidade contractual, de conformidade co informe emitido polo redactor do proxecto, e que se xustifica, consonte co esixido no artigo

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.