acordo licitacion.pdf

Documento Adicional Ver licitación
ACTAS E GOBERNO AMRG/ydg Ref: 26x530080462 Asunto: XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2-11-2026 8/462 CONTRATACIÓN DA OBRA DE EXECUCIÓN DE APARCADOIROS DISUASORIOS NA CIDADE DE LUGO (RÚA PRIMAVERA, AVENIDA VILA VERDE E RONDA XOSÉ CASTIÑEIRA): APROBACIÓN DO PROXECTO DE OBRA, DO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS, ASÍ COMO DO GASTO E APERTURA DO PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, EXP. REF. 2026/C002/000035.- Examinado o expediente tramitado para os efectos e visto o informe proposta do xefe de Servizo de Contratación e Patrimonio, do 30 de outubro de 2026, conformado pola tenenta de alcaldesa delegada da área respectiva, na parte expositiva do cal se fai constar: “ANTECEDENTES 1.- Proxecto de execución de aparcadoiros disuasorios na cidade de Lugo (rúa Primavera, avenida Vila Verde e ronda Xosé Castiñeira) subscrito pola enxeñeira D.ª Irene Fernández Prieto o 16 de outubro de 2026. 2.- Acta de implantación previa e viabilidade física e xurídica da obra do 27 de outubro de 2026. 3.- Informe de necesidade asinado pola adxunta do Servizo de Enxeñería, o xefe de servizo mais o tenente de alcaldesa delegado da Área Mobilidade e Obras, o 27 de outubro de 2026, de repercusión do contrato na estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira e de supervisión de proxectos, con proposta de criterios de adxudicación e outras cuestións necesarias para a elaboración do prego de cláusulas administrativas. 4.- Mandamento contable da tesoureira municipal do 29 de outubro de 2026 de retención de crédito contabilizada na aplicación orzamentaria 153000.61900, código proxecto 26XX00005 Investimentos en vías públicas urbanas, por importe de 273.578,56 euros (RC 64740), e correspondente CIC polo mesmo importe (CIC 64741). 5.- Prego de cláusulas administrativas asinado polo xefe do Servizo de Contratación e Patrimonio o 29 de outubro de 2026, e correspondente informe proposta. 6.- Informe favorable da Asesoría Xurídica do 29 de outubro de 2026. 7.- Informe favorable da Intervención Xeral do 29 de outubro de 2026 coa seguinte observación: "O artigo 126 da LCSP sinala que “1. As prescricións técnicas a que se refiren os artigos 123 e 124, proporcionarán aos empresarios acceso en condicións de igualdade ao procedemento de contratación e non terán por efecto a creación de obstáculos inxustificados á apertura da contratación pública á competencia (…) 1 , )6202/11/60 :AHCEF( ODARP ZEUQZAV REIVAJ-***033*** , )6202/11/60 :AHCEF( zepóL aidnaC anelE aíraM-***714*** ROP ODAMRIF )6202/11/60 :AHCEF( aícraG saviR aíraM anA-***342*** elbimirpmi nóisreV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.