PCAP NEGOCIADO.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
Concello de Betanzos Praza de Galicia, nº 1, 15300 Betanzos, A Coruña Teléfono: 981 770 011 Fax; 981 776 529 web: www.betanzos.net sede electrónica: https://sede.betanzos.gal e-mail: correo@betanzos.net Dilixencia: Documento aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 27 de agosto do 2026 En Betanzos a 16 de setembro do 2026 O Secretario Adrián J. Márquez Caramés PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES RELATIVO AO PROCEDEMENTO PARA A ADXUDICACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, NON SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA, DO CONTRATO DE OBRAS DE CONSTRUCCION DUNHA PISTA DE PADEL CUBERTA NO CARREGAL CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación. 1.1. Descrición do obxecto do contrato O presente contrato ten por obxecto a execución das obras á que se refire a epígrafe 1 do cadro de características do contrato, con suxeción ao Proxecto Técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, de acordo co establecido no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co disposto no art. 4 do R.D. 105/2008 . O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste Prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Réxime xurídico do contrato O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de obras non suxeito a regulación harmonizada, de acordo co artigo 13 da Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público (en diante LCSP) Neste senso nas epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato Como contrato administrativo rexerase en canto á súa preparación, adxudicación, efectos, modificación e extinción pola LCSP e as disposicións que a desenvolvan; supletoriamente polo resto de normas de dereito administrativo e no seu defecto polo dereito privado. A orde xurisdicional contencioso-administrativa será a competente para coñecer das cuestións que se susciten en canto á preparación, efectos, modificación e extinción deste contrato. Este prego e demais documentos anexos revestirán carácter contractual. No caso de discordancia entre este prego e calquera do resto de documentos contractuais, prevalecerá este prego. O descoñecemento das cláusulas do contrato en calquera dos seus termos, dos outros documentos contractuais que forman Documento asinado electrónicamente, pódese validar a sinatura co código indicado na marxe na https://sede .betanzos .ga l (O Código de Verificación garante, mediante o cotexo na sede electrónica municipal, a integridade do documento (Artigo 42 b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público). /lag.soznateb.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV pZQ2gYSsNo+ZeYU7ByZI :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.