Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
{# The full_text may contain Markdown (markitdown/docling output) or plain text. The raw content is server-rendered inside the
so search engines can index it. The extra_scripts block progressively enhances the display by parsing the Markdown client-side via marked.js. Without JavaScript the text is shown with whitespace-pre-wrap as a readable fallback. #}
Concello de Betanzos Praza de Galicia, nº 1, 15300 Betanzos, A Coruña Teléfono: 981 770 011 Fax; 981 776 529 web: www.betanzos.net sede electrónica: https://sede.betanzos. ga l e-mail: correo@betanzos.net Adrián J. Márquez Caramés, secretario do Concello de Betanzos, CERTIFICA: A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 11 de abril do 2024, adoptou, fora da orde do día o seguinte acordo: ASUNTO:Concesión demanial de dominio público sobre as infraestructuras de unha rede de puntos de recarga pública de vehículos eléctricos na cidade de Betanzos EXPEDIENTE: 2023/C006/000004 ANTECEDENTES PRIMEIRO. Consta a memoria de necesidade e a providencia de inicio do expediente. SEGUNDO. Consta o inicio do expediente, o informe de intervención e o borrador dos pregos administrativos e prescricións técnicas a informar. LEXISLACIÓN APLICABLE A Lexislación aplicable é a seguinte: — O Regulamento de Bens das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño. — A Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas. — Os artigos 9, 115 a 155 e as Disposicións Adicionais Segunda, Terceira e Décimo quinta da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP). CONSIDERACIÓNS PRIMEIRA. Os bens das Entidades Locais clasifícanse en bens de dominio público e bens patrimoniais ou de propios. Na utilización dos bens de dominio público considerarase uso privativo, o constituído pola ocupación dunha porción do dominio público, de modo que limite ou exclúa a utilización polos demais interesados. Estarán suxeitos a concesión administrativa o uso privativo de bens de dominio público. De conformidade co artigo 78.2 do Regulamento de Bens das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, as concesións outorgaranse previa licitación e con arranxo á lexislación de contratos das Administracións Públicas. SEGUNDA. De conformidade co artigo 9 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, están excluídos do ámbito de aplicación da norma, os contratos de compravenda, doazón, permuta, arrendamento e demais negocios xurídicos análogos sobre bens inmobles, valores negociables e propiedades incorporais a non ser que recaian sobre programas de computador e deban ser cualificados como Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) VY3BJS7+nR2dWg26Unc0 :DVC .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV Concello de Betanzos Praza de Galicia, nº 1, 15300 Betanzos, A Coruña Teléfono: 981 770 011 Fax; 981 776 529 web: www.betanzos.net sede electrónica: https://sede.betanzos. ga l e-mail: correo@betanzos.net contratos de subministración ou servizos, que terán sempre o carácter de contratos privados e rexeranse pola lexislación patrimonial. A lexislación patrimonial á que debemos remitirnos, é á lexislación patrimonial estatal, e con carácter específico ao Regulamento de Bens das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño. De conformidade co artigo 110.1 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, os contratos, convenios e demais negocios xurídicos sobre bens e dereitos patrimoniais rexeranse, en canto á súa preparación e adxudicación, por esta lei e as súas disposicións de desenvolvemento e, no non previsto nestas normas, pola lexislación de contratos das Administracións públicas. Os seus efectos e extinción rexeranse por esta lei e as normas de dereito privado. Así mesmo, o artigo 78.2 do Regulamento de Bens das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, as concesións outorgaranse previa licitación e con arranxo á lexislación de contratos das Administracións Públicas. En idéntico tenor, o artigo 93.1 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas (de carácter básico de conformidade co establecido na súa Disposición Final Segunda) indica que o outorgamento de concesións sobre bens de dominio público efectuarase en réxime de concorrencia. De acordo coa remisión que efectúa a lexislación patrimonial serán aplicables a este contrato, as normas de preparación dos contratos, artigos 115 a 130 da LCSP e as normas xerais de adxudicación dos contratos, artigos 131 a 155 da LCSP. Así mesmo, resultarán aplicables as disposicións relativas ao uso de medios electrónicos contidas nas Disposicións adicionais 15, 16 e 17, de modo que as notificacións se realizarán mediante dirección electrónica habilitada ou mediante comparecencia electrónica e a presentación de ofertas e solicitudes de participación levará a cabo utilizando medios electrónicos. TERCEIRA. O outorgamento de concesións sobre bens de dominio público efectuarase en réxime de concorrencia CUARTA. O procedemento para levar a cabo a concesión administrativa de ben de dominio público é o indicado no informe de secretaría que consta no expediente e co CVD: QUINTA. Os criterios de solvencia, valoración das ofertas, así como o resto dos pregos considéranse axustados a dereito, toda vez que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola Alcaldesa ou órgano delegado, neste caso a Xunta de goberno local de conformidade co disposto na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014. Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) VY3BJS7+nR2dWg26Unc0 :DVC .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV Concello de Betanzos Praza de Galicia, nº 1, 15300 Betanzos, A Coruña Teléfono: 981 770 011 Fax; 981 776 529 web: www.betanzos.net sede electrónica: https://sede.betanzos. ga l e-mail: correo@betanzos.net Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, a Xunta de Goberno Local, a proposta do secretario da Corporación, ACORDA: PRIMEIRO. Aprobar o expediente de contratación para a concesión demanial de dominio público sobre as infraestructuras de unha rede de puntos de recarga pública de vehículos eléctricos na cidade de Betanzos, convocando a súa licitación. SEGUNDO. Aprobar o gasto correspondente en caso de conformidade do informe de fiscalización que se emita pola Intervención. TERCEIRO. Aprobar os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas que rexerán o contrato. CUARTO. Publicar o anuncio de licitación no perfil de contratante co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. QUINTO. Publicar no perfil de contratante toda a documentación integrante do expediente de contratación, en particular o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas, así como os membros da mesa de contratación e publicar a súa composición no perfil de contratante:. A documentación necesaria para a presentación das ofertas ten que estar dispoñible o mesmo día de publicación do anuncio de licitación. SEXTO. Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. E, para que conste, expido e asino a presente en Betanzos a 16 de abril do 2024, co visto e prace da Sª alcaldesa. Vº e Pr. A alcadesa María Barral Varela Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) VY3BJS7+nR2dWg26Unc0 :DVC .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV