DECRETO LICITACION SANTIAGO AUSERON.pdf

Documento Adicional Ver licitación
CONTRATACIÓN E PATRIMONIO PFPD/edl Ref: Decreto licitación Santiago Auseron Asunto: Contratación do concerto de Santiago Auseron o 7 de outubro de 2026 na festas de San Froilán 2026. Exp. ref. 2026/C005/000011. DECRETO Ilmo. Sr. Don Javier Vázquez Prado, tenente de alcaldesa delegado da Área de Cultura, Educación, Deportes, Infancia e Xuventude. P.D da Xunta de Goberno Local (acordo 2/165 de 22.04.2026) Instruído o expediente relativo á CONTRATACIÓN DO CONCERTO DE SANTIAGO AUSERON O 7 DE OUTUBRO DE 2026 NAS FESTAS DE SAN FROILÁN 2026. APROBACIÓN DOS PREGOS DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES E DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS, ASÍ COMO DO GASTO E A APERTURA DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE. EXP. REF. 2026/C005/000011. Examinado o expediente de referencia e vistos: I.- Informe proposta do Servizo de Contratación e Patrimonio do 9 de setembro de 2026, co seguinte teor literal na parte expositiva: "ANTECEDENTES 1.- Informe do Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, asinado polo xefe do Servizo para a contratación de referencia mediante procedemento negociado sen publicidade, achega informe da repercusión do contrato na estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. 2.- Mandamento contable da Tesoureira Municipal do 4 de setembro de 2026 de retención de crédito con cargo á aplicación orzamentaria 33801.22699, Código de Proxecto 263380101 Festas San Froilán 2026, por importe de 29.040 euros (ARC 52414). 3.- Prego de cláusulas administrativas particulares asinado polo xefe do Servizo de Contratación e Patrimonio o 9 de setembro de 2026. LEXISLACIÓN APLICABLE - Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (TRRL). - Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (LALG). - Lei 9/2017 de 9 de novembro de 2017 de contratos do sector público (LCSP) - Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). - Real Decreto 817/2009 do 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a lei 30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público. 1

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.