Inf Serv inicio exp contr SANTIAGO AUSERON.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua XMCR/pls Refª: ispac2889087933110863108.doc Asunto: INFORME DO SERVIZO DE CULTURA, TURISMO E PROMOCIÓN DA LINGUA ASUNTO: CONTRATACIÓN DO CONCERTO DO ARTISTA SANTIAGO AUSERÓN O DÍA 7 DE OUTUBRO DENTRO DO PROGRAMA DE SAN FROILÁN 2026. A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua ten entre as súas funcións principais a promoción, organización, desenvolvemento e xestión da actividade cultural do Concello de Lugo, xestionando as instalacións e equipamentos municipais de interese cultural. Entre estas competencias tamén figura a organización das Festas de San Froilán. Por parte do órgano de contratación desta Área, segundo as necesidades expostas conforme a súa proposta, en base as súas características intrínsecas que, segundo se manifesta, non permite o seu sometemento á libre concorrencia, considérase necesaria a contratación que a continuación se detalla, nos seguintes termos: <<PROPOSTA DO ILMO. TENENTE DE ALCADESA DA ÁREA DE CULTURA A Área de Cultura ten entre as súas funcións principais a promoción, a organización, o desenvolvemento e a xestión da actividade cultural do Concello de Lugo, xestionando as instalacións e equipamentos municipais de interese cultural, recibindo a estes efectos diversas propostas artísticas e culturais. Entre estas competencias figura a organización das Festas de San Froilán e no seu desenvolvemento recibo diversas propostas artísticas e culturais para a programación dos festexos. Logo da súa consideración e valoración xunto ao persoal do Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua seleccionáronse pola súa calidade artística e cultural as distintas propostas coa que se conforma o programa do San Froilán 2026. Un deses proxectos, enmarcado no programa de concertos do San Froilán, en concreto para o mércores 7 de outubro na praza Horta do Seminario ás 22:00 horas, foi o presentado por Nalgures Producións SL e trátase do concerto do artista Santiago Auserón que achega o seu espectáculo La Academia Nocturna, Santiago Auserón que versiona en directo algunhas das mellores cancións da súa traxectoria (Radio Futura, Juan Perro) e estrea outras, acompañado por un grupo de músicos de altura que saben crear atmosferas de gran riqueza sonora e conectar co público. O rhythm & blues, o jazz, o rock e o soul fúndense na Academia Nocturna cos sones caribeños e coa tradición lírica española máis brillante. A empresa Nalgures Producións SL ten cedidos a estes efectos os seus dereitos en exclusiva e a continuación figuran os seus datos de contacto: Nome/Razón social: Nalgures Producións SL CIF: B27340322 Representante legal/Administrador: José Manuel Blanco Álvarez 1

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.