Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CERTIFICADO EXPEDIENTE NÚM. ÓRGANO COLEXIADO DATA DA SESIÓN 2889/2026 A Xunta de Goberno Local 29/06/2026 LUIS ALBERTO GIL GARCIA EN CALIDADE DE SECRETARIO DESTE ÓRGANO, CERTIFICO: Que na sesión realizada na data arriba indicada, se adoptou o seguinte acordo: EXPEDIENTE 2889/2026. PROPOSTA DE APROBACIÓN DE INICIO DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA "C26/15 MELLORA DOS CAMPOS MUNICIPAIS DE FÚTBOL DAS PISTAS DO KENIATA" (URXENCIA) Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento FEITOS E FUNDAMENTOS DE DEREITO Ratificación da inclusión na orde do día e declaración de urxencia: de conformidade co sinalado no art. 91.4 e 97.3 do Rd 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda declarar a urxencia e a ratificación da inclusión deste punto na orde do día. ANTECEDENTES DE FEITO Visto o proxecto de obra “Mellora dos campos municipais de fútbol das pistas do Keniata”, redactado polo arquitecto Federico Moreno Pike (COAG nº 4447) e Guillermo Viñas Sotelo enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 3289 do COITIVIGO) e asinado por ambos profesionais en data 11.03.2026 , aprobado mediante Decreto da Alcaldía 2026-1353 de data 26.06.2026, cuxo orzamento xeral ascende a cantidade total de DOUSCENTOS CORENTA E DOUS MIL NOVECENTOS SETENTA E SETE EUROS CON DOCE CÉNTIMOS (242.977,12 €), IVE incluído. Visto que para a execución do citado proxecto a Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención con destino ao financiamento do investimento citado e cun orzamento subvencionable polo mesmo importe, ao abeiro do III Plan extraordinario de infraestruturas deportivas. LEXISLACIÓN APLICABLE Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850 4SEWNMGTJYS226FHA45K952L6 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.sagnac//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Artigos 28.1 e 116.1 da da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014 /23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP). Disposición Adicional Segunda da LCSP (apartado 1) e Decreto da Alcaldía nº 2023-1299 de data 29.06.2023 relativo á delegación de competencias, de acordo cos cales corresponde á Xunta de Goberno Local como órgano de contratación a tramitación deste expediente. Vista a proposta de resolución PR/2026/1545 de 26 de xuño de 2026. RESOLUCIÓN “PROPOSTA DE RESOLUCION PRIMEIRO.- Iniciar o expediente de contratación ‘C26/15 Mellora dos campos municipais de fútbol das pistas do Keniata’. SEGUNDO.- Que polos departamentos municipais correspondentes se incorpore ao expediente a seguinte documentación: Proposta criterios de adxudicación. Documento emitido pola Intervención Municipal que acredite a existencia de crédito adecuado e suficiente para a celebración deste contrato. Memoria xustificativa do contrato onde se motiven adecuadamente os aspectos indicados no artigo 116.4 da LCSP. Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que rexerán o procedemento de adxudicación e a execución do contrato así como o Prego de Prescricións Técnicas que definirán as prestacións obxecto do mesmo. Informe xurídico de Secretaría.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.