Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
Expediente núm.: 3705/2025 Contrato:C25/25 Intervención no Centro Cultural O Hío _Plan + Provincia Asunto: Acta Mesa de Contratación Data e hora: 17.06.2026 _ 10:20 Lugar de celebración: Sala de Xuntas Sendo ás 10:39 horas do día sinalado, previa convocatoria reúnense os membros da Mesa de Contratación que a continuación se indican, para o estudo e debate dos asuntos comprendidos na orde do día da convocatoria. ASISTENTES: Presidenta: Xiana Abal Augusto – Concelleira de Facenda Secretaria: Paula Piñeiro Porteta – TAX de Apoio Xurídico a Secretaría Vogais: Luis Alberto Gil García – Secretario municipal Yolanda Entenza Carballo – Interventora accidental María Isabel Medraño Fariña – Arquitecta municipal ÚNICO.- Comprobación da documentación presentada e proposta de adxudicación Procédese ao exame da documentación presentada polo licitador clasificado en primeiro lugar, Construcciones Lemos Martínez S.L. Da análise da documentación achegada resulta acreditado o cumprimento dos requisitos esixidos na licitación. Non en tanto, respecto da solvencia técnica ou profesional debe xuntar os certificados de boa execución das obras executadas nos últimos 5 anos que relaciona na súa declaración. Considerando que o defecto na documentación achegada supón un erro emendable, a Mesa de Contratación acorda requirir ao licitador para que, no prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES presente a documentación indicada. Non habendo máis puntos que tratar nin intervencións, a Presidenta dá por terminada a reunión ás 11:03 horas, e para que quede constancia do actuado a secretaria da mesa redacta a acta que asina co Vº e prace da Presidenta. DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE De acordo co disposto no artigo 18.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, esta acta remitirase a través de medios electrónicos aos membros da Mesa, quen poderá manifestar polos mesmos medios a súa conformidade ou reparos ao texto a efectos da súa aprobación, considerándose, en caso afirmativo, aprobada na mesma reunión. Concello de Cangas Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850 NOICATARTNOC ED SASEM SATCA GRCLNS2XGS5L2WA549LNP2RF9 :nóicadilaV .doC 6202/60/81 :ataD 0200-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.sagnac//:sptth :nóiccerroC 1 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD