Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE DE CONTRATACIÓN 1. SERVIZO OU DEPARTAMENTO QUE PROPÓN A CONTRATACIÓN E AO QUE VAI DIRIXIDA A PRESTACIÓN EN QUE SE CONCRETA O CONTRATO.- Negociado de Vías e Obras 2. PRESTACIÓN CUXA CONTRATACIÓN SE PROPÓN (OBXECTO DO CONTRATO).- Execución da obra de aglomerado do Camiño C-32 nas Cabazas (POS 2025) 3. NECESIDADES QUE PRETENDEN CUBRIRSE CO CONTRATO PROXECTADO, E XUSTIFICACION DO CUMPRIMENTO E REALIZACIÓN DOS FINS INSTITUCIONAIS DO ÓRGANO DE CONTRATACIÓN COA SATISFACCIÓN DESTA NECESIDADE (Competencia Municipal).- Realización do pavimentado do camiño C-32 nas Cabazas situado na parroquia de San Martín de Cobas. Na actualidade presenta un evidente estado de deterioro na súa capa de rodadura de zahorra, con zonas de fochancas de considerable profundidade, que conleva molestias á veciñanza e aos vehículos que circulan pola devandita vía. O avanzado estado de deterioro do vial faino perigoso tanto para a circulación rodada como a peonil, e podería dar lugar a accidentes, danos a vehículos ou caídas de persoas, o que xustifica por si mesmo os traballos a realizar, sendo unha demanda dos veciños e usuarios que reclaman a súa reparación. Trátase dun camiño que é transitado principalmente por vehículos lixeiros que acceden á zona, polo que a súas reparacións resultan prioritarias, atendendo á importancia social e económica derivada do seu uso. A actuación discorre no vial sinalado có número 1400643 do Inventario Municipal de Vías do Concello de Ferrol. A Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local establece no seu atigo 25 que os municipios exercerán, en todo caso, como competencia propia dos concellos, entre outras, as materias d einfraestrutura viaria e outros equipamentos da súá titularidade. Ao mesmo tempo, esta lei, no seu artigo 26 , establece que os municipios deberán prestar, en todo caso, entre outros servizos, a pavimentación das vías públicas. 0X6SLIULFM2NPOCB:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP 4. IDONEIDADE DO OBXECTO E CONTIDO DO CONTRATO PARA SATISFACER AS NECESIDADES QUE PRETENDEN CUBRIRSE.- Na actualidade o camiño presenta un evidente estado de deterioro na súa capa de rodadura de zahorra, con zonas de fochancas de considerable profundidade, que conleva molestias á veciñanza e aos vehículos que circulan pola devandita vía. Os traballos consistirán na regularización e bocheo do firme existente, na limpeza das marxes e canles, no estendido dun novo pavimento aglomerado de 6 cm e na sinalización vertical e horizontal do vial. 5. XUSTIFICACIÓN, NO SEU CASO, DOS MOTIVOS VÁLIDOS PARA A NON DIVISIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO EN LOTES, de acordo con o establecido no artigo 99.3 LCSP.- Segundo se establece no proxecto, atendendo ao artigo 99.3 da Ley 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014, non se considera a división en lotes. Non se considera o feito de división en lotes polas dificultades e non optimización de organización e coordinación dos traballos e a realización independente das diversas prestacións comprendidas no obxecto do contrato dificultaría a correcta execución do mesmo dende o punto de vista técnico. 6. XUSTIFICACIÓN, NO SEU CASO, DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.