ACTOS PÚBLICOS:
Por medio do presente comunícase que por orden da Presidencia convocouse sesión do órgano de
asistencia para o vindeiro LUNS día 29 de xuño de 2026 dende as 11:00 horas con motivo da
celebración dos actos públicos correspondentes ás seguintes licitacións:
Dende as 11:00 horas:
• Arquivos electrónicos-sobre C “ Oferta económica e referencias avaliables automaticamente”:
Contratación da obra de Aglomerado de tramo do Camiño de Carregal, Camiño do Pragaiño e
Camiño de Pardiñas en San Xurxo, incluida no Plan Provincial de Cooperación ás obras e
servizos de competencia municipal. POS+ADICIONAL 2/2025 (2ª FASE) (AVSS 03007 26/28)
Dende as 11:15 horas:
• Arquivos electrónicos-sobre C “ Oferta económica e referencias avaliables automaticamente”:
Contratación da obra de Prolongación dun tramo do carril bici da estrada Ferrol-Doniños-San
Xurxo, incluida no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia
municipal. POS+ADICIONAL 2/2025 (2ª FASE) ( AVSS 03007 26/29 )
Dende as 11:25 horas:
• Arquivos electrónicos-sobre C “ Oferta económica e referencias avaliables automaticamente”:
Contratación da obra de Aglomerado Camiño C-32 nas Cabazas incluída no Plan Provincial de
Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Plan Único de Concellos POS+2025
(Achega provincial 2024) (AVSS 03007 26/31 )
Dende as 11:40 horas
• Arquivos electrónicos-sobre ÚNICO “Documentación acreditativa do cumprimento de requisitos
previos e oferta de criterios avaliables en cifras ou porcentaxes: Contratación das obras incluídas no
PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE REPARACIÓN ESTRUTURAL DO LAVADOIRO DE
ESMELLE- (AVS 03007 26/26 )
Dende as 11:45 horas:
• Arquivos-sobre nº 3 “ Oferta de criterios avaliables de xeito automático ou mediante aplicación de
fórmulas”: Contratación das obras contempladas no “Proxecto refundido de básico e de
execución para a actualización da iluminación e o mobiliario na rúa Real de Ferrol (AV 03004
26/22)
Dende as 11:55 horas:
• Arquivos electrónicos-sobre nº 2 “ Oferta de criterios avaliables mediante xuízo de valor”
(DOCUMENTACIÓN DESCRITIVA DA OFERTA TÉCNICA): Contratación das obras comprendidas no
“PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN PARA A OBRA DE TRABALLO DE REPARACIÓN E MELLORA
NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE SANTA MARIÑA”, COFINANCIADO POLA VICEPRESIDENCIA
PRIMEIRA, CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES SEGUNDO O CONVENIO DE
COLABORACIÓN DE DATA 2 DE FEBREIRO DE 2024 CO CONCELLO DE FERROL. ESTE PROXECTO
PODERÁ SER COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE
DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) NO MARCO DO PROGRAMA PLURIRREXIONAL DE
ESPAÑA 2021-2027 DENTRO DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO INTEGRADO LOCAL
(PLAN EDIL) (AV 05004 26/21)
Polo tanto, por medio do presente, comunícase que os interesados en presencialos poderán acudir á sesión
pública do órgano de asistencia que se celebrará na SALA DE COMISIÓNS do Concello de Ferrol (primeiro
andar) na data e horas referidas anteriormente.
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.