Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
SERVIZOS TECNICOS MUNICIPAIS. INFORME TÉCNICO DE REVISIÓN PREVIA Á APROBACIÓN DO PROXECTO «AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL DE LUOU A RARIS. CONCELLO DE TEO» IGNACIO SOTO GONZÁLEZ, arquitecto municipal do Concello de Teo, por petición da Alcaldía, emite o seguinte INFORME. CONCELLO TEO DATA DO INFORME 23.09.2026 PERSOA QUE EMITE O INFORME IGNACIO SOTO GONZÁLEZ, arquitecto municipal DENOMINACIÓN DO PROXECTO AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL DE LUOU A RARIS. CONCELLO DE TEO PROGRAMA / PLAN Obras municipales ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN, 441.495,46 € IVE INCLUÍDO PRAZO PREVISTO DE EXECUCIÓN 2 MESES 1. OBXECTO E ALCANCE DO INFORME O presente informe ten por obxecto revisar, desde o punto de vista técnico, o proxecto municipal denominado «AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL DE LUOU A RARIS. CONCELLO DE TEO» e determinar se reúne as condicións necesarias para ser aprobado polo órgano municipal competente, con carácter previo á tramitación do correspondente expediente de contratación. A revisión comprende a suficiencia e coherencia da documentación, a definición técnica da actuación e o seu axuste á normativa aplicable aos proxectos de obras, sen prexuízo do informe xurídico, da fiscalización económica e das comprobacións propias do expediente de contratación. 2. DOCUMENTACIÓN EXAMINADA • Proxecto completo · redactado por IGNACIO SOTO GONZALEZ 3. DESCRICIÓN XERAL DA ACTUACIÓN As obras que se van realizar consisten fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas de titularidade municipal obxecto da actuación. Estas actuacións descríbense a continuación: Procederase á limpeza e preparación da superficie existente e ao acondicionamento das cunetas. Prevese a escavación mecánica e reperfilado de 2.000 m de cuneta, cunha sección de medición de 0,50 x 0,50 m, equivalente a 500,00 m³; o varrido e preparación de 5,00 km de superficie e o fresado localizado de 625,00 m² de pavimento existente. O reasfaltado executarase mediante una capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente AC-16 SURF 50/70 D, de 5 cm de espesor final compactado, incluída a rega de adherencia. A actuación abrangue unha lonxitude aproximada de 4.500 m, cunha superficie total de pavimentación de 28.800,00 m² e un ancho medio de 6,40 m. Ignacio Soto González, arquitecto municipal Teléfono: 981815700 Correo electrónico ignaciosoto@teo.gal Concello de Teo Páxina 1 de 3 )00:63:90 6202/90/32 :AHCEF( zeláznoG otoS oicangI ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /lag.oet.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV KeKlEBVOO0DBTMFn8ooX :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.