PCAP.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
EXPTE: 0-5/2026 AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN ESPASANDE; 2026/C003/000005 PREGO-TIPO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO (MEDIANTE A APLICACIÓN DE FÓRMULAS) DAS OBRAS COMPRENDIDAS NOS PLANS PROVINCIAIS E OUTRAS OBRAS PROVINCIAIS I.-ELEMENTOS DO CONTRATO 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO. 1.1) Obxecto do contrato. O presente contrato ten por obxecto a execución das obras á que se refire a epígrafe 1 do cadro de características do contrato, con suxeición ao Proxecto Técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, de acordo co establecido no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co disposto no art. 4 do R.D. 105/2008 . O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste Prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato. Para os efectos do presente prego e da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado o presente contrato non está suxeito a regulación harmonizada, posto que esta modalidade se aplica aos contratos cuxo valor estimado é inferior á cantidade que figura no art. 159 da LCSP, en relación co art. 20 da citada norma. Neste senso nas epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais. De conformidade co establecido no art. 1.3 e concordantes LCSP os criterios sociais e ambientais son recollidos no presente prego de maneira transversal, en especial en canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigas de pago de salarios, así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación persoas) e ambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), etc. 1.4) Principios. De conformidade co art. 1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, a non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. 2) ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN DO CONTRATO E TIPO DE LICITACIÓN. Sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que figura na epígrafe 3 do cadro de características do contrato, realizándose a mellora mediante baixa respecto deste. Entenderase por orzamento base de licitación o límite máximo de gasto que en virtude do contrato pode comprometer o órgano de Contratación, incluído o imposto sobre o valor engadido, salvo disposición en contrario. Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ao formularen as súas propostas económicas, incluíron dentro delas o importe do imposto sobre o valor engadido, sen prexuízo de que o importe deste imposto se indique como partida independente, de

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.