20260330_Outros_prego condicions concesion bar area recreativa.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO E TRAMITACIÓN ORDINARIA DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO USO PRIVATIVO DO BAR DA ÁREA RECREATIVA DE SOUTOGRANDE ## 1. Obxecto da concesión Constitúe o obxecto deste prego outorgar o uso privativo do bar da área recreativa de Moeche na temporada de verán, de conformidade coas especificacións que se establecen neste prego., cualificado como ben de dominio público, mediante concesión administrativa, de conformidade do establecido no Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais. Necesidades a satisfacer : ofrecerlles ás persoas usuarias da área recreativa Souto Grande un servizo de bar coas características recollidas neste prego. Características físicas do ben: - Edificación de 10,04 metros de lonxitude , 2,52 m de ancho, cunha superficie total de 25.03 metros cadrados, con dúas divisións nos laterais, - Dotada de 13 enchufes eléctricos, 3 tomas de auga, fregadeiro de aceiro inoxidable, campá extractora, barra mostrador de madeira e persiana de seguridade. - Terraza adxacente exterior de 24 m 2 Xunto co uso desta edificación, o adxudicatario poderá dispoñer dunha parte do espazo cuberto situado fronte á edificación, previo acordo co Concello de Moeche respecto do espazo a ocupar durante o período do contrato. ## 2. Procedemento de adxudicación A forma de adxudicación da concesión será o procedemento de concorrencia, no que todo aquel interesado poderá presentar unha proposición. A adxudicación do contrato realizarase utilizando como único criterio de adxudicación do prezo. Daráselle unha maior puntuación a oferta de maior importe e o resto serán puntuadas proporcionalmente. ## 3. Publicidade da licitación Coa finalidade de asegurar a transparencia e o acceso público a información relativa a súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade publicarase o prego de condicións no BOP da Coruña Cod. Validación: ENACNNPHAH6CRD4523YAECY6E Corrección: https://moeche.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 20 <!-- image --> <!-- image --> ## 4. Duración da concesión O prazo polo que se adxudica a concesión é de DOUS (2) anos, prorrogables por anualidades ata un máximo de (CATRO) 4 anos en función do cumprimento do contrato e da prestación do servizo. Tanto o Concello como o concesionario deberán comunicarlle a outra parte, cunha antelación mínima de dous meses o remate de prazo da vixencia da concesión, a súa intención de non prorrogala, en caso contrario entenderase tacitamente prorrogada ata o límite de 4 anos. O prazo da concesión comezará a contar desde a data que se estableza para a apertura da piscina municipal na tempada de verán 2026 e comprenderá os períodos de verán de cada ano, desde a data de apertura da piscina municipal ata o seu peche ou ata o 30 de setembro do ano de finalización O prazo máximo da concesión (4 anos) terá carácter improrrogable, polo que unha vez cumprido o prazo, cesará o uso privativo do dominio público e reverterá a instalación a propiedade do concello, nas condicións que se establecen no presente prego, e será devolta, se procede a garantía definitiva. A permanencia no uso privativo do dominio público transcorrido o prazo da concesión, non conferirá dereito ningún ao concesionario que ocupará o dominio público por simple tolerancia. Ao extinguirse a concesión, independentemente da causa que a produza, o concesionario estará obrigado a entregar as instalacións ao concello dentro dos 15 días seguintes, no estado de conservación e funcionamento adecuados, acompañando unha relación de todos os bens existentes que deban reverter a propiedade municipal O Concello resérvase a facultade de deixar sen efecto a concesión antes do vencemento do prazo, se o xustificaren circunstancias sobrevindas de interese público, e resarcirá ao adxudicatario dos danos que se xerasen por tal motivo 5. Canon concesionario . O canon base e mínimo que serve de base de licitación cifrase en 400 euros/anuais netos (sen IVE). Dado que a duración máxima da concesión será de catro anos o importe do canon base e mínimo ascende a 1600€ . Os licitadores deberán limitarse a cubrir o tipo de licitación, ou ben melloralo en favor da Corporación contratante, non sendo válida a oferta dun canon inferior nin unha que conteña cifras comparativas respecto da máis vantaxosa. O canon establecido ten a consideración de taxa de acordo co disposto no artigo 80.7 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais -RBEL- e artigo 6 da Lei 8/1989, de 13 de abril, de taxas e Prezos públicos, e comportará o deber do concesionario de abonar o importe dos danos e perdas que se causasen aos bens ou ao uso xeral ou servizo ao que estivesen destinados. <!-- image --> <!-- image --> O pago polo concesionario efectuarase mediante ingreso na conta corrente que para tal fin facilite o Concello, dentro dos 15 primeiros días do mes de xullo de cada ano en que o contrato este vixente sen necesidade de requirimento por parte do Concello,. A partir do quinto dia de demora, a cantidade adebedada devengará un xuro anual, a favor do Concello, equivalente ao xuro legal do diñeiro, e será causa de resolución do contrato cando a demora no pago atinxa un mes. . O canon sinalado fíxase como tipo de licitación mínimo, por conseguinte os licitadores deberán axustarse ao mesmo ou ben aumentalo na súa contía, e rexeitarase calquera oferta que non alcance o tipo de licitación. O ofertante deberá especificar prezo concreto, e non se admitirán termos comparativos con outras ofertas que se puidesen presentar. ## 6. Dereitos do concesionario. Son dereitos do concesionario os seguintes: 1. Todo titular adxudicatario ten dereito a utilizar os bens de dominio público municipais necesarios e que lle foron autorizados para realizar as súas actividades en debidas condicións. 2. A que o Concello manteña o ben obxecto da concesión no goce pacífico. 3. A ser auxiliado polos axentes da Autoridade en caso de tumultos, escándalo ou calquera outra actuación por parte dos usuarios ou doutros concesionarios que lle impidan ou imposibiliten o exercicio pacífico da súa actividade. 4. A realizar a actividade durante os días e horarios que se fixen polo Concello. 5. A cantos se deriven do presente prego e das normas de aplicación que constitúen o réxime xurídico da concesión demanial. ## 7. Obrigas do concesionario . Son obrigas do concesionario : O/a adxudicatario/a terá as seguintes obrigas básicas: Cod. Validación: ENACNNPHAH6CRD4523YAECY6E Corrección: https://moeche.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 20 <!-- image --> <!-- image --> 1. O/a adxudicatario/a deberá desenvolver directamente a explotación do bar, e non pode cedela, subarrendala ou traspasala a terceiros baixo ningún pretexto. 2. Abrir ao público e manter abertas as instalacións da piscina na temporada de verán de cada ano da concesión, nas datas e co horario determinado polo Concello..A empresa respectará como horario de apertura e peche da instalación o establecido polo Concello calquera modificación non horario de apertura e peche requirirá a previa autorización dó concello. 3. O/a adxudicatario/a encargarase da limpeza diaria e mantemento das instalacións de vestiarios e aseos da piscina municipal. Garantirá que aseos e vestiarios conten con papel hixiénico, xabón e útiles de secado, e todo en perfecto estado de limpeza. O material será subministrado polo Concello. 4. A limpeza e recollida do lixo da area recreativa e o deposito deste nos colectores situados non exterior da piscina diariamente e repoñer bolsas limpas en cada papeleira, que lle facilitara o Concello. En caso de detectar o Concello déficit na limpeza e mantemento do Area recreativa este resérvase a a potestade de contratar unha empresa especializada nos servizos sendo os gastos derivados dos mesmos imputables ao adxudicatario/a, sen prexuízo da posibilidade de rescindir o contrato de maneira unilateral por parte do Concello. O/a adxudicatario/a será o responsable da venda das entradas de uso puntual para acceso á piscina, ingresando, na conta que se indique polo Concello,semanalmente, a recadación obtida durante a semana anterior por ese concepto. Unha vez finalizada a temporada devolveralle o concello os talonarios de entradas non utilizados, e procederase a efectuar o reconto das entradas vendidas e as non utilizadas e a correspondencia coas cantidades ingresadas por este concepto, en caso de que os ingresos efectuados fosen menores dos que correspondan deberá ingresar a diferenza na conta indicada polo Concello 5. O/a adxudicataria encargarase do préstamo das grellas propiedade do Concello ás persoas usuarias da área. Non poderá cobrar polo seu uso aínda que si establecer un sistema de fianza que deberá ser devolta á persoa usuaria ao rematar o servizo e sempre esta a devolva nas condicións en que se lle entregou o material 6. O/a adxudicatario/a estará obrigado a prestar o servizo de conformidade coas regulamentacións hixiénico - sanitarias, de saúde e seguridade laboral, lexislación laboral en xeral e lexisla ción xeral de consumo, facenda, entre outros, de cuxo cumprimento será responsable conforme determina a lexislación vixente, debéndoo acreditar previamente ante o Concello 7. Os artigos de consumo que se expendan serán adquiridos por conta e responsabilidade do/a adxudicatario/a, servíndoos en calidade óptima para o seu consumo. O/a adxudicatario/a <!-- image --> está obrigado a ter exposto á vista do público a relación total dos artigos a expender con expre sión dos prezos de venda. Queda prohibida rigorosamente a expedición de produtos ou prestación de servizos alleos á hostalería, salvo os autorizados polo Concello como aclaración ou interpretación do condicionado do contrato. 8. O adxudicatario deberá ofertar preferentemente produtos locais e comarcais, así mesmo tamén ofertará produtos sen gluten 9. O/a adxudicatario/a está obrigado a dispoñer de follas de reclamacións previamente dilixenciadas pola autoridade ou organismo competente, de modo que vos usuarios/as do servizo poidan facer constar as deficiencias observadas na prestación do mesmo, cos prezos aplicados ou con calquera outra anomalía 10. O/a adxudicatario/a non poderá introducir reforma ningunha nin nos locais nin nas súas instalacións e servizos, sen autorización previa do Concello. As obras que realice e as instalacións e novos servizos que implante, sempre coa previa autorización, quedaran en beneficio do Concello ao termo da prestación do servizo, sen que o/a adxudicatario/a teña dereito a formular petición ningunha en concepto de indemnización ou por calquera título. 11. A conservación, mantemento, substitución e reparación, de ser o caso, das instalacións do bar. Asumir os gastos de persoal necesario para a prestación do servizo de bar e funcionamento xeral das instalacións con inclusión dos gastos de seguridade social. 12. Deixar libres e a disposición do Concello, nas mesmas condicións en que lles foron entregadas ao adxudicatario/a, as instalacións, equipos e melloras realizadas ao finalizar o contrato. 13. Admitir ao goce do servizo a toda persoa que cumpra os requirimentos dispostos . Indemnizar a terceiros dos danos que lles ocasione o funcionamento do servizo de bar. Para os efectos de cubrir responsabilidades que puidesen derivarse de accidentes ou outros even-tos acaecidos con ocasión da prestación do servizo, o/a adxudicatario/a deberá subscribir unha póliza 7. de Seguros nas condicións que se estimen convenientes. 14. O/a adxudicatario/a, en caso de enfermidade, deberá prover pola súa conta e ao seu cargo o cumprimento das obrigas que establece o presente prego 15. Todos os carteis informativos, notas e calquera comunicación ou imaxe da actividade deberá redactarse en lingua galega , sen prexuízo do uso doutras linguas oficiais. 16. Non instalar ningún tipo de publicidade privada, salvo autorización municipal e salvo a actividade referente ás entidades municipais sen fin de lucro ou á do propio Concello 17. Ter aberto ao publico o posto os días e horas que se establecen no presente prego 18. Subscribir e ter actualizado o seguro de responsabilidade civil. 19. A ter vixente, tanto o/a adxudicatario/a como os seus empregados/as, o carné de manipulador de alimentos durante toda a concesión. 20. O concesionario virá obrigado a facilitar, cantas veces se requira, ao Concello, o acceso ás instalacións do posto. 21. O concesionario comprométese a colaborar sempre que se lle solicite, con debida antelación, na organización de aperitivos en actos municipais que se realicen na área recreativa, sendo de conta do Concello os gastos de preparación dos produtos. 22. O concesionario comprometese a non empregar o nome do Concello de Moeche, nas súas relacións con terceiras persoas para efectos de facturación de provedores ou calquera outra relación que poida ter con persoas ao seu servizo, polo que será directa e exclusivamente responsable das obrigas que contraia. 23. A cantos se deriven do presente prego e dos demais que regulan o réxime xurídico da concesión. 24. Igualmente deberá cumprir as normas e disposicións vixentes que lle sexan de aplicación relativas tanto á venda de alimentos como á apertura e exercicio da actividade incluída medidas de seguridade, horarios así como os de carácter laboral en relación aos seus empregados. 25. Ademais da obrigas xerais establecidas no artigo 288 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se trasladan ao ordenamento xurídico as directivas do parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE i 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014. <!-- image --> ## 8 Seguros O concesionario debera ter subscrito un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 500.000 euros, que dea cobertura a todas as persoas usuarias do establecemento obxecto de concesión. No prazo de 15 días seguintes á notificación da adxudicación do contrato, o/a adxudicatario/a virá obrigado a concretar o seguro de responsabilidade civil derivada da explotación, incluíndo na mesma a responsabilidade civil por produtos e alimentos servidos no bar. ## 9.- Risco económico A explotación do servizo realizarase a risco e ventura do adxudicatario , sen que o Concello de Moeche participe no seu financiamento nin avale ningún tipo de empréstito, e o adxudicatario non terá dereito a indemnización, salvo nos casos de forza maior admitidos pola lexislación aplicable. <!-- image --> <!-- image --> ## 10. Horarios e datas de apertura O/a adxudicatario/a estará obrigado a manter aberto o bar todos os días que dure o período e horario establecidos neste prego. Calquera modificación do horario deberá comunicárselle con antelación ao Concello e necesitará a autorización do Concello. Período de apertura: dende a data que se determine para a apertura da piscina municipal de cada exercicio ata a fixada para o seu peche, en todo caso ata o 30 de setembro de cada ano Os horarios de apertura serán como mínimo: - De luns a venres: entre as 14.30 e as 21:00 horas durante todo o período, excepto en setembro que será, como mínimo de 16.00 a 20.00 horas. - Sábados, domingos e festivos o horario será de 12:00 a 21:00 horas, agás en setembro que será de 13.00 a 20.00. - Os días que se desenvolvan actividades municipais, con cursos de natación, proxección cinematográficas ou outras similares, deberá manterse aberto o bar, como mínimo, no horario de duración da actividade. ## 11 Dereitos e obrigas da Administración concedente. ## 11.1 .-Dereitos do Concello O Concello de Moeche goza dos dereitos atribuídos pola lexislación en materia concesión demanial, ademais do resto de dereitos que resultan do presente prego, entre os que se atopan os seguintes: 1. Fiscalizar a xestión do concesionario para cuxo efecto poderá exercer a facultade de inspeccionar en todo momento a documentación relacionada e os bens obxecto de concesión, así como as construcións e instalacións das mesmas, e ditar as ordes para manter ou restablecer a debida prestación. 2. Impor ao adxudicatario as correccións pertinentes por razón das infraccións que cometa. 3. Ao comezo da prestación do servizo obxecto do presente contrato realizarase inventario xeral das instalacións e unha descrición das mesmas, quedando obrigado o adxudicatario á reposición de todos aqueles elementos que non estean en suficientes condicións de uso ou que o seu valor se depreciase polo uso ao final do período de adxudicación 4. O Concello durante a vixencia da concesión resérvase o dereito de ordenar, discrecionalmente o funcionamento do b a r ou as modificacións na explotación ou a 5. variación na cantidade, tempo ou lugar das prestacións en que o servizo consista en aras ao interese público. 5. Rescatar o servizo. 6. Suprimir o servizo 7. O Concello non responderá de danos, diminucións, substraccións, avarías ou calquera outra clase de accidentes que puidesen xurdir nos xéneros depositados nos locais, calquera que sexa a causa que os motive e as horas en que se produza, xa sexan por causas previsibles, como por forza maior.. 8. Exercer as potestades inherentes ao dominio público. 9. Deixar sen efecto a concesión antes do vencemento do prazo, se o xustificasen circunstancias sobrevidas de interese público mediante resarcimento dos danos que se causaren, ou sen el, cando non procederan. 10. A que lle sexa posto á súa disposición o libro de reclamacións do servizo. 11. Inspeccionar en calquera momento os bens obxecto de concesión, as instalacións e construcións. 11.2.- Obrigas do Concello : Serán obrigas do Concello as que deriven do presente prego, entre as que figuran as seguintes: 1. Facilitar o desenvolvemento do negocio instalado, garantindo o mantemento da pacífica posesión contra calquera perturbación que de feito se lle cause o adxudicatario. Manter ao concesionario no uso e goce do dereito concedido, indemnizalo nos supostos que procedan. 2. Outorgarlle á concesionario a protección adecuada para que poida prestar o servizo debidamente. 3. Vixiar e controlar o funcionamento do servizo e, se se atopasen deficiencias na explotación, levantar a oportuna acta en orde ás sancións que procederen. En xeral as obrigacións derivadas do presente prego, e as contidas na normativa reguladora do <!-- image --> 5 réxime xurídico da concesión demanial. <!-- image --> <!-- image --> - 6 Facilitarlle á empresa un xogo de chaves para o desenvolvemento dás súas funcións. - 7 Facilitarlle á empresa a provisión de enerxía eléctrica e auga potábel, mediante as acometidas da instalación. - 8 Facilitar follas de rexistro de control de limpeza de vestiarios e aseos. - 9 Facilitar os talonarios de entradas para a súa venda ao público. ## 12. Capacidade para contratar . Poderán presentar as ofertas todas aquelas persoas naturais e xurídicas con plena capacidade de obrar, e que non estean incursas en prohibicións para contratar. A capacidade de obrar acreditarase: - a) As persoas físicas, mediante copia compulsada do documento nacional de identidade. - b) As persoas xurídicas, mediante a fotocopia compulsada do CIF e a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou a acta fundacional, nos que deberán constar as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, e no seu caso, no Rexistro Público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. En ningún caso poderán ser titulares de concesión sobre bens e dereito demaniais as persoas nas que concorra algunha das prohibicións de contratar reguladas na LCSP. Cando, posteriormente, ao outorgamento da concesión, o titular incorra en algunha das prohibicións de contratar producirase a extinción da concesión. ## 13. Presentación de ofertas e documentación administrativa Condicións previas As proposicións dos interesados deberán axustarse aos pregos e documentación que rexen a licitación, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das súas cláusulas ou condicións, sen excepción ou reserva algunha. Cada licitador non poderá presentar máis dunha oferta. ## 13.1 Lugar e prazo de presentación de ofertas A presente licitación ten carácter electrónico. Os licitadores deberán preparar e presentar as súas ofertas obrigatoriamente de forma electrónica a través da ferramenta de preparación e presentación de ofertas da Plataforma de Contratación do Sector Público A utilización destes servizos supón: - A preparación e presentación de ofertas de forma telemática polo licitador. - A custodia electrónica de ofertas polo sistema. - A apertura e avaliación da documentación a través da plataforma. <!-- image --> As proposicións, xunto coa documentación preceptiva a presentar, dentro do prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña (publicarase tamén no Perfil de contratante), exclusivamente de forma electrónica a través da Ferramenta de Preparación e Presentación de ofertas que a Plataforma de Contratación do Sector Público pon a disposición de candidatos e entidades licitadoras para tal fin. Este prazo ampliarase, canto resulte necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións. A oferta electrónica e calquera outro documento que a acompañe deberán estar asinados electronicamente por algún dos sistemas de firma admitidos polo artigo 10 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas. Para garantir a confidencialidade do contido dos sobres até o momento da súa apertura, a ferramenta cifrará devanditos sobres no envío. Una vez realizada a presentación, a Ferramenta proporcionará á entidade licitadora un xustificante de envío, susceptible de almacenamento e impresión, co selo de tempo A presentación das proposicións presume a aceptación incondicional por parte do licitador ou licitadora da totalidade do contido do presente prego, sen excepción ningunha. Cada licitador/a non poderá presentar mais que unha proposición, rexeitándose en caso contrario, todas as propostas subscritas por el. ## 13.3. Información aos licitadores Cando sexa preciso solicitar a información adicional ou complementaria a que se refire o artigo 138 da LCSP, a Administración contratante deberá facilitala, polo menos, seis días antes de que finalice o prazo fixado para a presentación de ofertas, sempre que dita petición preséntese cunha antelación mínima de doce días respecto daquela data. Dita solicitude efectuarase a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ## 13.4 Contido das proposicións As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse en dous sobres /arquivos electrónicos, asinados polo licitador, nos que se fará constar a denominación do sobre/arquivo electrónico e a lenda ' Proposición para tomar parte na licitación convocada para a concesión administrativa do uso privativo do bar da área recreativa de Soutogrande' . A denominación dos sobres é a seguinte: <!-- image --> Sobre/Arquivo electrónico «A»: Documentación Administrativa. Sobre/Arquivo electrónico «B»: Oferta Económica Os documentos a incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias autentificadas, conforme á Lexislación en vigor. Dentro de cada sobre, incluiranse os seguintes documentos así como una relación numerada dos mesmos: . Sobre A: subtitulado "Documentación administrativa. Conterá a seguinte documentación: A) Documento acreditativo da capacidade de obrar segundo as normas civís e mercantís. Personalidade xurídica do empresario. A modo exemplificativo, esta capacidade de obrar se acreditará según se trate de: A-1) Persoas físicas: Mediante fotocopia do NIF, pasaporte ou documento que o substitúa. - A-2) Persoas xurídicas: Mediante escritura de constitución ou modificación no seu caso, · inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. - Escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso no correspondente rexistro oficial. B) C) Fotocopia da tarxeta de código de identificación fiscal (CIF) no seu caso. Poderes: Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre ante a administración contratante. O poder deberá figurar inscrito previamente no Rexistro Mercantil nos casos en que a dita inscrición sexa esixida polo Regulamento do Rexistro Mercantil. D) Verificación de poderes: Os poderes a que se refire o apartado anterior da presente cláusula, deberaos verificar previamente o secretario da Corporación ou funcionario habilitado por este. E) Declaración responsable de non incorrer nalgunha causa de prohibición de contratar referidas na LCSP. Presentarase conforme ao seguinte modelo: <!-- image --> ## Mo delo de declaración responsable Dona/don con residencia provincia de rúa nº con NIF nº en nome propio ou en nome e representación da empresa con CIF e domicilio en provincia rúa nº teléfono para efectos da súa participación na licitación convocada para a concesión administrativa do uso privativo do bar da área recreativa de Soutogrande'. ## DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE: PRIMEIRO. Que me dispoño a participar na contratación da concesión administrativa do uso privativo do bar da área recreativa de Soutogrande'. do Concello de Moeche. SEGUNDO. Que cumpro con todos os requisitos previos esixidos polo prego de cláusulas administrativas particulares para ser adxudicatario, en concreto: Que non estou incurso/a nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 71 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.] - Estou ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, así como non ter débedas de natureza tributaria en período executivo de pago co Concello de Moeche, e autorizo á Administración contratante para que, de resultar proposto como adxudicatario, acceda á citada información a través das bases de datos doutras Administracións públicas coas que establecese convenios.. - Que me someto á Xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdiccional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador. (No caso de empresas estranxeiras) <!-- image --> • TERCEIRO. Que me comprometo a acreditar a posesión e validez dos documentos a que se fai referencia no apartado segundo desta declaración, no caso de que sexa proposto como adxudicatario do contrato ou en calquera momento en que sexa requirido para iso. E para que conste, asino a presente declaración. (Lugar, data e firma do propoñente) - E) Enderezo de correo electrónico do licitador para efectos de comunicacións Axustarase ao seguinte modelo: Dona/don con residencia provincia de rúa nº con NIF nº en nome propio ou en nome e representación da empresa con CIF e domicilio en provincia rúa nº teléfono para efectos da súa participación na licitación convocada para a concesión administrativa do uso privativo do bar da área recreativa de Soutogrande'.. Manifesta que o correo electrónico: en que efectuar notificacións é (Lugar, data e firma do propoñente) ## Sobre B: Subtitulado 'Oferta económica '. Presentarase conforme ao seguinte modelo: «Dona/don con residencia provincia de rúa nº con NIF nº en nome propio ou en nome e representación da empresa con CIF e domicilio en <!-- image --> provincia rúa nº teléfono decatado do expediente para a concesión administrativa do uso privativo do bar da área recreativa de Soutogrande'. mediante procedemento de concorrencia anunciado no perfil de contratante, fago constar que coñezo o prego que serve de base ao contrato e acéptoo integramente, tomando parte da licitación e ofertando polo ben a cantidade de euros/anuais. (Lugar, data e firma do propoñente) ## 14 Garantías e formalización da concesión Provisional.- En consonancia co disposto no art. 106 LCSP os licitadores quedan dispensados da constitución da garantía provisional. Definitiva.- O/a adxudicatario/a estará obrigado a constituír, dentro do prazo dos DEZ días seguintes á notificación, unha fianza definitiva que será equivalente ao 5 % da oferta presentada para o total do período de adxudicación De acordo co establecido no artigo 107. 2 LCSP, e dada a escasa contía do contrato, o/a adxudicatario/a estarán obrigados a constituír, no mesmo prazo, unha garantía complementaria que será equivalente ao 5 % da oferta presentada para o total do período de adxudicación, alcanzando a garantía total o 10 % da oferta presentada O prazo de garantía fíxase nun ano a contar desde o seguinte á finalización do contrato, este prazo quedará en suspenso se durante o mesmo ou con anterioridade a el se suscitou controversia entre algún usuario e o concesionario como consecuencia dos danos que sufra o usuario por funcionamento normal ou anormal do servizo público, o prazo renovarase unha vez recaia acordo de indemnización si procedese ou resolución xudicial firme, se se interpuxo a correspondente demanda. De non darse o suposto anterior, a garantía será devolta dentro dos dez días seguintes á finalización do prazo. ## 15. Mesa de Contratación A Mesa de contratación permanente do Concello de Moeche será o órgano competente para efectuar a valoración das ofertas e cualificar a documentación administrativa, e actuará conforme ao previsto no artigo 326 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 e no Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, desenvolvendo as funcións que nestes establécense. <!-- image --> ## 16.- Apertura de ofertas A Mesa de Contratación constituirase na data que se indique na plataforma de contratación do estado, e procederá á apertura dos sobres «A» e cualificará a documentación administrativa contida nos mesmos. Se fose necesario, a Mesa concederá un prazo de 3 días hábiles para que o licitador corrixa os defectos ou omisións emendables observadas na documentación presentada. Posteriormente, procederá á apertura e exame dos sobres «B», que conteñen as ofertas económicas e os documentos Á vista das ofertas económicas presentadas , a Mesa de Contratación proporá ao adxudicatario do contrato a favor do licitador que presente a oferta economicamente mais vantaxosa. ## 17. Requirimento de documentación O órgano de contratación, á vista da proposta formulada pola Mesa de Contratación, requirirá ao licitador para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a seguinte documentación xustificativa d - De estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (estatais, coa Comunidade Autónoma e Concello de Moeche) e coa Seguridade Social - De estar de alta nos rexistros sanitarios correspondentes - De ter constituída garantía definitiva. - De estar dado de alta no epígrafe correspondente do IAE De non atenderse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, solicitándose, nese caso, esta documentación ao licitador seguinte, pola orde en que queden clasificadas as ofertas. Todo iso sen prexuízo do sinalado no art.71, 72, 73 LCSP ## 18. Adxudicación do Contrato <!-- image --> Recibida a documentación solicitada, o órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación En ningún caso poderá declararse deserta una licitación cando esixa algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuren no prego. A adxudicación deberá ser motivada notificarase aos candidatos ou licitadores, debendo ser publicada no perfil de contratante no prazo de 15 días. A adxudicación deberá recaer no prazo máximo de quince días a contar desde o seguinte ao de apertura das proposicións. ## 19. Formalización do contrato A formalización do contrato en documento administrativo efectuarase non máis tarde dos quince días hábiles seguintes a aquel en que se realice a notificación da adxudicación aos licitadores e candidatos Non poderá iniciarse a execución do contrato de concesión sen a súa previa formalización, ## 20. Execución do contrato - 20.1. O contrato realizarase de acordo co establecido nas disposicións normativas vixentes, o especificado neste prego, e en todo caso, segundo as instrucións que, por escrito, en execución ou interpretación del, desen os representantes do Concello de Moeche. - 20..2. O adxudicatario queda obrigado a achegar, para a realización do servizo, os elementos e medios técnicos que sexan precisos para a boa execución daquel. O Concello poderá rexeitar calquera elemento que considere inadecuado. Así mesmo, o adxudicatario queda obrigado a manter en bo estado de conservación e limpeza os locais obxecto de concesión. - 20..3. O concesionario xestionará de forma directa a actividade, prohibíndose expresamente calquera cesión, arrendamento e figuras análogas sen o consentimento expreso do Concello. - 20..4. O adxudicatario deberá contratar o persoal necesario para atender ás súas obrigas. O devandito persoal dependerá exclusivamente do adxudicatario, por canto este terá os dereitos e obrigas inherentes á súa calidade de empregador e deberá cumprir, respecto de devandito persoal, as disposicións vixentes en materia laboral,sanitaria, de seguridade social e de prevención de riscos laborais. - 20..5. O concesionario deberá manter en todo momento as instalacións obxecto do contrato en perfectas condicións de conservación e limpeza e non poderán realizar neles obras ou modificacións de ningunha clase sen a autorización do Concello. - 20..6. Ao finalizar o prazo do contrato o concesionario deberá entregar as instalacións en perfectas condicións de conservación e no mesmo estado que as recibe o adxudicatario, así como as obras que fosen autorizadas polo Concello sen dereito a indemnización ningunha. 20. .7. O concesionario deberá destinar as instalacións á finalidade para a que foi adxudicada e non poderá dedicala a outros usos distintos. - 20.8. A supervisión, coordinación, comprobación e vixilancia da correcta realización do contrato, será exercida pola Administración municipal a través do Responsable do contrato nomeado polo Concello. - 20.9. En relación coa execución do pactado, o descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos, dos documentos anexos que forman parte do mesmo ou das instrucións, pregos ou normas de toda índole aprobadas pola Administración, non eximirá ao adxudicatario da obriga do seu cumprimento. <!-- image --> ## 21. Responsable do contrato O órgano de contratación poderá designar un responsable do contrato, ao que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta execución da prestación pactada. O nomeamento do responsable do contrato será comunicado por escrito ao contratista no prazo de quince días desde a data de formalización do contrato, e a súa designación ou non, e o exercicio ou non polo mesmo das súas facultades, non eximirá ao contratista da correcta execución do obxecto do contrato. O responsable e os seus colaboradores, acompañados polo delegado do contratista, terán libre acceso aos lugares onde se realice o servizo. ## 22 Posta en funcionamento e prestación da actividade O/A adxudicatario/A estará obrigado á posta en funcionamento da actividade na data que se fixe para a de apertura da piscina municipal , debendo para iso realizar as obras e instalacións de equipamento necesario, no seu caso, para a posta en funcionamento e obter as autorizacións, permisos, licenza, así como os informes sanitarios para a posta en funcionamento do mesmo. Como requisito previo, de ser o caso, á realización das obras deberá comunicarlle ao Concello, ben mediante presentación dun Proxecto de Execución ou memoria descritiva das obras e instalacións a realizar. A necesidade das obras para a prestación do servizo deberá estar estritamente xustificada e as obras autorizadas polo Concello <!-- image --> ## 23. Reversión da concesión Ao termino do prazo da concesión, reverterán ao Concello os bens obxecto da concesión, debendo o contratista entregalos no mesmo estado que os recibiu. Se o adxudicatario realizou inversións en obras ou instalacións fixas, estas quedarán en beneficio do Concello de Moeche. ## 24. Extinción da concesión. A concesión extinguirase polos motivos seguintes: - Por morte ou incapacidade sobrevida do usuario ou concesionario individual ou a extinción da personalidade xurídica. - Falta de autorización previa nos supostos de transmisión ou modificación, por fusión, absorción ou escisión da personalidade xurídica do usuario ou concesionario. - Caducidade por vencemento do prazo. - Rescate da concesión, previa indemnización, ou revogación unilateral da autorización. - Mutuo acordo das partes. - Falta de pago do canon ou por calquera outro incumprimento grave das obrigas do titular da concesión, declarados polo órgano que outorgou a concesión ou autorización. - Desaparición do ben ou esgotamento do aproveitamento. - Desafección do ben, caso no que se procederá a súa liquidación conforme ao previsto no artigo 102 a LCSP. - - O abandono, presumirase cando o adxudicatario, deixe de prestar a actividade, coa retirada do seu persoal e a desatención absoluta da actividade. - Calquera outra causa prevista no presente prego. ## 25.- Réxime sancionador. 1.-Son faltas sancionables as seguintes: Consideraranse faltas leves as derivadas do defectuoso ou neglixente cumprimento, por parte do adxudicatario/a, das obrigas asumidas de acordo con este contrato. Se consideran faltas graves as derivadas do contravimento voluntario ou doloso de algunha daquelas obrigas, e ademais, as seguintes: Reincidencia en faltas leves sancionadas con anterioridade. Actuación profesional deficiente ou contraria á práctica profesional, tanto polo que se refire á xestión do servizo en xeral, como por canto respecto á atención ao público. <!-- image --> Falta de pagamento das súas obrigas económicas elementais, como o canon, recadación por entradas, as obrigas con Facenda, as obrigas para coa Seguridade Social, ou aquelas que fagan referencia ao persoal ao seu cargo. Considéranse faltas moi graves a reincidencia en faltas graves sancionadas con anterioridade, - 2.-O réxime de sancións para o/a adxudicatario/a que non cumpra coas súas obrigas, é o seguinte: As faltas leves poderán ser sancionadas con unha multa con un importe de ata 150 €. As faltas graves poderán ser sancionadas coa imposición de sancións económicas ata 1.000 €; no caso de que se produza unha perturbación do servizo que poña en perigo a xestión adecuada, ou que lesione os intereses dos usuarios, serán sancionadas coa intervención do servizo, sempre e cando a administración non opte, cando sexa precedente, pola resolución do contrato. As faltas moi graves serán sancionadas coa resolución do contrato. ## 26. Confidencialidade e tratamento de datos ## 26.1 Confidencialidade A empresa adxudicataria (como encargada do tratamento de datos) e o seu persoal en cumprimento dos principios de integridade e confidencialidade deben tratar os datos persoais aos que teñan acceso de forma que garantan una seguridade axeitada incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental, mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas de conformidade co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos) Esta obriga é complementaria dos deberes de segredo profesional e subsistirá aínda que finalice o contrato co responsable do tratamento dos datos (Concello). ## 26.2 Tratamento de Datos En cumprimento do disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento xeral de protección de datos, os licitadores quedan informados de que os datos de carácter persoais que, no seu caso, sexan recollidos a través da presentación da súa oferta e demais documentación necesaria para proceder á contratación serán tratados por este Concello coa finalidade de garantir o axeitado mantemento, cumprimento e control do desenvolvemento do contrato. <!-- image --> <!-- image --> ## 27. Réxime xurídico do contrato Este contrato ten carácter privado, a súa preparación e adxudicación rexerase polo establecido neste Prego, e para o non previsto nel, será de aplicación a Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas; o Regulamento de Bens das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño e a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014; suplementariamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. En canto aos seus efectos e extinción rexerase polas Normas de Dereito privado. A orde xurisdicional contencioso-administrativo será o competente o coñecemento das cuestións que se susciten en relación coa preparación e adxudicación deste contrato. A orde xurisdicional civil será o competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes