PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO TRAMITADO PARA CONTRATAR A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E DO ESPAZO NATURAL DO CONCELLO DE O PINO CAPÍTULO I CLÁUSULA 1ª.- Obxecto do contrato. O obxecto do contrato é a adquisición dun vehículo Pick Up de protección do ambiente e do espazo natural do concello de O Pino. A adquisición do vehículo, a través da correspondente licitación, permitirá mellorar significativamente o desenrolo de tarefas de roza, limpeza e mantemento de espazos forestais e zonas de recreo que son clave para a xestión sostible dos recursos naturais do municipio. A xestión adecuada da biomasa, especialmente en zonas forestais de alto risco, é unha prioridade para reducir a acumulación de vexetación inflamable que poida converterse nun combustible en caso de incendio. Deste xeito, contribúese significativamente á prevención de incendios forestais, un reto de gran relevancia para a protección do medio ambiente e a seguridade da poboación. Esta adquisición é fundamental para levar a cabo as accións necesarias para mellorar a seguridade ambiental do municipio, preservar os seus espazos naturais e contribuír á sustentabilidade do medio ambiente no marco dos obxectivos establecidos pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. As intervencións que se realicen co novo vehículo permitirá avanzar de forma decidida na protección dos nosos recursos naturais, facilitando a implementación das accións previstas no proxecto. O Concello do Pino carece destes medios polo que faise necesaria a súa contratación para poder levar a cabo a actividade municipal. 6DL3LAKT5XGMTFRPFHGS52NP7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.onipo//:sptth :nóiccerroC 7 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Trátase dunha necesidade imperiosa para garantir a conservación dás infraestruturas municipais e a seguridade dúas cidadáns e operarios. Para os efectos esixidos no artigo 28 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (en diante LCSP) a natureza e extensión das necesidades que se pretenden satisfacer co contrato que regula o presente prego, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, fanse constar no prego de prescricións técnicas, así como en expediente de contratación nos termos expresados no artigo 116 da LCSP. O obxecto do contrato, segundo a nomenclatura Vocabulario Común de Contratos (CPV) da Comisión Europea (servizos de formación) corresponde aos códigos:  16000000-5 Maquinaria agrícola  16160000-4 Equipo diverso para xardinería Non é posible a existencia de lotes ao tratarse dunha subministración non susceptible de división ao ser unha subministración única, quedando xustificado de conformidade co previsto no artigo 99.3 da LCSP. CLÁUSULA 2ª.- Orzamento basee de licitación e prezo do contrato. Segundo prezos de mercado desglósase o valor no seguinte importe:  Base impoñible: 32.975,20€  IVE: 6.924,80€  Total: 39.900,00 € Partida orzamentaria: 171.62400 Valor estimado: 32.975,20€ CLÁUSULA 3ª.- Duración do contrato e lugar de subministración. O prazo de subministración do material será de máximo un mes (30 días) a contar desde o día seguinte á formalización do contrato, sen prexuízo da redución de prazo ofertada polos licitadores. 6DL3LAKT5XGMTFRPFHGS52NP7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.onipo//:sptth :nóiccerroC 7 a 2 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.