Providencia de Alcaldia.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Expediente n.º: 2177/2026 Providencia de Alcaldía solicitando Informe de Secretaría Procedemento: Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. PROVIDENCIA DE ALCALDÍA Á vista da memoria xustificativa da necesidade de contratación. Considérase que hai a seguinte necesidade de satisfacción: O Concello precisa reforzar os medios propios destinados á prevención de incendios e ao mantemento de marxes, noiros, camiños, zonas verdes e espazos de interface urbano-forestal. A actuación comprende unha rozadoira lateral de brazo montada no tractor municipal, unha turbina sopradora compatible, unha rozadoira manual e unha motoserra de batería, catro baterías intercambiables, un cargador e un remolque portamáquinas de 3.500 kg. Estes equipos permitirán executar con maior autonomía e seguridade os traballos de roza, poda, retirada de restos e transporte da maquinaria, reducindo a carga vexetal combustible e mellorando a capacidade municipal de actuación preventiva.  Brazo rozadoiro para tractor, como equipo principal de roza mecanizada.  Maquinaria forestal lixeira eléctrica, para traballos manuais de apoio, corte, roza e redución da vexetación en puntos concretos.  Remolque/plataforma de transporte, para trasladar maquinaria, ferramentas, baterías e medios auxiliares ás zonas de actuación. Características do contrato: DENOMINACIÓN ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS, DAS SÚAS ADAPTACIÓNS E DE MAQUINARIA VINCULADA A ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS (EXPTE. 2177/2026) CPV 16160000.- Equipamento diverso para xardinaría 16600000.- Maquinaria agrícola ou forestal especializada 34223300.- Remolques TIPO DE CONTRATO Contrato de subministración DIVISIÓN EN LOTES NON 4GZPCKKE265M9SMZLNGNG2RGA :nóicadilaV .dóC /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 3 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD ÓRGANO DE CONTRATACIÓN Xunta de Goberno Local TRAMITACIÓN Ordinaria FINANCIAMENTO Fondo de Compensación Ambiental. Procedemento PR486F. VALOR ESTIMADO 51.985,51 € ORZAMENTO BASE DE 62.902,46 € LICITACIÓN PRAZO DE EXECUCIÓN 15 días naturais APLICACIÓN ORZAMENTARIA 172.623 PROCEDEMENTO Aberto con varios criterios de adxudicación. PUBLICIDADE Páxina web do Concello de San Cibrao das Viñas www.sancibrao.es ligazón á licitación electrónica REXISTRO Plataforma electrónica de contratación VORTAL ata as 14.00 horas do último día do prazo. LICITACIÓN SEGUNDO OS PREGOS GARANTÍA DEFINITIVE ESIXIBLE LOTE ÚNICO: Non procede a división do contrato en lotes. As prestacións que integran a subministración constitúen unha unidade funcional destinada á execución coordinada das actuacións municipais de prevención de incendios. A súa adxudicación separada podería dificultar a correcta execución do contrato desde o punto de vista técnico, ao esixir a coordinación de distintos contratistas e poder ocasionar problemas de compatibilidade, prazos de entrega, posta en funcionamento e determinación de responsabilidades. En consecuencia, de conformidade co artigo 99.3.b) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, considérase xustificada a non división en lotes, sen que esta decisión limite indebidamente a concorrencia. En vista do anterior, DISPOÑO Que por Secretaría emita un informe sobre a lexislación aplicable e o procedemento a seguir. En San Cibrao das Viñas, na data da sinatura electrónica. 4GZPCKKE265M9SMZLNGNG2RGA :nóicadilaV .dóC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.