Proposta do servizo.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Nº de expediente: 2177/2026 Proposta de servizo Procedemento: Contrato de subministración por procedemento aberto Asunto: Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. PROPOSTA DE SERVIZO Primeiro.- Tendo en conta que a memoria que consta no expediente xustifica a necesidade. Considérase que hai a seguinte necesidade de satisfacción: O Concello precisa reforzar os medios propios destinados á prevención de incendios e ao mantemento de marxes, noiros, camiños, zonas verdes e espazos de interface urbano-forestal. A actuación comprende unha rozadoira lateral de brazo montada no tractor municipal, unha turbina sopradora compatible, unha rozadoira manual e unha motoserra de batería, catro baterías intercambiables, un cargador e un remolque portamáquinas de 3.500 kg. Estes equipos permitirán executar con maior autonomía e seguridade os traballos de roza, poda, retirada de restos e transporte da maquinaria, reducindo a carga vexetal combustible e mellorando a capacidade municipal de actuación preventiva.  Brazo rozadoiro para tractor, como equipo principal de roza mecanizada.  Maquinaria forestal lixeira eléctrica, para traballos manuais de apoio, corte, roza e redución da vexetación en puntos concretos.  Remolque/plataforma de transporte, para trasladar maquinaria, ferramentas, baterías e medios auxiliares ás zonas de actuación.  As condicións técnicas actualizadas recollen un alcance útil horizontal do brazo de 5,50 m e un depósito hidráulico de 220 litros; entrega nun máximo de 15 días naturais, co cómputo e a posible redución previstos no PCAP; garantía mínima dun ano, ampliable nun ou dous anos adicionais, ata tres anos totais; primeira resposta técnica e inicio do diagnóstico nun máximo de 24 horas; e dispoñibilidade de concesionario ou taller a unha distancia máxima de 60 km, nos termos dos pregos. Segundo.- Vistas as características do contrato: Tipo de contrato: Contrato de subministración Obxecto do contrato: Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. DYZQCKLK7ZLD6SRNEL75H5SA4 :nóicadilaV .dóC /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 2 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.