Informe de Secretaria.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Expediente n.º: 2177/2026 Informe de Secretaría Procedemento: Contrato de subministración para a adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. Tipo de Informe: Borrador []Provisional [] Definitivo [x] INFORME DE SECRETARÍA De acordo co ordenado pola Alcaldía mediante Providencia do 23 de setembro de 2026 e en cumprimento do establecido no artigo 3.3 a) do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, emito o seguinte, INFORME PRIMEIRO. Os contratos que celebren as Administracións Públicas adxudicaranse de acordo coas normas da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP). A adxudicación realizarase, ordinariamente, utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación baseados no principio de mellor relación calidade-prezo, e utilizando o procedemento aberto ou o procedemento restrinxido. No procedemento aberto todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores. SEGUNDO. A lexislación aplicable é a seguinte: — Os artigos 63, 99 a 102, 116, 117, 122, 124 e 131 a 158 e as disposicións adicionais segunda, terceira e décimo quinta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP). — O Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. — O Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (artigos vixentes tras a entrada en vigor do Real decreto 817/2009, do 8 de maio). TERCEIRO. A celebración de contratos por parte das Administracións Públicas AIRATERCES ED SEMROFNI 3HFTGF362PT76W2C7DPMFJWY6 :nóicadilaV .dóC 6202/90/42 :ahceF 5410-6202 :oremúN /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 21 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.