Bases.pdf

Documento Adicional Ver licitación
DOG Núm. 110 Luns, 15 de xuño de 2026 Páx. 34191 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES ORDE do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486F). O Sistema nacional de protección civil ten como finalidade garantir unha resposta coor- dinada e eficiente mediante diversas actuacións, entre elas, a previsión de riscos colectivos mediante accións dirixidas a coñecelos anticipadamente e evitar que se produzan ou, de ser o caso, reducir os danos que deles poidan derivar. Polo tanto, a protección civil non se limita ás actuacións de resposta ante emerxencias senón que tamén inclúe os labores de previsión, prevención e redución dos riscos de catástrofe ou emerxencia. As brigadas municipais que realizan labores de prevención de incendios forestais in- tegran funcionalmente o sistema da protección civil en Galicia na medida en que as súas actuacións están orientadas á redución do risco de incendios e á mitigación das posibles situacións de emerxencia e catástrofe causadas por estes. Os labores desenvolvidos polas brigadas para a xestión de biomasa, apertura e mantemento de faixas de defensa, mante- mento de zonas verdes no contorno ou no interior de núcleos, a limpeza da contorna das vías municipais ou das vías forestais, constitúen actuacións preventivas que contribúen directamente a evitar situacións de emerxencia causadas polos incendios e a impedir ou limitar a súa propagación, reducindo o impacto potencial sobre a poboación, sobre os bens e sobre o medio natural. Esta función preventiva complétase a nivel autonómico coa Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e cos instrumentos de planificación derivados, como o Plan terri- torial de protección civil de Galicia (Platerga). Segundo a citada lei, o sistema integrado de protección civil e emerxencias inclúe a organización de grupos operativos e a definición de medios e recursos mobilizables para a prevención e intervención ante situacións de risco. Tamén establece, nos artigos 32 e seguintes, que nos plans de protección civil debe figurar un inventario de recursos dispoñibles, así como as medidas preventivas e as actuacións dos servizos operativos de emerxencia. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 6r8aowfj6oxj-5g64-0zdl-6qi2-4glubzyf :GOD-EVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.