Memoria xustificativa tecnica.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Expediente n.º: 2177/2026 Procedemento: Contrato de subministración Asunto: Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. MEMORIA XUSTIFICATIVA Proxecto técnico: Adquisición de equipamento municipal para a prevención de incendios forestais mediante roza mecanizada, maquinaria forestal lixeira eléctrica e transporte de medios auxiliares. Convocatoria: Subvencións destinadas aos concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais. Procedemento PR486F. 1.- Obxecto da actuación: Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. 2.- Necesidade e finalidade: O Concello precisa reforzar os medios propios destinados á prevención de incendios e ao mantemento de marxes, noiros, camiños, zonas verdes e espazos de interface urbano-forestal. A actuación comprende unha rozadoira lateral de brazo montada no tractor municipal, unha turbina sopradora compatible, unha rozadoira manual e unha motoserra de batería, catro baterías intercambiables, un cargador e un remolque portamáquinas de 3.500 kg. Estes equipos permitirán executar con maior autonomía e seguridade os traballos de roza, poda, retirada de restos e transporte da maquinaria, reducindo a carga vexetal combustible e mellorando a capacidade municipal de actuación preventiva. 3.- Equipos que se adquirirán: • Unha rozadoira lateral de brazo, montada e posta en servizo no tractor municipal, con legalización e ITV obrigatorias. • Unha turbina sopradora compatible co conxunto. • Unha rozadoira manual de batería. • Unha motoserra de batería para poda. • Catro baterías recargables intercambiables entre os dous equipos eléctricos e un cargador compatible. • Un remolque de arrastre con plataforma portamáquinas de 3.500 kg e ramplas. 4.- Adecuación técnica: O brazo terá un alcance útil horizontal de 5,50 m e un depósito hidráulico de 220 litros, de acordo coas bases técnicas modificadas. O conxunto entregarase 7JMCZZYP7NJC445HTCC32MTQ6 :nóicadilaV .dóC /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 3 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.