PCAP.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
EXPEDIENTE: 2177/2026 PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVES PARTICULARES PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS, DAS SÚAS ADAPTACIÓNS E DE MAQUINARIA VINCULADA A ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS I.-OBXECTO, LOTES, XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES A CUMPRIR E CÓDIGO CPV De conformidade cos artigos 28 e 99 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, este prego regula a contratación da adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios, de acordo con este documento e co prego de prescricións técnicas particulares. Obxecto: Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios. A subministración comprende, sen división en lotes, os bens definidos no prego de prescricións técnicas: rozadoira lateral de brazo e turbina; rozadoira manual, motoserra, catro baterías e cargador; e remolque plataforma portamáquinas. Non procede a división do contrato en lotes. As prestacións que integran a subministración constitúen unha unidade funcional destinada á execución coordinada das actuacións municipais de prevención de incendios. A súa adxudicación separada podería dificultar a correcta execución do contrato desde o punto de vista técnico, ao esixir a coordinación de distintos contratistas e poder ocasionar problemas de compatibilidade, prazos de entrega, posta en funcionamento e determinación de responsabilidades. En consecuencia, de conformidade co artigo 99.3.b) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, considérase xustificada a non división en lotes, sen que esta decisión limite indebidamente a concorrencia. A subministración denominada «Adquisición de vehículos, das súas adaptacións e de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios» comprende os seguintes equipos: Rozadoira de brazo e turbina, motoserra, rozadoira de batería, catro baterías e cargador e remolque portamáquinas. O Concello precisa reforzar os medios propios destinados á prevención de incendios e ao mantemento de marxes, noiros, camiños, zonas verdes e espazos de interface urbano-forestal. A actuación comprende unha rozadoira lateral de brazo montada no WDGKWKXNKLPX6D5NP5SC79Z54 :nóicadilaV .dóC /se.acinortceledes.oarbicnas//:sptth :nóicacifireV 32 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.