Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Dirección: Coirós de Arriba, 16 CP: 15316 Concello: Coirós, A Coruña Teléfono: 981 79 64 14 CONCELLO DE COIRÓS MEMORIA DA ALCALDÍA Asunto: adquisición de maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola unión europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, PR486F. Exp.2026/C005/000001 Tendo en conta a natureza das actuacións, estamos ante un contrato administrativo de subministración regulado no art. 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público ( en diante LCSP), cuxa necesidade, de acordo co art. 28 da LCSP ven xustificada polas competencias en materia de protección do medio ambiente e do espazo natural dentro das competencias que o art. 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, lle outorga aos municipios. Mediante a execución do presente contrato preténdese satisfacer a necesidade administrativa de dotar aos servizos municipais do concello de Coirós das ferramentas necesarias para a execución de tarefas específicas de silvicultura preventiva, mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa de titularidade municipal ou subsidiaria, e a conservación das vías e camiños do termo municipal, reducindo o risco de incendios forestais e garantindo a protección dos núcleos de poboación. 1. Marco normativo e competencial. O Concello de Coirós solicitou na data do 15/07/2026 a subvención que se recolle na Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021- 2027. Na data do 03/09/2026, notifícaselle a este concello a concesión por importe de 14.955,60 €. 2. Insuficiencia de medios. O Concello de Coirós non conta con medios para fornecer esta maquinaria, polo que é preciso adquirila a empresas debidamente capacitadas. 3. División en lotes do obxecto do contrato. Segundo o artigo 99.3 sempre que a natureza ou o obxecto do contrato o permitan, deberá preverse a realización independente de cada unha das súas partes mediante a súa división en lotes.Neste contrato contémplanse dous lotes: Lote 1: “adquisición dun brazo rozadoira hidráulico acoplable a tractor municipal” Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) )00:50:81 6202/90/03 :AHCEF( ojieuqeR aletniuQ ocsicnarF ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.sorioc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV WD5Dd7uLaDMwyCGTYCGR :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.